• Concurso de curtametraxes por móbil do IES Pedra da Águia e o Concello de Camariñas

    A área de Igualdade do Concello de Camariñas e o  I.E.S Pedra da Aguia de Ponte do Porto, organizan o primeiro concurso de curtametraxes realizados polo móbil chamado "A Igualdade: Missión Possible". Esta  actividade participativa  de sensibilización e de prevención ten como pretensión principal que a mocidade desenvolva a súa creatividade por medio de visibilizar a situación de desigualdade que viven moitas mozas en situacións cotiás na nosa sociedade por medio do uso das novas tecnoloxías. Preténdese que o alumnado participante forme parte de todo o proceso de elaboración da peza e sexa protagonista do seu propio aprendizaxe.
  • Indemnización das empresas eléctricas

    AS EMPRESAS ELECTRICAS TERAN QUE INDEMNIZAR AOS CLIENTES CANDO NON RESPOSTEN NUN MAXIMO DE 15 DÍAS AS RECLAMACIONS FEITAS
  • Axudas para os traballadores

    Concello de Camariñas

    Aberto ata o 16 de xuño o prazo de axudas para traballadores por conta, incluido funcionariado, que se acolleran á redución de xornada por conciliación.
  • Campionato intercomarcal de Badminton

    O equipo cadete de badminton feminino representando a CamariñasEste sábado día 26 de marzo no Pavillón Municipal de Ponte do Porto terá lugar o campionato intercomarcal de bádminton, tanto en individuais como por equipos. As categorías deste capionato van dende benxamín mixto, ata cadete tanto masculino como feminino, pasando por alevíns e infantís femininos e masculinos. En total participarán unha centena de deportistas de difeentes lugares:
  • Curso de preparación lingua Galega 2011

    Concello de Camariñas

    A Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas abre a inscrición para a solicitude de cursos preparatorios de galego niveis Celga 4.

    A Xunta de Galicia anuncia as datas para as probas das certificacións en lingua galega. Se estas interesado en preparate para estas probas,  a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas está a organizar cursos preparatorios.

    Os cursos son de carácter gratuíto e teñen unha duración de 75 horas.Ten previsto 28 marzo ao 13 de xuño.

    Lugar de inscrición: Edificio Casa de Pedra // Axencia de Desenvolvemento Local
    Horario de inscrición: De luns a venres de 08:00 a 15:00 horas
    Teléfono: 981 737 004

    Prazo de preinscrición: Ata o 24 de febreiro

  • Entroido 2011: Concurso de Disfraces

    Cartel Entroido en Camariñas 2011Co gallo do Entroido 2011 o Concello de Camariñas organiza o Concurso de Disfraces nas modalidades de INFANTIL, INDIVIDUAL XUVENIL-ADULTOS E COMPARSAS, que se celebrará en Camariñas o martes 16 de marzo. A convocatoria deste concurso vai dirixida a tódolos cidadáns que desexen participar con arreglo ás seguintes bases.
  • Obradoiro Teatral en Camariñas

    Concello de Camariñas

    Dentro da “Campaña Bocaberta”, a Concellería de Cultura e Deporte do Concello de Camariñas xunto coa editorial Tambre, a través do Servizo de Planificación Lingüística (dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística) da Xunta de Galicia, organiza  un Obradoiro Teatral.
  • O Concello de Camariñas adquire un tractor-guindastre

