• Don José Martínez Martínez, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

    Na mañán deste atemporalado mércores 27 de decembro falecía na súa casa do Pedrouzo Don José Martínez Martínez aos seus 85 anos de idade despois dunha dura loita contra unha enfermidad que ao final e a postre levouse por diante a vida do noso querido amigo. Os restos mortais do señor José de Laureano, como era cariñosamente coñecido en toda a parroquia de Xaviña, están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán cara a Igrexa de Santa María de Xaviña na tarde deste xoves 28 de decembro exactamente ás 15:45 horas. A continuación e xa no sagrado templo xaviñán será realizado o funeral de corpo presente de Don José para, acto seguido, ser celebrado o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Santa María de Xaviña onde o noso amigo terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José MArtínez Martínez. Descanse en Paz.
  • Dona Dolores Pérez López, veciña de Xaviña, Descanse en Paz

    Este martes 19 de decembro de 2017 falecía na súa casa de Xaviña Dona Dolores Pérez López aos seus 90 anos de idades. Señora Lola de Obdulia, como era cariñosamente coñecida na súa parroquia natal era viúva de Don Eduardo Castiñeira López foi sempre moi querida entre a súa veciñanza que hoxe a chora xunto aos seus familiares. O corpo sen vida de Dona Dolores está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá na tarde deste mércores 20 de decembro exactamente ás 16:45 horas. O funeral de corpo presente desta querida veciña de Xaviña celebrarase acto seguido no santuario románico de Santa María de Xaviña para despois ser efecturado o sepelio da señora Lola no Cemiterio Parroquial de Xaviña. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Dolores Pérez López e acompañalos nestes duros momentos que están a vivir. Descanse en Paz.
  • Don Manuel Blanco Lema, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

    Eran cerca das 9 da noite deste xa tráxico xoves 16 de novembro cando os veciños de Xaviña vían circular a gran velocidade polo cruce de Santa Mariña unha ambulancia coas luces de emerxencia acendidas ante a alarma xeralizada dos veciños que por alí viven. O vehículo de socorro medicalizado ía en auxilio do veciño de Brañas Verdes Don Manuel Blanco Lema que sofría un ataque ao corazón na súa propia casa. Os servizos sanitarios pouco puderon facer para salvar a vida de Don Manuel, máis coñecido como Manolo de Modesto, que falecía pouco despois aos seus 92 anos de idade. O corpo sen vida do señor Manolo está sendo velado na súa casa de Brañas Verdes. Dende alí sairá o cadaleito do noso querido veciño a eso das 15:45 da tarde deste sábado 18 de novembro cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña para ser celebrado o funeral de corpo presente. Acto seguido os restos mortais de Don Manuel serán trasladados ao cemiterio Parroquial de Xaviña onde se celebrará o seu sepelio. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Blanco Lema. Descanse en Paz.
  • Don Manuel Figueroa Canosa, Descanse en Paz

    Na madrugada deste frio venres 17 de novembro de 2017 deixaba este mundo o querido veciño de Xaviña Don Manuel Figueroa Canosa aos seus 54 anos de idade. Moi coñecido en todo o concello, sempre afable e coa súa bicicleta facendo o traiecto dende Xaviña ata Camariñas, Manolo da Aguda, como era máis coñecido en Xaviña, falecía no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee despois dunha dura loita contra un cancro que ao final levouse por diante a vida do noso querido amigo Manolo. Os restos mortais de don Manuel están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán ás 17:15 da tarde deste sábado 18 de novembro cara a súa querida Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña. Alí, no sagrado templo xaviñán será celebrado o seu funeral de corpo presente para, acto seguido, realizar o sepelio dos seus restos mortais. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Figueroa Canosa. Descanse en Paz.
  • Don Manuel Meirás Blanco, Descanse en Paz

    Na tarde noite deste sábado 7 de outubro de 2017 deixaba este mundo o querido veciño de Xaviña Don Manuel Meirás Blanco aos seus 83 anos de idade. O Meirás de Borreiros,como era coñecido cariñosamente en toda Xaviña, era unha persoa afable e traballadora, sempre cun sorriso na cara para todo aquel que se cruzase con él. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado na sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, parroquia que o víu nacer (Dor), dende onde sairá cara a Igrexa de Santa María de Xaviña ás 16:45 deste luns 9 de outubro para ser celebrado alí o funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a consecución do seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Xaviña onde o señor Meirás terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción todo o noso apoio a familia e amigos de Don Manuel Meirás Blanco. Descanse en Paz.
  • Don Alfredo Mouzo Pardiñas, Descanse en Paz

