A redacción ao completo de camarinas.eu súmase nestes momentos terribles á dor de toda a súa familia, e así eu Diego Alonso Freire que ademáis de que a nai de Juan é prima da miña, recordo aquelas épocas en Fuerteventura cando Juan máis eu, dous solitarios emigrantes camariñáns en Canarias, nos xuntábamos no Bar Castillo para armar aquelas grandiosas festas e tamén me lembro ben cando os dous facíamos as visitas dominicales a nosa querida usuaria Sefa, a cal era tía carnal de Juan. Xa aquí na nosa vila, para min tamén serán inesquecibles todos os bos momentos vividos con Juan do Nacho no extinto Bar Maytuca que rexentaba miña nai e donde tantos chistes, cantareas e bailes compartimos Juan e máis eu. En fin Juan, querido amigo, descansa en paz.
Páxina 7 de 7