    Calquer visitante pouco avispado que cara a unha da tarde deste xoves 25 de novembro de 2010 se acercase pola Praza da Insuela e vise como o Concello de Camariñas recepcionaba oficialmente un tractor-guindastre de última tecnoloxía podería pensar, en harmonía ca batería de medidas de sorte diversa que o Goberno ten posto en marcha para paliar o estado agónico das contas públicas en España, que como complemento ao hachazo inferido nas nóminas dos funcionarios públicos, o mencionado tractor tería como destino ao diverso persoal político do concello: toda unha ristra de concelleiros de tódalas cores políticas sacrificándose duramente envoltos pola xiada da mañán, tostándose ao duro sol da tarde, con grosas gotas de suor salado esvarando polos allados rostros, sachando as patacas, recollendo o millo, por mor de exportar o producto do seu honrado e sacrificado traballo cara os mercados internacionais para cas divisas sanear as contas das administracións públicas. Pero non, querido accionariado, nada máis lonxe da realidade, segundo nos contan dende o concello o mencionado tractor guindastre dotado dun variado elenco de pertrechos, utensilios e maquinaria, incluso dun impecable e amplio remolque e valorado en preto de 70.000 euros ten como destino o Servizo Municipal de Vías e Obras.
  • Promoción do Traballo Cooperativo e Comercialización do Encaixe

    O CONCELLO DE CAMARIÑAS REALIZA UN PROGRAMA DE PROMOCION DO TRABALLO COOPERATIVO E DE COMERCIALIZACION DE ENCAIXE.

    A Axencia de desenvolvemento local do concello de Camariñas  está a desenvolver o programa de promoción do traballo cooperativo e de comercialización de encaixe subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar. Este programa ten como obxectivo mellorar a competitividade, comercialización e intercooperación das empresas de venda de encaixe de do Concello.

    As actuacións iniciaronse cun achegamento a estas empresas para coñecer as características e necesidades deste sector e promover o traballo cooperativo éntrelas. Ademáis este programa realiza actividades formativas sobre cooperativismo, comercialización ademais de promover o intercambio de experiencias e a aplicación das novas tecnoloxías na comercialización e promoción do encaixe de Camariñas.

    A Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA) e SINERXIA desenvolven estas actividades contando para o traballo de campo e dinamización co técnico Bernardino Martinez Castiñeira.

    María Jiménez Sánchez
    Concello de Camariñas (A Coruña)
    Praza da Insuela s/n
    Telf: 981 73 70 04 Fax: 981 73 61 99
    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
    www.camarinas.net

  • Obradoiros educativos do Concello

    Co novo curso o Concello de Camariñas, a través da Concellería de servizos sociais, igualdade e saúde, poñe a andar os obradoiros educativos dentro dos centros escolares.No CEIP “ O Areal “ en Camariñas comezaron o dia 19 deste mes os Obradoiro para igualdade para os rapaces de 4º de primaria, para seguir o 26 de outubro , 2 e 9 de novembro . Seguiran o 27 de outubro, 3 , 10 e 17 de novembro no CEIP de Ponte do Porto

    As Bebidas Saudables van estar nas aulas dos alumnos do CEIP “o Allo” de Ponte do Porto o mércores 27 de outubro. Todos os rapaces de 3º de primaria poderán coñecer estas bebidas , elaboralas e mesmo probalas. Tamén vamos a traballar as habilidades sociais e a resolución de conflitos co alumando de 6º de primaria

    No CEIP  “o Allo” de Ponte do Porto os días 3,17,23 e 24 de Novembro.
    No CEIP “O Areal “ de Camariñas os días 26 de outubro ,2,9 e 16 de novembro.

    Coa desculpa de expresar o rexeitamento a violencia de xénero vamos traballar cos alumnos de 4º da ESO  do IES Pedra da Aguia a prevención da violencia de xénero os días 4,11 e 25 de Novembro.Dende este departamento queremos agradecer toda a colaboración prestada polo profesorado e equipos directivos dos centros para levar a cabo todos estes anos este tipo de iniciativas.

    Tamén recordar que o próximo luns dia 25 de outubro as 11:00 horas, na “Casa do Alemán” de Camelle, darán comezo o novo curso de “Preescolar na casa” para os nenos/as de entre 0 e 3 anos e os seus  pais /nais.

    Mº Carmen Linares Chica
    Concelleira de servizos sociais , igualdade e saúde.

