• Dinamización do Encaixe

    Image

    Representantes dos concellos de Camariñas e Muxía presentarán o vindeiro luns, 4 de agosto ás 12:00 h. da mañá un proxecto dinamizador do sector encaixeiro.

    A presentación será no salón de plenos de Camariñas onde intervirán a técnica da empresa Ugacota, Ana Lorenzo Vila e representantes dos Concellos de Camariñas e Muxía.

  • Actividades culturais do Concello de Camarinas para este veran 2008

    A Xoldra Enxebre xa está aquí

     

    Diego, Pepe e o noso querido amigo Top camariñas Sergio Caamaño
    Diego, Pepe e o noso querido amigo Top camariñas Sergio Caamaño

     

    Repetindo ata a saciedade un dos nosos tópicos máis comúns, anunciamos que outro ano máis xa chegou a nova Xoldra Enxebre 2008 tan dicharacheira como é de costume. Esta festa, que transforma a praia do Ariño de Xaviña nun improvisado campamento céltico nos días finais de xullo, coincidindo co Día de Santiago Apostol, Patrón da nosa España dende os tempos inmemoriais da loita contra o invasor musulmán e que destaca pola participación de grupos folk, ten un papel estelar no Programa de Actividades culturais e festivas programadas polo Concello de Camariñas neste verán 2008. Pulsa na foto para ver dito Programa completo.

  • O Concello organiza o Dia do Libro Infantil

    O Concello de Camariñas organiza o Día internacional do Libro Infantil cunha serie de contacontos na Casa do Alemán en Camelle.
  • Cursos de informatica para maiores

    Os cursos de informática para maiores: un éxito

    Os cursos están sempre moi animados
    Os cursos están sempre moi animados

    Óscar Fernández Clapés, técnico dinamizador no Concello de Camariñas pertencente a Rede de Dinamización da Sociedade da Información fíxonos chegar a camarinas.eu unha nota de prensa anuinciando diversos cursos especiais para persoas maiores. Camarinas.eu, sempre presente en todas as iniciativas de caracter social e cultural innovadoras non podía limitarse a publicar só esta nota se non que preparou o seu destartalado equipo e pasou unha tarde no curso de "Primeiros pasos informáticos para maiores", curso que co-organiza a Concellalía de Servizos Sociais.
    Pulsa na foto para ver un video, unhas fotos do curso e a nota de prensa completa.

  • Obradoiro Verdes Venres

    O Concello de Camariñas organizará un obradoiro sobre medio ambiente en Camelle.

  • Nova aula para os nenos de 5 anos

    O Colexio Público de Camariñas "O Areal" conta desde hoxe cunha nova aula para os nenos de 5 anos.
  • O Concello de Camariñas ultima a iniciativa do baleirado da pegada do Alemán de Camelle

    A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia invitada polo Concello de Camariñas realizará o mércores día 7 pola mañá un BALDEIRADO DA PEGADA que Man deixou no peirao de Camelle. O profesor de técnicas escultóricas,  Xosé Antonio Quinteiro e o profesor de arte, Antón Sobral, acompañados por alumnos da Escola de Restauración ubicada en Pontevedra desprazaranse a Camelle para realizar un positivo da pegada de MAN que se atopa no peirao de Camelle para logo positivalo e obter unha escultura que sirva de símbolo para o Museo MAN de Camelle. Esta proxecto enmárcase dentro das actividades que co gallo do Encontro Man de Camelle realizarase o vindeiro 17 de novembro.
  • Primeiro Encontro Man de Camelle

    O Concello de Camariñas está organizando a que será o Primeiro Encontro Man de Camelle.
  • Actividades no 2007/08 organizadas polo Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas ven de facer públicas as actividades e cursos que ten previstos para este outono-inverno.


  • Bolsas de aluguer para estudantes camariñáns

    CamariñasO Concello de Camariñas ofrece axudas económicas a estudantes do Concello de Camariñas que estean estudiando fora.
    A axuda está destinada aos estudantes de ciclos formativos da formación profesional. Para ver os requisitos das axudas pulsa en "Ler máis.."
  • Os nenos de Camarinas visitan Reira

    Dentro das actividades organizadas para este verám de 2007 polo Concello de Camariñas para os nenos estaba incluida esta excursión. Os nenos que participan nas actividades deportivas que organiza o Concello de Camariñas tiveron a oportunidade de visitar as praias de Reira onde xogaron a divesos xogos e despois degustaron unhas cantas caramiñas, que a pesar de non estar maduras xa van collendo o seu sabor característico.