En días pasados puidemos ver como un coche cunha cámara instalada no seu teito percorría infatigablemente as rúas do Concello de Camariñas: tratábase dun automóvil contratado por Google para actualizar os datos xeográficos de Camariñas no Google Earth, así como para dispoñer das imaxes precisas que cáseque milimétricamente poidan ser consultadas en calquer lugar do globo terráqueo. Nembargantes o estupor, o asombro e a indignación máis absolutas apoderábanse da redacción do xigante cibernético da Costa Atlántica cando ao consultar si os resultados da expedición cibernética xa estaban volcados en internet descubríamos que a antigamente coñecida como Ría de Camariñas aparecía en Google agora co nome de "Ría de Muxía e Vimianzo". De tempo atrás eran sabidos os persistentes e oscuros manexos de certos sectores procedentes da cara sur da Ría de rebautizar a esta como "Ría de Camariñas e Muxía", de feito todo aquel que se acerque polo Mirador do Facho, na carretera que une a citada vila con Cee, atopará unha serie de carteis informativos ca lenda mencionada, ominipresente en toda a información municipal muxiana.
Aquí en camarinas.eu non sabemos o que o vento se levou consigo naquel Sur profundo dos USA arrasado polos vaivenes dunha Guerra de Secesión norteamericana, na que foi asolado o Estado de Georgia e a súa capital Atlanta por un exército nordista embravecido e desencadenado, pero nesta desolada Costa da Morte dos nosos pecados o vento pode chegar a retorcer sen piedade as aspas dun dos molinos eólicos que se reproduciron no noso concello a través dunha inmensidade de bosques blancos. O ruido e a furia desencadenados polos elementos nestas terras destrozan incluso a aqueles chamados a aproveitarse deles: unha enerxía eólica da que nesta redacción sempre fomos bastante escépticos, tanto respecto da súa viabilidade económica (kilowatio a precio de ouro) como da súa capacidade xeneradora de enerxía. Amén do seu impacto paisaxístico, evidentemente. Juan Salvador Gaviota, o redactor fotográfico de camarinas.eu, capta nunha excelente galería gráfica a fortaleza e integridade dun molino eólico que o vento se levou consigo.
Páxina 4 de 6