  • O Concello de Camariñas en EXPOGALAECIA

     

    Dentro do programa “Dinamización de destino turístico: Camariñas” cofinanciado pola Deputación de A Coruña e coa participación do Concello de Camariñas e de la Asociación de Empresarios de Camariñas, do 29 de outubro ao 1 de novembro, o Concello de Camariñas estará presente en EXPOGALAECIA, Salón de Turismo, Gastronomía e Artesanía que se celebrará en Vigo. Prevese a asistencia de máis de 50.000 visitantes e Tour Operadores e Axencias de Viaxes de Alemania, Francia, Bélxica, Portugal,  Inglaterra e España. Na mañá do venres 29 de outubro estas axencias reuniranse con hostaleiros de Camariñas para pechar negocios mediante unha axenda con citas pechadas pola organización do salón.

    A participación nestas mesas de contratación é gratuíta, correndo o Concello de Camariñas coa inscrición na feira e có estand. Tamén se contratará a unha interprete que permita a comunicación coas axencias e tour operadores estranxeiros. O estand contará tamén coa presenza de palilleiras de Camariñas

    Previamente, o venres 15 de outubro, as 10:30 da mañá no Salón de Plenos do concello, o Alcalde de Camariñas convoca a unha xuntanza na que se informará de este evento. Están invitados a participar todos os aloxamentos e restaurantes de Camariñas, estes últimos sempre que teñan un comedor con capacidade para polo menos 50 comensais. Os establecementos interesados deberán inscribirse antes do martes 19 de outubro.

    Máis información na Axencia de Desenvolvemento Local da Casa de Pedra ou no teléfono 981 73 70 04

    Manuel V. Alonso de León
    Alcalde de Camariñas


     

  • Programa de Axudas do GAC

    Concello de CamariñasEstimada veciña ou veciño:
    O vindeiro xoves 6 de outubro ás 8:00 da tarde terá lugar no salón de actos da Casa de Pedra de Camariñas unha xuntanza informativa sobre o Programa de axudas do Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte. Neste acto, os técnicos responsables da xestión das axudas explicaran os criterios para a súa concesión, o procedemento e a documentación necesaria, tamén responderan ás preguntas das persoas interesadas.

    Esperamos contar coa súa presenza.
    Reciba un cordial saúdo.

    Camariñas, 30 de setembro de 2010.

    O Alcalde
    Manuel V. Alonso de León

    Xornada de Difusión e Información Grupo de Acción Costeira Costa da Morte

    Data: Mércores 6 de Outubro de 2010
    Hora: 20:00
    Lugar: Casa de Pedra – Camariñas
    Entrada: Gratuíta

    A xornada está destinada a emprendedores, promotores privados, confrarías, asociacións, entidades públicas locais e o público en xeral interesado no programa de axudas.

    PROGRAMA

    - Introdución Eixe 4 Fondo Europeo de Pesca – Desenvolvemento sustentable das zonas de pesca.
    - Grupo de Acción Costeira Costa da Morte (GAC 3) – Territorio de Actuación.
    - Intensidade das axudas.
    - Criterios de Concesión de Axudas :

    1. Finalidade dos proxectos.
    2. Liñas de actuación que se subvencionan.
    3. Beneficiarios.
    4. Gastos excluídos.
    5. Non inicio.
    6. Compromisos.
    7. Compatibilidade.

    - Procedemento de Concesión de Axudas.
    - Documentación.
    - Rolda de preguntas.


  • Obradoiro de apoio escolar

    O CONCELLO DE CAMARIÑAS APOSTA POLO APOIO ESCOLAR A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.

    Aproveitando o comezo do curso escolar o Concello de Camariñas poñe en marcha un “obradoiro de apoio escolar a través das novas tecnoloxías”.

    Dará comezo o próximo xoves día 16 e terá lugar en Ponte do Porto ,Camelle e Camariñas. Nesta actividade participarán alumnos de 5º e 6º de primaria de todo o concello. O obxetivo do Concello é achegar os rapaces e rapazas a informática coma unha ferramenta de traballo, ensinarlles a buscar información,realizar actividades de aprendizaxe e reforzo, organizar os seus traballos e presentalos de un xeito eficiente .

