• Dona María Martínez Álvarez, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

    Na mañán deste 5 de xaneiro de 2017, a redacción desta web recibía a triste noticia da morte da querida veciña de Camariñas Dona María Martínez Álvarez aos seus 89 anos de idade. Señora María, veciña de toda a vida da lexendaria Rúa do Medio, está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá este sábado 6 de xaneiro ás 15:45 horas cara a Igrexa de San Xurxo para ser celebrado o funeral de corpo presente desta gran muller, camariñana de toda a vida. Acto seguido procederase a realizar o sepelio dos restos mortais de Dona María no cemiterio parroquial de San Xurxo onde recibirán merecido descanso eterno. Vaia dende aquí a nosa máis sinceira condolencia a toda a familia e amigos de Dona María, especialmente ao noso amigo de toda a vida e neto da falecida Carlos Ramos Prieto así como a súa irmá Mar. Descanse en Paz Señora María.
  • Dona Josefa Mayor Arén, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

    Na madrugada deste xoves 14 de decembro de 2017 falecía na súa casa do barrio do Castillo Dona Josefa Mayor Arén aos seus 96 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Josefa, unha das persoas máis lonxevas da vila das palilleiras, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas. Será ás 15:30 da tarde deste venres 15 de decembro cando sairán os seus restos mortais dende o velatorio camariñán cara a Igrexa de San Xurxo para ser celebrado o funeral de corpo presente da querida veciña do Castillo. Acto seguido procederase a consecución do sepelio de Dona Josefa no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde os seus restos terán merecido descanso eterno. Vaia dende aquí as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Josefa Mayor Arén. Descanse en Paz.
  • O xoven José Secundino Suárez Suárez, veciño de Camelle, Descanse en Paz

    Desgracia total na mañán deste frío mércores 29 de novembro. Ao momento que ía espertando a vila de Camelle comezaba a correr a terrible noticia da tráxica morte do querido xoven camellán José Secundino Suárez Suárez aos seus 37 anos de idade. Ao parecer, e á espera aínda dos resultados da autopsia, o corpo sen vida do noso amigo fora encontrado na súa casa de Camelle polos seus familiares que nada podían facer xa polo seu ser querido. Conmocionados aínda por tan inesperada e repentina morte dun dos nosos mellores amigos en terras camellanas, dende esta redacción aínda non asimilamos a magnitude desta perda e non damos creto ao acontecido. Secundino, sempre cun sorriso no rostro, persoa educada e tranquila, sempre afable e desposto a axudar, estaba casado e era pai dunha nena e un neno de corta edade e esperaba outro bebé da súa esposa: A traxedia máis absoluta para unha familia, para un pobo e para todos os seus seres queridos. Tocará agora por parte de todos velar polo benestar da súa xoven familia que queda, despois desta terrible desgracia, sen o seu querido pai e sumida nunha tristeza irreparable. Dende aquí queremos unirnos na dor insufrible que está a padecer toda a familia do noso querido amigo José Secundino e expresarlle as nosas máis sinceiras condolencias aínda que sabemos que pouco ou nada van a consolar este penoso calvario que están a sufrir. DEP amigo.
  • Don Evaristo Tajes López, Descanse en Paz

    Continúa o tráxico e incesante goteo de decesos na parroquia de San Xurxo de Camariñas. Na tarde deste mércores 18 de outubro de 2017 producíase no Hospital Juan Canalejo da Coruña o triste falecemento do querido veciño de Buría Don Evaristo Tajes López aos seus 82 anos de idade. Os restos mortais de Don Verito de Pións, como era máis coñecido cariñosamente en toda a vila dos encaixes, están sendo velados na sala 1 do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán os seus restos mortais cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:30 da tarde deste xoves 19 de outubro. No sagrado templo camariñán será oficiado o seu funeral de corpo presente para despois proceder a celebrar o seu sepelio. Dende esta redacción queremos expresar o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Don Evaristo Tajes López, Descanse en Paz.
  • Dona Dolores Mouzo Castro, Descanse en Paz

    Na madrugada desta mañá do 5 de outubro de 2017 falecía na súa casa do barrio de Cedeira Dona Dolores Mouzo Castro aos seus 94 anos de idade. Señora Lola de Lazo, como era cariñosamente coñecida en Camariñas, era viúva de Alejandro de Lazo e está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas. O corpo sen vida de Dona Dolores será trasladado hacia a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas dende o tanatorio este venres 6 de outubro ás 17:45 horas para celebrar o funeral de corpo presente da nosa querida e respetada veciña. Xa logo, rematados os oficios relixiosos, procederase a sepultar o seu féretro onde Dona Dolores terá descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos da Señora María de Lazo. Descanse en Paz.

