O Concello de Camariñas, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultores, comezou a campaña de batidas de vespa velutina o pasado día 12 de febreiro, ca colocación de trampas piloto para facer unha sondaxe da situación actual. Procederase á revisión das mesmas cada quince días. Observáronse, a estas alturas de febreiro, varias trampas con velutinas dentro, debido ás temperaturas suaves que se deron durante todo o inverno. O insecto adiantou o seu ‘espertar latente’ e volve estar activo antes do habitual.
O Concello de Camariñas acollerá este ano a xornada de diversidade funcional organizada por Íntegro, a ‘Asociación de persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra’, que terá lugar no último trimestre do ano aínda que aínda non está definida a data concreta.
A redución dunha hora e media na xornada do pediatra de Camariñas e a alarmante situación que padecen moitos Concellos de Galicia pola reiterada ausencia deste servizo fixo que a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, se puxese en contacto co xerente do Sergas, Luis Verde, para aclarar a situación e coñecer os plans da Consellería de Sanidade para o municipio.Durante o transcurso da conversación, Luis Verde asegurou que Camariñas continuará contando co servizo de pediatría durante todos os días da semana cunha atención continuada de 4 horas.
Páxina 2 de 16