    Para máis información chamar a Casa de Pedra o 981737004 ou o 675802314.
    Mª Carmen Linares Chica Concelleira de Servizos Sociais , Igualdade e Saúde

  • Gran Churrascada de Veran no CNC

    Tiras de sabrosa carne galega esperan o momento de ser degustadas opípramente polos socios do CNC
    Tiras de sabrosa carne galega esperan o momento de ser degustadas opípramente polos socios do CNC

    Cando alá nas décadas dos anos sesenta e setenta, os emigrantes galegos que pouco a pouco comenzaban a retornar da Arxentina e Uruguay introduxeron nos costumes locais un novo prato, fácil na súa condimentación e preparación, ninguén podía predecir que aquel manxar sobrio e espartano acabaría por converterse nun dos símbolos culinarios galegos por excelencia. Estamos a falar do churrasco, dos tradicionais asados de carne vacuna, porcina ou avícola que, chorizos criollos de por medio, cambiaron as infinitas extensións das pampas arxentinas por un tambor de lavadora reciclado á vista de calqueira viandante das rúas da Costa da Morte ou por amplias parrilladas omnipresentes en festas populares e chiringuitos berbeneros. Unha destas parrilladas, sabrosa e pródiga, ocupará o seu lugar este sábado 10 de xullo, ás 21:30 horas, no Muelle Novo camariñán, a carón de barcos e veleiros, e nela serán asadas as carnes galegas que poderán degustar os socios do Club Náutico de Camariñas e os acompañantes que con eles se acerquen polas instalacións do que foi o primer Club Náutico do que se tivo noticia nestas afastadas terras atlánticas.

  • Promocion Turistica do Encaixe no Concello de Camariñas

    O Encaixe de Camariñas é obxeto dunha promoción turística especial dende o Concello de Camariñas

    Hai uns meses o noso alcalde Manuel V. Alonso de León (Pichurri) puxo en marcha unha iniciativa para promocionar o encaixe dentro do marco turístico. Dende o mes de maio comezouse a traballar no asesoramento ás excursións que visitan o noso concello organizándolles unha ruta guiada. Primeiramente damos a benvida ós nosos visitantes no Museo de Encaixe onde poden deleitarse cas pezas antigas e deseños utilizados tradicionalmente na zona. A continuación son guiados polas palilleiras das asociacións para poder ver unha palillada en vivo. O punto final póñeo a visita o Faro Vilán declarado Sitio Natural de Interese Nacional en 1933, punto imprescindible na visita e onde está situado o Centro de Interpretación dos naufraxios, faros e sinais marítimas.
  • Deportes no Concello Veran 2010

    Nota de prensa que nos envía fran Puga Bestilleiro dendeo Concello de Camariñas e na que se nos indica o programa de deportes para nenos que se levará a cabo este verán en Camariñas.

  • Curso de Conduccion Eficiente

    Nota de prensa enviada pola Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas e na que se nos informa sobre o próximo curso que terá lugar en Camariñas e que tratará de mostrar aos participantes unhas normas básicas para a conducción eficiente dun automóbil. Para máis información podedes pasarvos polo blog http://residuosma.blogspot.com/

  • Fin do Curso das Escolas Municipais

    Nota de prensa que nos envían dende o Concello de Camariñas e na que se nos indican as próximas actividades que se realizarán con motivo do fin de curso das Escolas Municipais.

  • Prestacion economica por fillos

    Nota de prensa enviada pola Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Camariñas na que se nos comunican os requisitos para optar pola prestación económica que se otorga por ter fillos menores de 3 anos.

  • Axudas de prevencion e apoio as familias

    Nota de prensa que nos envían dende a Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Camariñas e na que se nos explica as próximas axudas que están dispoñibles para as famialias camariñanas.