    NOTA: Haberá servicio de omnibús (Autos Facal): Saída de Camelle ás 16:45, pasando por Arou, Santa Mariña, Brañas Verdes e Xaviña. O mesmo autobús recollerá aos pasaxeiros no Tanatorio de Camariñas para trasladalos ata a Igrexa de San Xurxo e ao rematar o funeral de corpo presente transportará a todos aqueles ata o Cemiterio Municipal de Camariñas.

  • Dona Dolores Luaces Arén, Descanse en Paz

    Voltamos a recibir noticias tristes nesta primeira semana de outubro que comeza como rematou un dos meses máis tráxicos que recordamos no que respecta a defuncións. Na mañán deste soleado catro de outubro de 2017 falecía na súa casa da Rúa Vulcano Dona Dolores Luaces Arén aos seus 90 anos de idade. Dona Dolores, querida e respetada veciña do barrio de Corea está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 17:50 horas deste xoves 5 de outubro para celebrarse o seu funeral de corpo presente. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolecias a toda a familia e amigos de Dona Dolores Luaces Arén. Descanse en Paz.
  • Don José Manuel Franqueira Carrascosa, Descanse en Paz

    Este luns 2 de outubro, ademáis das noticias que aflixen a todos os cidadáns españoles, nesta redacción tivemos que sumar a da desaparición dun bo amigo dos redactores de Camarinas.eu xa de toda a vida pero especialmente dende os tempos do Café Bar Arnela. Na cidade da Coruña desaparecía aos seus 63 anos de edade por mor dun paro cardíaco Don José Manuel Franqueira Carrascosa, un herculino profundamente namorado de Camariñas onde o podíamos ver desfrutando da Vila das Palilleiras sempre que tiña un momento de descanso. Repentina fui a marcha deste gran amigo e por elo, xa que tivo que procederse a facerlle a autopsia a noso querido amigo, tivo un rapido velatorio en Vimianzo pero, como bo camariñán xa que era, o seu enterro aconteceu entre nós este domingo, alí no lugar que él sentía como propio. Vaia dende aquí o noso máis sentido pésame e todo o cariño e apoio posible para súa esposa Estrella Mosquera Rey e para os seus fillos Alicia e Manuel, aínda que seguramente pouco se poida facer para consolalos de tan gran e sorpresiva desgracia. Jose, Descansa En Paz amigo, e que Deus che teña na súa Gloria.
  • Don José Luis Campaña Blanco, Descanse en Paz

    Día triste para o mundo do mar en Camariñas o deste mércores 20 de setembro de 2017. Un dos sus máis sinalados mariñeiros durante estas últimas décadas, Don Jose Luis Campaña Blanco, pertencente á lexendaria dinastía dos Perrúa, falecía no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee aos seus 69 anos. A terrible enfermedade que dun tempo a esta parte se fixera forte no seu corpo agravouse esta semana ata provocar este triste desenlace que acaba ca vida dun dos clásicos mariñeiros de raza camariñáns, integrante por dereito propio desas antigas xeracións de pescadores da Vila dos Encaixes que asombraron ao mundo e legaron o seu bo facer ás actuais xeracións, as cales gracias ás indicacións dos seus maiores e un traballo duro fan do noso porto o principal da Costa da Morte. Os seus restos mortais serán velados no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín de onde este xoves 21 sairán ás 16:45 cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo. Só nos resta confortar e enviar o noso máis sentido pésame pola morte desta boa persoa, gran mariñeiro, á súa esposa Florinda e aos seus fillos José Manuel, Mari, Javier, Eva e Noela e animar a todo o pobo de Camariñas a apoiar á familia nestes duros momentos. Pepe de Perrúa, Descansa En Paz e que Deus che acolla no seu seno.
    O Lubina, barco mítico que foi propiedade da dinastía dos Perrúa de Camariñas
    O Lubina, barco mítico que foi propiedade da familia Perrúa de Camariñas
  • Don Manuel Ageitos Souto "Totis", Descanse en Paz

