Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Concertos
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Karina Tajes, unha futura estrela de Camariñas
Pois en Camariñas estamos que non paramos. Para sumar á excelente canteira deportiva que posúe o noso concello veñen a presentarse outras grandes promesas dentro de outros ámbitos culturais. Na literatura, por exemplo temos ao exitoso escritor Alberto Lorenzo con uns relatos de eloxio no seu blog "El espejo de Shion" e agora tamén no mundo da música abrirase paso sen dúbida Karina Tajes, unha gran cantante camariñana que con tan só 18 aniños foi quen de subirlle ao escenario do concerto que a popular cantante canaria Rosana realizou en Ponteareas e marcarse unha canción deixando ás multitudes asistentes coa boca aberta. Ademáis Karina está a facer unhas grabacións caseiras que logo colga en Youtube donde ela, acompañada da súa inseparable guitarra, interpreta algúns temas propios e outras versións dos seus artistas favoritos. De verdade, non vos perdades a traxectoria desta rapaza que seguro será meteórica. Camariñas, terra de artistas! ¡NORABOA KARINA!
Todo preparado no Curbeiro para o concerto de Maisha
Os grupos xa quentan motores e afinan os instrumentos no Curbeiro.
Xa en toda Camariñas estamos esperando que empezen a ruxir as guitarras e os tambores. Os grupos son de calidade e o tempo non pode ser millor. Espéranos unha noite de bóa música e diversión. Estaremos hoxe toda noite para quitar as fotos e mañá meteremolas na galería de fotos especial deste festival.
Gran Festival en Camariñas
Venres 24 e Sábado 25 de Agosto son as datas elexidas polos organizadores para celebrar o festival.
Este verán rematará no Bar Curbeiro de forma espectacular coa organización de un festival musical sen precedentes en Camariñas que reunirá aos mellores grupos que pasaron pola tempada de concertos do Bar Curbeiro. Grupos coma Días de Furia consolidados xa no panorama musical estatal daranse cita no Curbeiro o próximo fin de semana. Nesta ocasión os concertos desenvolveranse na Praza do Curbeiro para que todo Camariñas poida desfrutar deles.
Concerto de Materia en Cee
Serán telonieros de "Los Suaves" no concerto da Xuventude de Cee.
Materia, o grupo de Metal da Ponte do Porto darán entrada na festa da Xunqueira de Cee ao mítico e irrepetible grupo de Rock&Roll Ourensá Los Suaves. En camarinas.eu teremos unha galería de fotos especial para este concerto que eles mesmos nos ceden. Esperemos que o Luns estean xa colgadas nesta web.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Cumpleanos de Vanessa
Todo preparado en Arou para continuar coa Festa de San Bartolo
Conservas Boya 28 - 26 Guardes
BM Tui 26 - 27 BM Encaixe Camariñas
Manifestación en Camariñas contra Prodemar