• Talleres educativos ao longo do curso escolar 2011-12

    Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas através da Concelleria de Servizos sociais,igualdade e saúde, despois de xuntanzas cos equipos directivos dos centros escolares , vai desenvolver en colaboración cos centros de educación infantil e primaria  de Camariñas, Ponte do Porto e IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto os seguintes talleres o longo do curso escolar.
  • IV Festa da Palilleira

    Cartel da VI Festa da PalilleiraIV Festa da Palilleira que terá lugar o sábado, día 10 de decembro, no pavillón municipal de Camariñas; axuntamos  ficha de inscrición para tódalas palilleiras que estean interesadas en participar.Durante a celebración terán lugar actuacións folclóricas en horario de maña e tarde. As/os modelos participantes no desfile serán voluntarios/as do Concello de Camariñas, achegamos ficha de inscrición. Pasarán prendas realizadas, con Encaixe de Camariñas, por firmas colaboradoras coa Mostra do Encaixe.

     

  • Oferta de traballo en SEAGA

    Cartel da oferta de traballoEsta semana a empresa SEAGA abríu o prazo para as ofertas de emprego para os traballos de incendios do ano que ven. Todos aqueles veciños que estiveran anotados o ano pasado poderán comprobar por internet na páxina www.epseaga.com a súa situación e mirar de actualizar os méritos.
  • Proxecto "Xuventude e Desenvolvemento"

    Programa Desenvolvemento e XuventudeA mocidade camariñán participará no proxecto europeo Ypad xunto coa de outros cinco concellos europeos. O Concello de Camariñas participa no Proxecto “Xuventude e Desenvolvemento” do programa Europa dos Cidadáns da UE, ”, YPAD . Participarán mozos e mozas de 18 a 25 anos de seis concellos de España, Italia, Suecia e Finlandia.  No proxecto traballarase coñecendo as experiencias dos municipios socios en desemprego, formación, autoemprego, proxectos emprendedores e mellora da comunicación entre os concello e a xuventude.
  • A Consellería de Educación convoca 30 prazas de colaboradores bolseiros

    Concello de Camariñas

    A Consellería de Educación convoca 30 prazas de colaboradores bolseiros nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo:
  • PRÓXIMA APERTURA DAS LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

    Concello de Camariñas

    Está prevista a apertura das listas de persoal temporal do Servizo Galego de Saúde para o mes de setembro. Entre outras nas seguintes categorías: Médico / a , enfermeiro / a, técnico / a en coidados auxiliares de enfermería, auxiliar administrativo / a, celador / a, albanel, electricista, fontaneiro / a , condutor / a, pinche de cociña telefonista... É obrigatoria a inscrición electrónica no novo sistema informático expediente-e profesional para poder anotarse nas listas.  As persoas interesadas poden inscribirse xa no expediente-e dispoñible na páxina web do Servizo Galego de Saúde.
  • Convocatoria procesos selectivos para o ingreso na Xunta de Galicia

    Concello de Camariñas

    A Xunta de Galicia vén de convocar a finais do mes de xullo procesos selectivos para cubrir prazas correspondentes á oferta de emprego público de 2009 a través de acceso libre en varias categorías.
  • Convocatoria recoñecemento competencias profesionais

    Concello de Camariñas

    Convocatoria recoñecemento competencias profesionais. Listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas. As persoas que se anotaron á convocatoria pública da Xunta de Galicia segundo a Resolución do 17 de marzo de 2011 (DOG 28/03/2011)  para o recoñecemento das competencias profesionais de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e Atención a persoas dependentes en institucións sociais xa poden consultar a través da páxina oficial da Xunta de Galicia a listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas.
  • Video promocional de Camariñas

    O Concello de Camariñas ven de estrenar recentemente na súa web unha serie de dous videos co fin de promocionar, entre outras, as excelencias paisaxísiticas do noso concello polos catro puntos cardinais. Dito video foi financiado pola Deputación Provincial da Coruña e realizado integramente polo Grupo La Voz de Galicia. Grupo que experimentou un gran salto de calidade ao fundar o seu propio canle de televisión coñecido por todos como V Televisión. A producción audiovisual céntrase principalmente nos aspectos máis turísticos do Concello de Camariñas. Ademáis podemos escoitar pequenos cortes onde visualizamos entrevistas a diversos persoeiros representativos de Camariñas coma o Alcalde Pichurri e a Lola de Xaviña como Presidenta das Mariscadoras entre outros. 
  • Economía e Industria impulsa o comercio de proximidade coa creación do “Portal do comerciante”

    Concello de Camariñas

    Este Portal pioneiro é unha ferramenta útil e accesible, con contidos especializados para impulsar a mellora competitiva do sector. A Web facilita aos comerciantes o acceso a unha “Asesoría On-line” para realizar consultas realizar consultas rápidas a expertos da Dirección Xeral de Comercio.
  • Xornadas informativas e de divulgación para persoas vinculadas ao mar

    Cartel promocional das Xornadas do Concello

    O día 20 de xullo de 2011 ás 17:00 horas comenzará no Centro de Iniciativas de Camariñas (local situado a carón do Centro de Saúde) estas xornadas onde informarase sobre o certificado de profesionalidade de redeira/o e divulgarase a formula cooperativa como alternativa empresarial para actividades vinculadas ao mar, presentandose as experiencias da federación de redeiras de Galicia e o turismo mariñeiro liderado pola Confraría de Lira (Carnota). Esta actividade encadrase dentro da Rede Eusumo da Consellería de Traballo e Benestar e está organizada pola Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas e pola federación de cooperativas de Galicia SINERXIA.