    Comeza Camarinas.eu a súa nova andadura informativa despois de varios meses no dique seco, e o fai cunha triste noticia que enche de amargura os corazóns desta redacción. A noticia que nunca quixemos publicar, a morte do noso querido amigo Manuel Ageitos Souto, máis coñecido en toda esta costa por Totis, aos seus 78 anos de idade. Toda unha lenda viva en Camariñas, querido e respetado por todos e cada un dos veciños da vila das palilleiras, fiel devoto da nosa Virxen do Carmen, danzante sen igual da única e auténtica Danza de Arcos de toda esta franxa atlántica, persoa afable e dicharacheira, sempre aberta ao diálogo con todo aquel que se lle acercara a conversar. Amante do cante, do baile e da festa, pero sobre todo amigo dos seus conveciños. Foise un referente camariñán para tantas xeracións por mor dunha enfermidade que minou a súa ata o de agora inquebrantable saúde en tan só un puñado de tristes, mortais, meses. Dende esta redacción tan só recordalo para sempre coa súa eterna sonrisa e cun corrido mexicano soando de fondo. Descansa en Paz querido amigo.
  • Francisco Martínez Castro, Descanse en Paz

    Este mércores 5 de agosto de 2015 falecía na súa casa da Cruz de Cedeira un dos clásicos da Vila das Palilleiras, Francisco Martínez Castro, Pancho, tal e como era coñecido polo común dos veciños. Deixaba este mundo aos 67 anos tras sufrir nestes últimos tempos un letal cáncer de próstata que finalmente resultou ser fatal. Semanas díficiles de enfermidade no que foi axudado nos seus últimos días por varios familiares e tamén por diversos veciños entre os cales se atoparon a nosa querida amiga Sefa ou o propio Alcalde Pichurri, seu querido amigo. O corpo sen vida do noso querido amigo Pancho está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández espín de Camariñas dende onde sairá cara a Igrexa de Camariñas ás 19:45 horas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente para despois proceder ao seu sepelio. Só resta apiadarse da súa alma e compartir estes momentos ca súa familia e amigos aos cales enviamos un sinceiro pésame. Francisco Martínez Castro, Pancho, Descanse En Paz.
  • Carmen Pérez Canosa, Descanse en Paz

    Este veraniego domingo 2 de agosto de 2015 deixaba este mundo a querida veciña de Camariñas Dona Carmen Pérez Canosa aos seus 79 anos de idade. Dona Carmen está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá cara á Igrexa Parroquial de Camariñas ás 19:45 horas deste luns 3 de agosto. O funeral de corpo presente de Dona Carmen de Andrea, tal e como era coñecida cariñosamente en toda a Vila das Palilleiras, será celebrado segundo anunciou o noso cura párroco ás 20:00 horas deste luns. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen. Descanse en Paz.
  • Fredesminda Orosa Lema Martínez, Descanse en Paz

    Volveu a golpear a desgracia en Camariñas. Na tarde deste martes 7 de xullo de 2015 deixaba este mundo Dona Fredesminda Orosa Lema Martínez aos seus 86 anos de idade. Era esta querida veciña da Estrada do Vilán máis coñecida pola xente máis maior de Camariñas como a viúva de Chuco do Parranda aínda que os non tan maiores coñecíamola por ser a avóa dos nosos amigos Roberto e o tráxicamente falecido fai uns anos Miguel o Venezolano. Os restos mortais de Dona Fredesminda están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairán cara a Igrexa Parroquial de Camariñas ás 20:30 horas onde está previsto se celebre funeral de corpo presente ás 20:45 horas deste mércores 8 de xullo. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Dona Fredesminda Orosa Lema Martínez. Descanse en Paz eternamente xunto ao seu querido neto.
  • Dona Sofía María Mouzo Tajes, Descanse en paz

    Na mañán deste mércores 20 de maio de 2015 a redacción desta web recibía consternada a noticia da morte da querida veciña da vila das palilleiras Dona Sofía María Mouzo Tajes aos seus 90 anos de idade. Dona María de Arturo, como era máis coñecida en toda Camariñas, está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá este xoves 21 de maio cara a Igrexa Parroquial de Camariñas onde será celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolecias a toda a familia e amigos de Dona María de Arturo. Descanse en Paz.
  • Don Manuel Pasantes Fernández, Descanse en Paz

    Na mañá deste xoves 14 de maio a redacción desta web coñecía a triste noticia da defunción do querido veciño de Camariñas Don Manuel Pasantes Fernández aos seus 90 anos de idade. Don Manuel está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Camariñas na tarde deste venres 15 de maio para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende a redación desta web queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel. Descanse en Paz.
  • Carlos Carril López, Descanse en Paz