    Este  23 de setembro de 2017 falecía no Hospital Juan Canalejo o querido veciño de Santa Mariña Don Alfredo Mouzo Pardiñas aos seus 92 anos de idade. Máis coñecido en Santa Mariña como Leopoldo, era viuvo de Amelia Castro Castro, falecida hai exactamente oito meses, coa que tivera seis fillos. O corpo sen vida de Don Alfredo está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de Santa María de Xaviña na tarde deste domingo 24 de setembro ás 17:00 horas. Alí, no santuario xaviñán, procederase a celebrar o funeral de corpo presente de Don Alfredo. Acto seguido o corpo sen vida de Don Leopoldo será trasladado ata o Cemiterio Veciñal de Santa Mariña onde o noso querido veciño terá descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Alfredo Mouzo Pardiñas. Descanse en Paz.
  • María Lema Mouzo, Descanse en Paz

    Moi preto de Dona Verita Martínez, falecida na madrugada deste xoves, vivía a señora que finaba tamén poucas horas despois. Dona María Lema Mouzo era unha querida veciña de Lamastredo e levaba xa ingresada uns días no Hospital Comarcal de Cee onde tristemente faleceu aos seus 92 anos de vida. Dona María, máis coñecida na parroquia de Xaviña por María de Lamastredo está sendo velada na Sala 2 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto dende onde sairá cara a súa querida Igrexa de Santa María de Xaviña ás 18:45 deste venres 15 de setembro para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María de Lamastredo. Descanse en Paz.
  • Verita Martínez Canosa, Descanse en Paz

    De seguir así este convertirase no setembro máis tráxico en canto a mortes de veciños do Concello de Camariñas se refire. Na madrugada deste xoves 14 de setembro de 2017 producíase a triste defunción da querida veciña de Santa Mariña Dona Verita Martínez Canosa aos seus escasos 72 anos de idade. Señora Verita estaba ingresada no hospital Juan Canalejo da Coruña por mor dunha doenza que ao final se levou a vida da nosa estimada veciña. O corpo sen vida de Dona Verita está sendo velado na Sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 17:00 horas para pouco despois celebrarse o seu funeral de corpo presente na súa querida Igrexa de Santa María de Xaviña. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolecias a toda a familia e amigos de dona Verita. Descanse en Paz.
  • Dona Carmen Rodríguez Rodríguez, Descanse en Paz

    Inacabable esta temporada de decesos dentro do Concello de Camariñas. Ás xa recentes defuncións que tanto nos apenaron últimamente e que por mor do traballo non pudemos atender nesta web como correspondía, hai que sumar a morte este mesmo mércores 30 de agosto da querida veciña da parroquia de Xaviña Dona Carmen Rodríguez Rodríguez aos seus 98 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Carmen de Marcelino, como era coñecida en Xaviña, está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña este xoves 31 de agosto ás 17:00 horas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia de Dona Carmen Rodríguez Rodríguez. Descanse en Paz.
  • Alejandro Carril Rojo, Descanse en Paz

    Este xoves 25 de xuño de 2015 deixaba finalmente este mundo despois dunha longa loita contra unha dura enfermidade o Señor Don Alejandro Carril Rojo aos seus 85 anos de idade. O corpo sen vida deste querido veciño da parroquia de Xaviña está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernandez Espín de Camariñas dende onde sairá este venres 26 de xuño ás 17:45 horas cara á Igrexa Parroquial de Santa maría de Xaviña. Alí procederase a celebrar o funeral de corpo presente pola alma de Don Alejandro para despois procederse ao seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Xaviña. Vaia dende aquí as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Alejandro Carril Rojo, especialmente a súa dona Arminda e seus fillos, os nosos queridos amigos Roberto, Alejandro, Rosa María e David Carril Castiñeira. Don Alejandro, Descanse en Paz.
  • José Barbeira Tajes, Descanse en Paz

