Este sábado 18 de maio esta redacción era coñecedora da triste noticia que anunciaba a defunción do querido veciño da Ponte do Porto Don Manuel Dopazo López aos seus 90 anos de idade. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado no Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de San Pedro ás 16:45 da tarde deste domingo 19 de maio. Xa no sagrado templo porteño será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Manuel para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio da Ponte do Porto onde os restos mortais de Don Manuel terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Dopazo López. Descanse en Paz.
Na noite deste mércores 24 de abril de 2019 deixaba este mundo na súa casa o querido veciño de Dor Don Emilio Alborés Ferreiro aos seus tempranos 63 anos de idade despois dunha dura loita contra unha terrible enfermidade. O corpo sen vida de Emilio do Copero, tal e como era cariñosamente coñecido en todo o Concello de Camariñas, está sendo velado no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial da vila Porteña ás 18:45 da tarde deste xoves 25 de abril. Xa no sagrado templo da Ponte do Porto será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Emilio para, acto seguido, ser celebrado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto onde os restos mortais deste querido veciño terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia de Don Emilio e darlle o noso cariño nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.
Na tardiña deste venres 29 de marzo a redacción desta web recibía a triste noticia da defunción da querida veciña da Ponte do Porto Dona Junquera Souto Baña aos seus 78 anos de idade. Ocorpo sen vida de Dona Junquera están sendo velados no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairán cara a Igrexa de Santiago de Cereixo ás 17:45 da tarde deste sábado 30 de marzo. Xa no sagrado templo de Cereixo será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Junquera para, acto seguido, procederse á realización do seu sepelio no emiterio de Cereixo onde os restos mortais desta estimada veciña terán merecido descanso eterno. Vaian dende esta redacción as nosas máis sinceitas condolencias a toda a familia e amigos de Dona Junquera Souto Baña. Descanse en Paz.
Este final de inverno 2019 está sendo especialmente tráxico en canto a defuncións acaecidas en todo o concello de Camariñas. Desta volta temos que dar conta da triste noticia da defunción da querida veciña da Ponte do Porto Dona Elisa Fandiño Pose aos seis 85 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Elisa está sendo velado no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a homónima igrexa ás 15:00 horas da tarde deste 1 de marzo de 2019. Xa no sagrado templo porteño será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Elisa para, acto seguido, ser realizado o sepelio desta querida veciña no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Elisa. Que Deus noso señor a teña na súa gloria. DEP.
Na noite deste sábado 23 de febreiro de 2019 falecía na súa casa o querido veciño da Ponte do Porto Don Manuel Pereira Álves aos seus 88 anos de idade. Era tamén Don Manuel moi coñecido por ser o viúvo de Dona Águeda, finada veciña da Ponte do Porto. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de San Pedro ás 11:45 da mañá deste luns 25 de febreiro de 2019. Xa no sagrado templo porteño será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Manuel para, acto seguido, procederse ao seu sepelio que será realizado no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto onde os restos de Don Manuel terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Pereira Álves. Descanse en Paz.
Na mañá deste luns 18 de febreiro, a redacción desta web recibía aflixida a triste noticia da morte do querido veciño da Ponte do Porto Don Jesús Suárez Pérez aos seus 76 anos de idade. O corpo sen vida de Don José, tamén moi coñecido por ser o viúvo de Dona Maruja do Roldán, está sendo velado no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a igrexa parroquial da vila porteña ás 16:45 da tarde deste martes 19 de febreiro. Xa no sagrado templo porteño será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Jesús para, acto seguido, procederse á realización do seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto. Dende Camarinas.eu queremos dar as nosas máis sinceitas condolencias a toda a familia e amigos de Don Jesús Suárez Pérez nestes momentos tan duros que están a pasar. Descanse en Paz.
Volve a golpear outra vez a traxedia na nosa querida Rúa Barrosas da Ponte do Porto. Xa perdéramos a conta da terrible vaga de mortes repentinas que está a sucederse sen solución de continuidade en todo o concello cando hoxe volve a asolarnos a terrible noticia da fulminante morte do noso querido amigo Don José Méndez Méndez aos seus tempranos 60 anos de idade. O corpo sen vida de "O Méndez de Braño", tal e como era cariñosamente coñecido en toda a vila porteña, está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a igrexa parroquial da vila porteña ás 15:45 da tarde deste venres 15 de febreiro de 2019. Xa no sagrado templo de San Pedro será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don José para, acto seguido, procederse a realización do seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto. Vaise deste xeito tan repentino como triste e inesperado toda unha institución do fútbol na Costa da Morte chegando a desempeñar numerosas funcións no seu amado equipo do CF Porteño dende xogador, a presidente pasando por directivo e responsable doutras áreas, pero sempre comprometido ao máximo co seu pobo e co seu equipo da alma que sen dúbida quedará durante moito tocado moralmente e aos que dende aquí queremos apoiar nestes duros momentos. Dende esta redacción queremos expresar a nosa máis sinceira condolencias a toda a familia e amigos de Don José Méndez Méndez. Descanse en Paz.
Sigue este incesante e terrible goteo de defuncións de xente realmente xoven que asolan todo o concello. Na tarde deste mércores 6 de xaneiro de 2019 esta redacción era notificada por parte dun familiar da morte do estimado veciño da Ponte do Porto don Manuel Tajes Parga aos seus 60 anos de idade despois dunha larga loita contra unha enfermidade que ao final levouse a vida deste querido veiño das Barrosas. O corpo sen vida de Don Manuel, máis coñecido en toda a vila porteña por Manuel "O Caseiro" irmán da nosa querida amiga María de Nivos, está sendo velado no tanatorio coruñés Albia sito no Polígono da Grela na cidade herculina onde "O caseiro" residía xunto á súa familia. Dende alí sairá este xoves 7 de febreiro cara a súa querida vila natal da Ponte do Porto onde será celebrado o seu funeral de corpo presente ás 16:00 horas na Igrexa Parroquial de San Pedro da Ponte. Acto seguido procederase a realización do seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto onde os restos mortais de Don Manuel O Caseiro terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Tajes Parga e ofrecerlles o noso abrazo nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.
Páxina 1 de 2