    Día triste para Camariñas. Un dos seus referentes emblemáticos, Carlos Carril López, falecía dun infarto aos seus 50 anos en Grecia mentras se atopaba faenando nas augas do país meditarreneo. Estamos a falar dunha persoa querida e respetada na Vila das Palilleiras, membro lexendario da súa Danza de Arcos, tradición ésta familiar que legou aos seus fillos Carlos e Jose. Inxusto final o de morrer tan lonxe da súa terra un camariñán que amaba tan profunda e apasionadamente ao seu pobo. Dende o Concello están tratando de axilizar na medida do posible os trámites para a repatriación do seu corpo, estando nestes momentos polo tanto pendentes de determinar a data do enterro do que pasará á historia como un dos máis lexendarios arqueiros camariñáns. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis profundo pésame e apoio á súa familia, en especial a súa dona María Ageitos Lista e aos seus dous fillos. Todo Camariñas debe volcarse nos actos fúnebres de Carlos Carril López como derradeiro homenaxe ao que foi un camariñán ata os tuétanos. A Danza de Arcos xa non voltará ser a mesma. Amigo Carlos, Descansa En Paz e que Deus che teña na súa Santa Gloria.

  • María Ameijenda Pasantes, Descanse en Paz

    Eeste mércores 22 de abril de 2015, véspera de San Xurxo, a redacción desta web tiña coñecemento da morte da querida veciña de Buría Dona María Ameijenda Pasantes aos seus 79 anos de idade. Dona María está sendo velada no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo da vila na tarde deste venres para ser celebrado o seu funeral de corpo presente para, acto seguido, proceder ao sepelio de Dona María. Dende Camarinas.eu queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María especialmente ao seu home Don Jesús así como a todos os seus seis fillos. Descanse en Paz.
  • Efigenia Canosa Rodríguez, Descanse en Paz

    Este mércores primeiro de abril de 2015 recibíamos consternados a morte da querida veciña do lugar de Cabreira (Buría) Dona Efigenia Canosa Rodríguez aos seus 79 anos de idade. Os restos mortais de Dona Efigenia están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá o seu féretro cara á Igrexa Parroquial de Camariñas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente ás 15:15 da tarde deste xoves 2 de abril. Dende a redacción de Camarinas.eu queremos dar as nosas máis sinceiras condolecias a toda a familia e amigos de Dona Efigenia. Descanse en Paz.
  • Pedro Pasantes Suárez, Descanse en Paz

    Na tarde do martes 17 de marzo a redacción desta web recibía a triste noticia do pasamento do veciño de Camariñas Don Pedro Pasantes Campaña aos seus 85 anos de idade. Don Pedro está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín dende onde sairá o seu féretro ás 17:30 horas cara a Igrexa Parroquial de Camariñas. Alí será celebrado o funeral de corpo presente de Don Pedro para despois procederse ao soterramento do seu corpo no Cemiterio Municipal de Camariñas. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Pedro Pasantes Campaña. Descanse en Paz.
  • Manuel Rego García, Descanse en Paz

    Despois de toda unha vida labrándose un prometedor futuro xunto á súa familia no distrito neoyorkino de Brooklin o soño de Manuel Rego García, máis coñecido en Camariñas como "O Magdaleno", era voltar á súa terra despois de 60 anos de duro traballo e finalizar aquí os seus días, na vila que o víu nacer hai 87 anos. E así foi. Este martes 24 de febreiro de 2015 coñecíamos a triste noticia de que o Señor Manolo deixaba este mundo no hospital comarcal A Xunqueira de Cee onde levaba xa unhas semanas ingresado por mor dunha enfermidade que ao final levouse a vida de Don Manuel. O corpo sen vida do Magdaleno está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas. Está previsto que o funeral en corpo presente de Don Manolo se celebre este mércores 25 de febreiro ás 18:00 horas. Dende a redacción de Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de "O Magdaleno". Descanse en Paz.
  • Ramón Vidal Alborés, Descanse en Paz

    Continúan a producirse notiicas tráxicas en Camariñas. Unha das persoas máis lonxevas da vila das Palilleiras deixaba este mundo na tarde deste luns 23 de febreiro de 2014. Don Ramón Vidal Alborés, un dos derradeiros exemplos dunha estirpe de camariñáns dos que xa quedan poucos, falecía esta tarde noite aos seus 94 anos de idade. O corpo sen vida de Don Ramón está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá ata a Igrexa Parroquial de Camariñas ás 16:40 horas para ser celebrado posteriormente o seu funeral en corpo presente. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolecias a toda a familia e amigos deste camariñán inolvidable. Don Ramón Vidal Alborés, Descanse en Paz.