     

  • 40 novos postos de traballo no Concello

    Concello de CamariñasO ano pasado levamos adiante un plan especial de emprego para contratar o maior número de traballadores posible que nos permitira o noso presuposto. O traballo previo consistíu na solicitude de axudas en materia de contratación. Se ben é certo que os concellos non teñen competencias en emprego, o Concello de Camariñas distínguese por acercar estes servizos ós nosos veciños. Somos dos poucos concellos que contan cun servizo de orientación laboral. Na Casa de Pedra dispoñemos dunha máquina para selar o paro ca huella dixital. E temos o despacho sempre aberto para atender as demandas de tódolos veciños.
  • Praza Policía Local:Convocatoria da terceira proba

    A devandita proba terá lugar o día 6 de xullo, as 10:00 horas, na pista de atletísmo de Elviña, (Campus de Elviña, pertencente á Universidade de A Coruña, localidade de A Coruña). Con posterioridade a proba de natación realizarase na piscina do INEF ( Bastiagueiro - Oleiros)

     

  • Actuación da Escola Municipal de Teatro

    Concello de CamariñasO vindeiro sábado 2 de xullo ás 20:00h a Escola Municipal de Teatro representará unha divertida e amena obra na Casa de Pedra de Camariñas. Os rapaces dirixidos por Bernardino Martínez poñerán o colofón desta forma a todo un exercicio adicado ao teatro e de seguro que estarán arroupados polos seus pais que non se perderán un detalle da ópera prima dos seus filliños. Esperamos que os nervos non inflúan ante as cámaras que alí destacará camarinas.eu para cubrir informaticamente este acto e presenciemos unha representación redonda. Sorte a todos os nenos.
  • Convocatoria recoñecemento competencias profesionais

    Concello de Camariñas

    As persoas que se anotaron á convocatoria pública da Xunta de Galicia segundo a Resolución do 17 de marzo de 2011 (DOG 28/03/2011)  para o recoñecemento das competencias profesionais de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio e Atención a persoas dependentes en institucións sociais xa poden consultar a través da páxina oficial da Xunta de Galicia a listaxe provisional de admitidos e excluídos.
  • Axudas para adecuación de infraestructuras, compra de activos fixos.

    Cartel informativo das axudas

    A Conselleria de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia abre ata o 27 de xullo de 2011 o prazo para solicitar axudas para adecuación de infraestructuras, compra de activos fixos (bicicletas, piragüas, equipos de golf etc) e outros investimentos que incentiven o turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre. Para obter máis información sobre estas axudas podes realizalo na Axencia de desenvolvemento local de Camariñas na Casa de Pedra.
  • AXUDAS A ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS QUE REALICEN ACTIVIDADES CULTURAIS

    Concello de Camariñas

    A Consellería de Cultura e Turismo destina 300.000 euros para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais que desenvolven as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas e actividades culturais. Inclúense nesta orde os programas e actividades desenvolvidos desde o 1 de xaneiro de 2011 ata o 31 de marzo de 2012.
  • Horario de renovación da tarxeta de demanda ou mellora de emprego no verán na Casa de Pedra

    Concello de Camariñas

    Debido á entrada en funcionamento do horario de verán lembrámosvos que entre o 15 de xuño e o 15 de setembro  o horario para renova-la tarxeta de demanda ou mellora de emprego no Punto de Información Dixital da Xunta de Galicia instalado na Casa de Pedra é de luns a venres de 8:00 a 14:00.
  • Concerto Fin de Curso 2010/11

    Este xoves celebrarase o concerto fin de curso da Escola Municipal de Música

    A Escola Municipal de Música celebrará un concerto especial fin de curso este xoves 16 de xuño de 2011 ás 8 da tarde no CEIP "O Areal" de Camariñas onde participarán todos os alumnos de dita escola. Entre os cales están : ESCOLA MUNICIPAL DE GAITA, ACORDEÓN E PERCUSIÓN TRADICIONAL. Esepramos ver aos nosos rapaces e rapazas neste concerto dar  o mellor de si mesmos e demostrar a todos os emicionados asistentes todo o que aprenderon neste curso. Moita sorte e felicidades.
  • Actividades Verán Concello 2011

    Un amplio abanico de actividades inundará as xornadas do verán camariñán

    Este sábado 11 de xuño de 2011 constitúese unha nova corporación municipal en Camariñas e como herencia recibe o legado da organización das actividades de verán ao longo de todo o Concello. Un programa amplio e diversificado diseñado pola que foi a anterior concelleira de cultura e deportes na que punto estrela do mesmo reluce a figura do Obradoiro Deportivo e Cultural. O programa lúdico-deportivo continúa polo tanto como forte aposta da corporación municipal a pesares do forte esforzo que elo trae aparellado e todo elo para facer do verán 2011 en Camariñas un período de lecer no cal os nosos cativos non darán por perdido nin un segundo.