    Continúa o goteo incesante de noticias tráxicas no Concello de Camariñas. Na madrugada deste martes 12 de maio deixaba este mundo o querido veciño da Parroquia de Xaviña aínda que natural do Lugar de Dor Don José Barbeira Tajes aos seus 64 anos de idade despois dunha longa loita contra un cáncer que ao final levouse por diante a vida do noso amigo. O corpo sen vida de Don José está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espíndende onde sairá cara á Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 15:45 horas deste mércores 13 de maio. Dende a redacción de Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José Barbeira Tajes. Descanse en Paz.
  • Electo Lobelos Silva, Descanse en Paz

    Esta mañá do domingo 26 de abril de 2015 deixaba este mundo o noso querido amigo Don Electo Lobelos Silva aos seus 74 anos de idade. Don Electo, máis coñecido en todo o concello como Electo de Brea, traballou sempre no seu barquiño ata que se xubilou hai xa uns cantos anos. O corpo sen vida do querido veciño do lugar de Brea, parroquia de Xaviña, está sendo velado nestes momentos no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá esta tarde do luns 27 de abril cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a seu soterramento no Cemiterio Parroquial de Xaviña. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Electo, especialmente á súa dona e aos seus tres fillos. Descanse en Paz.
  • Aurora Mouzo Miranda - Francisco Lema Barreiro - Antonio Pasantes Lista Descansen en Paz

    Fin de semana tráxico o que estamos a vivir en Camariñas nunhas datas tan sinaladas. Este sábado 20 de nadal de 2014 volvíamos a ser testigos da morte de tres queridos veciños do concello. Dona Aurora Mouzo Miranda (veciña de Camariñas) falecía aos seus 92 anos de idade. Don Francisco Lema Barreiro (veciño de Xaviña) deixaba este mundo aos 67 anos de idade. Finalmente na noite deste sábado recibíamos a triste noticia do pasamento do coñecido veciño da vila das palilleiras Don Antonio Pasantes Lista a idade de 92 anos. Os corpos sen vida de Dona Aurora e Don Francisco están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, sendo o funeral de corpo presente de Dona Aurora ás 16:00 horas (Igrexa de San Xurxo de Camariñas) e o de Don Francisco ás 17:00 (Igrexa de Santa María de Xaviña). Don Antonio Pasantes Lista está sendo velado na Casa de Pedra de Camariñas dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:45 horas para ser celebrado o seu sepelio. Dende a redacción desta web queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Aurora, Don Francisco e Don Antonio. Descansen en Paz.
  • José Antonio Fabián González, Descanse en Paz

    Amencer tráxico en Xaviña este luns 24 de novembro de 2014. A primeira hora da mañá a redacción de Camarinas.eu recibía incrédula a triste e dolorosa noticia da morte do noso querido amigo José Antonio Fabián González aos tan só 58 anos de idade. O corpo sen vida do coñecido comerciante orixinario da provincia de Ávila aparecía sen vida na súa casa do lugar da Piosa por mor dun paro cardíaco. Fabián, como era popularmente coñecido en gran parte da Costa da Morte, estaba casado e deixa un fillo orfo, Juan, que había tan só escasos meses contraera matrimonio. O corpo sen vida de Fabián está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá ás 16:30 horas deste martes 25 de novembro hacia a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña onde se realizará o Funeral de Corpo Presente para despois proceder ao sepelio no Cemiterio Parroquial de Xaviña. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Fabián e ofrecer todo o noso apoio nestes durísimos momentos que están a vivir. José Antonio Fabián González, Descanse en Paz.
  • Jesús López Sambade, Descanse en Paz

    Esta chuviosa mañá de martes 18 de novembro a redacción de Camarinas.eu recibía a triste noticia do falecemento do querido veciño de Xaviña Don Jesús López Sambade aos seus 74 anos de idade. Don Jesús viña arrastrando unha longa enfermidade que ao final levouse definitivamente a súa vida. Os restos mortais deste querido veciño de Xaviña están sendo velados na súa casa da Rúa da Gándara dende onde sairán este mércores 19 de novembro hacia a Igrexa Parroquial de Santa María onde terá lugar a celebración do funeral en corpo presente de Don Jesús ás 16:00 horas. Acto seguido o corpo sen vida de Don Jesús será trasladado ata o Cemiterio Parroquial de Xaviña onde será finalmente inhumado. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condoloencias a toda a familia e amigos de Don Jesús. Descanse en Paz.