Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Conxemar
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
A empresa camariñana Gallego Pereira en CONXEMAR, capital da pesca mundial
Existen territorios da nosa querida España onde os empresarios son tratados pouco menos que a patadas e, claro, fuxen por miles. Soe acontecer esto en comunidades autónomas nas que hai muita tontería, nas que a base de vivir demasiado ben demasiado tempo a costa do resto dos españoles por mero aburrimento ás súas clases altas e medias-altas dóuselles por querer xogar a ser revolucionarios de salón. Aquí no Concello de Camariñas somos máis pobres, pero tamén máis humildes, e consideramos aos empresarios como un ben a protexer. Sobre todo en canto a que son persoas que se xogan un patrimonio persoal ou familiar, que poñen en valor os recursos locais e, sobre todo, por ser creadores de riqueza e postos de traballo. Hai xa anos que dentro do empresariado local destaca entre as súas competidoras a empresa porteña Gallego Pereira Frigoríficos SL adicada case exclusivamente a comercializar o mellor pulpo das nosas rías e con compradores en todo o territorio galego. O seu xerente, Javier Gallego Pereira que leva o negocio xunto ao seu pai, gran amigo desta redacción, ademáis destaca por estar volcado activamente en todas aquelas iniciativas que redundan na promoción do Concello de Camariñas dentro deste e no exterior e para non dubidou en fichar para a nómina da empresa ao seu fillo Marcos, estudiante de Enxeñería Química que aportará de seguro ao futuro da empresa os seus coñecementos universitarios. Recentemente Javier, durante a súa estadía na feira Conxemar de Vigo, era obxecto dunha entrevista da TVG que reproducimos a continuación no interior da noticia. Nesta importantísima feira vieguesa era visitado o stand de Gallego Pereira polo mesmísimo alcalde de Vigo Abel Caballero e da Presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva que aompañaron ao alcalde de Camariñas Pichurri para coñecer de preto o proceso productivo desta exemplar empresa camariñana. Ocasión que non deixou pasar para falar do que supoñe para a súa empresa levar por todo o mundo o mellor pulpo das rías galegas e especialmente o mellor deles que ven sendo o propio da nosa ría de Camariñas. Dende esta redacción queremos darlle a noraboa a todo o equipo da empresa, e espcialmente ao noso compañeiro Javier, polo gran traballo feito dende Gallego Pereira que os levou a ser unha das factoría punteiras no sector do frigorífico a nivel nacional. Noraboa a todos.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Asociación Palillada de Camarinas
Viña Costeira 26 - 26 Conservas Boya
O Concello de Camariñas extende o Servizo de Axuda no Fogar
Dona María Valiña Canosa, veciña de Camariñas, Descanse en Paz
Colaboración sobre o Encaixe con Cataluna