Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Daniel Rogero
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Fenosa e Xunta planean experimentos perigosos na zona do Vilán
Calquera que tivese a ocasión de visitar o Cabo Vilán e a costa de Camariñas, no corazón da Costa da Morte coruñesa, ben sabe que poucos lugares hai na nosa xeografia que irradien tanta maxia. Un lugar no que a terra e o mar se funden nunha mesma realidade, onde as ondas arremeten maxestuosas contra os acantilados e os peñóns que salpican este bravo e fero paraxe. Unha costa chea de historia, de natureza, e de bravura. Unha bravura que se respira no seu mar e nas suas xentes. A costa da morte, un rincón afastado do mundo, cargado de lendas e misterios. A Costa da Morte, a nosa costa, está tristemente a sufrir un novo episodio de destrucción do seu patrimonio natural.
Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do Prestige II
Imos ca segunda e derradeira parte do gran traballo de Daniel Rogero acerca do afundimento do Petroleiro Prestige, aquel no que distintos persoeiros da Costa da Morte son entrevistados por este gran camariñán da diáspora e aportan o seu particular punto de vista acerca do que foi ata o momento o último gran drama vivido nestes apartados recunchos atlánticos. Aquel no que centos de toneladas de fuel extraídas do seo da Nai Terra en xeadas paraxes siberianas, fletadas non lonxe do San Petersburgo dos zares por Mijaíl Fridman, un daqueles oligarcas rusos nacidos do súpeto doutro afundimento non menos estruendoso (o da URSS), acabaron por desparramarse nunha masa viscosa e nauseabunda ao longo de todo o litoral atlántico, irmanando portos tan dispares como os da Bretaña francesa ou os da Galicia española. Agora que once anos pasaron nun suspiro, recén dictada unha sentencia que deixou a petroleiras piratas e compañías fletadoras destartaladas libres de todo mal, ca necesaria perspectiva que da o tempo, co rigor inherente á persoalidade de Daniel Rogero e ca minuciosidade propia de toda reportaxe de investigación, Camarinas.eu repasa en segunda e definitiva tandada o que non deixou de ser un grandioso drama que tivo á Costa da Morte como zona cero.
Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do Prestige
Daniel Rogero é fillo do noso habitual colaborador Tino Rogero Figueiras. Dani é un xoven que estuda cuarto curso de Dereito e Xornalismo na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e é por riba de todo un namorado do mar, de Galicia e de Camariñas. Gústanlle os deportes, o footing, o Karate, nos veráns practicar a vela, e cando encontra un compañeiro, o que non sempre e doado, practicar a pesca submarina nas augas da nosa costa. Dende pequeno amosou interese polos idiomas en xeral e en especial pola nosa lingua. Daniel é da estirpe dos Gaiteiros do Ponte do Porto, e pódese dicir que é un galego, un camariñan, nacido en Madrid.
Co permiso de Don Benito Pérez Galdós, como de tanto outros mozos da súa xeración, pódese dicir que Daniel "entra na idade viril coa firmeza e a seguridade dun corazón cheo, dun entendemento rico e non gastado, dunha alma vigorosa e sa, á cal non falta senón ancho mundo”
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
O Coro Brisas do Mar actuará en Luar para conmemorar a traxedia do Serpent
Resultado final Eleccions Xunta de Galicia 2009
Festas da Virxe do Monte 2009 en Camarinas
Continúan as Festas do Carmen de Camelle
A festa da Virxen do Monte 2016 xa colle forma