Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Correndo pola Costa da Morte
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
A Carreira máis importante da Costa da Morte: 814 atletas na pedestre de Camariñas
A VIII carreira pedestre de Camariñas contará con 814 participantes A proba, pertencente ao circuíto Correndo pola Costa da Morte, celebrarase este domingo, 10 de marzo. Outro ano máis a carreira pedestre do Concello de Camariñas continúa a ser das máis concorridas da comarca. Tras pecharse o prazo de inscrición confirmouse que nesta octava edición participarán 814 persoas na proba, que se levará a cabo este domingo, 10 de marzo, a partir das 10 horas. A carreira de Camariñas é a primeira parada do circuíto Correndo pola Costa da Morte e o seu percorrido atrae a unha gran cantidade de afeccionados a este deporte. Na proba absoluta son 10 quilómetros nos que os participantes gozarán das incribles vistas que ofrecen lugares como o Cabo Vilán co océano atlántico ao fondo.
Éxitosa edición en Camariñas da carreira Correndo pola Costa da Morte 2015
Cada ano máis e, sobretodo, mellor. Esta podería ser a conclusión que un pode sacar da exitosa edición da carreira Correndo pola Costa da Morte que se celebrou este domingo en Camariñas. Preto de 400 atletas abarrotaron a vila das palilleiras nun día perfecto para a práctica da disciplina máis popular do atletismo xa fora na prova de 5 km ou na máis dura e esixente de 10 km. Nesta última o podium estivo formado por Cristian Muiño na primeira posición, Michel Antelo na segunda e na terceira chegaría César Vázquez Agra. Na categoría feminina era Vanessa Lafuente a que se impoñía á Rocío Alvite que foi segunda e a Tina Fernández que ocuparía o terceiro lugar no podium. Pero si houbo unha carreira que aledou as rúas de Camariñas esta foi a que desputaron os máis pequenos na categoría Pitufos que percorreron unha distancia de 50 metros xusto dende a oficiña de Mapfre ata o Café Bar Casino e que arrincou os aplausos de todos os asistentes. Destacar a perfecta organización tanto dende os responsables da carreira como do Concello de Camariñas así como tamén recoñecer a gran axuda que pretou o Concello de Muxía aportando efectivos da Policía Municipal e tamén agradecer a colaboración dos Bikers do Vilán, Protección Civil de Camariñas, Carballo, Laracha, Muxía, etc... que cunda o exemplo. Noraboa a todos.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Oferta exclusiva para veciños de Camariñas - Alquílase casa de luxo en Mijas, Marbella
Máis de 150 persoas abarrotan a Casa de Pedra na preestrea de Eu Son Camariñas
Ramón Antelo volve a casa
Concesión do Bar Restaurante do CNC
Cambio do sentido da circulacion en Camariñas