Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Danza de Arcos
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Emblemas de Camariñas: A Danza de Arcos, por Xosé Troiano
A danza de arcos de Camariñas é unha danza anterga que se baila na honra da patroa dos mariñeiros, como é a Virxe do Carme. Esta danza bailábase xa nos anos vinte do século XX, como deixou constancia, un dos mellores fotógrafos da época, D. Ramón Caamaño. Pero cal é a orixe desta danza? Pois segundo os nosos maiores, esta danza ven da vila de Cariño, e ven para quedarse para sempre. Mais esta danza tamén se pode ver en diversas festividades como en Asturias ou nos estados de Hidalgo, México e Puebla, está chea de pasos moi complexos, e xiros sorprendentes e vistosos, executados por parellas de homes que danzan en fila e que portan os extremos duns arcos decorados con flores de papel. A súa vestimenta é tamén branca; como a nosa, e levan pañoletas cruzadas sobre o peito. Esta danza bailana tamén grupos étnicos otomíes do estado de México no municipio de Acambay.
A Danza de Arcos representada polos nenos das actividades de verán do Concello
Dentro da gran labor que están a realizar os monitores de verán do Concello de Camariñas, a do día de hoxe quedará para enmarcar. Imbuidos polo ambiente festivo que se apodera da Vila das Palilleiras nos días previos a Festa do Carme, decidiron disfrazar aos pequenos de arqueiros da Danza de Arcos e dende o Pavillón Municipal de O Areal fixéronos bailar por toda Camariñas ata o seu porto e despois volta cara arriba. Unha labor que enchío non só de ledicia e ilusión aos máis pequenos senón tamén de orgullo aos maiores, tanto os monitores como todos os transeúntes que tiveron a sorte a contemplar unha estampa que quedará para a historia. A do día na que bailaron polas rúas de Camariñas por vez primeira os arqueiros do futuro.
Opinión e editoriais
O que realmente importa
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
Etiquetas populares
Artículos aleatorios
A Crónica de Juanillo 19-12-2010
Jaime Rey Alvite, Descanse En Paz
Resultado final Eleccions Xunta de Galicia 2009
cumpreanos dun camarinan exemplar
Liz de Gran Hermano visita Camariñas