• Os envases lixeiros ao contedor amarelo

    Os envases lixeiros ao contedor amarelo

    No mes do marzo o Concello de Camariñas comeza unha campaña para promocionar o deposito de envases lixeiros nos contedores amarelos. O obxectivo é mellorar a recollida selectiva e reducir o depósitos impropios nos contedores amarelos, que alcanzan o 28% na actualidade.
  • ITV para ciclomotores, motos e quads no Concello de Camariñas

    ITV para motos, quads, etc..

    Este 21 de marzo de 2012 a unidade móbil da ITV estará presente no Pavillón Municipal O Areal de Camariñas para realizar as inspeccións técnicas periódicas e pertinentes para CICLOMOTORES, MOTOS E QUADS. Supervisión y Control S.A., empresa que ten a concesión para revisar os nosos vehículos asignará hora de atención ao público directamente no polideportivo así que calqueira persoa que necesite facer a ITV a calqueira tipo destes vehículos terá que acercarse ata o pavillón este 21 de marzo onde o atenderán os operarios desta empresa. Camarinas.eu informará de próximas noticias e anuncios sobre a presencia da unidade móbil da ITV no noso concello.
  • Realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

    Concello de CamariñasO 5 de marzo saíu no DOG a convocatoria de axudas para realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012 ,destinada ao alumnado de centros docentes sostidos con fondos públicos. Está dirixido a alumnado de 6º de primaria , ESO e Bacharelato. Os alumnos poden aprender Inglés, francés e alemán dependendo do curso no que se atopen. No seguinte enlace atopase toda a información :http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120305/AnuncioG0164-240212-12650_gl.html . Para máis información acudir os centros escolares.
  • 85 RECLAMACIÓNS NA OFICINA DE CONSUMO DE CAMARIÑAS

    Datos das reclamacións na Oficina Municipal de Consumo

    A Oficina Municipal de Información ao Consumo do Concello de Camariñas, OMIC, é un servizo que se presta á cidadanía dende a Axencia de Desenvolvemento Local dende hai máis de unha década. Na OMIC infórmase e asesórase aos consumidores e usuarios sobre os seus dereitos e tramítanse as reclamacións de consumo ante o Instituto Galego de Consumo ou ante as propias empresas.
  • Cursos de Linga Galega CELGA 1

    Concello de Camariñas

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca cursos gratuítos en liña para preparar a proba do Celga 1 de galego.  Os cursos son de nivel elemental e están pensados para estranxeiros e para persoas que non teñan coñecementos de galego
  • Recoñecemento de Competencias Profesionais

    Concello de Camariñas

    A Xunta de Galicia abriu a convocatoria do recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
  • Axudas da Deputación da Coruña para asociacións

    Concello de Camariñas

    Ata o 15 de marzo de 2012 estará aberto o prazo para realizar as solicitudes de subvencións de asociacións e agrupacións de veciños ás liñas de axudas promovidas pola Deputación da Coruña. Para actividades e investimentos culturais, depromoción económica, para eventos deportivos ou para actuacións de Confrarías de Pescadores e agrupacións agrogandeiras e forestais. Máis información nesta web no apartado de Axencia de Desenvolvemento Local.
  • Obradoiros educativos no Concello de Camariñas

    Concello de Camariñas

    Durante do mes de marzo Colaborando co IES Pedra da Aguia traballaremos cos rapaces e rapazas de 1º da ESO .Tentando desenvolver actividades de busca de información ,organización da información e  resentación dun traballo. No CEIP “O Allo” desenvolveremos un obradoiro de mellora da lectura, de similares características o que xa se le-varon a cabo o trimestre pasado cos/as alumnos/as de 5º de primaria no CEIP “O Areal de Camariñas”.
  • Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de 3 anos

    Concello de Camariñas

    A Consellería de Traballo e Benestar establece as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas  menores  de tres anos  para o ano 2012.   Poderán ser beneficiarios aquelas persoas que teñan menores de 3 anos ao 1 de xaneiro de 2012 (nados entre o 2-1-2009 e o 1-1-2012, inclusive) e que, durante o ano 2010, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. Tamén se poderán acoller a esta axuda no caso de fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2010 e o 31 de decembro de 2011; así como os estranxeiros que residan en Galicia sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000 e os requisitos establecidos nesta norma e tivesen a condición de contribuínte para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF.
  • Obrigatoriedade de solicitar cita previa en toda a rede de Oficinas de Prestacións do Servicio Público de Empleo Estatal da provincia da Coruña

    Concello de Camariñas

    Dende a Axencia de Desenvolvemento Local informámosvos de que recibimos unha comunicación no concello por parte da Dirección Provincial da Coruña do Ministerio de Empleo y Seguridad Social comunicándonos que a partir do 16 de febreiro de 2012 implantarase no Servicio Público de Empleo en toda a súa rede de oficinas de prestacións da provincia da Coruña un novo servizo de atención ó cidadán. As persoas que necesiten realizar calquera trámite ou xestión sobre prestacións por desemprego serán atendidas mediante o sistema de cita previa.
  • Convocatoria de probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2012

    Concello de Camariñas

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 16 de xaneiro exames para a obtención dos carnéts profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2012 das seguintes especialidades:

  • Axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, marisqueo e acuicultura

    Concello de Camariñas

    Esta axuda da Consellería do Mar ten de prazo ata 31/1/2012. Pode acadar ata o 60% dos gastos subvencionables e contempla, ademais de axudas para mellora das condicións e comercialización de produtos do mariqueo e acuicultura,  axudas para a comecialización de produtos procedentes esencialmente de desembarcos locais. Esta axuda da Consellería do Mar ten de prazo ata 31/1/2012.Axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, marisqueo e acuicultura.
  • Curso de Galego en Camariñas

    Concello de Camariñas

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, vén de convocar cursos preparatorios de galego para os niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Os cursos son de carácter gratuíto e teñen unha duración de 70 horas. As datas de realización serían entre os meses de marzo e maio. O Concello de Camariñas, a través da Axencia de Desenvolvemento Local, está interesado en solicita-los cursos á Xunta de Galicia para poder impartilos no concello, para iso necesitamos un mínimo de 20 persoas inscritas, quedando supeditada a realización dos cursos á concesión por parte da Xunta de Galicia do permiso correspondente.
  • Cabalgata de Reis Magos 2012

    Os Reis Magos veñen este ano 2012 a Camariñas da man de Juan Cabrejo

    Facer máis con menos. En realidade facer todo con nada, sin que ás arcas do noso concello lle coste un só céntimo de euro. Este é o peculiar modo de levar as cousas na súa concellería de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, Concelleiro de Cultura e Deportes e que este  xoves 5 de xaneiro vai ter un novo exemplo ca celebración da Cabalgata de Reis Magos. Arrancará, arrancou, as 12:00 da mañá no núcleo de Brea, unha especie de Kaliningrado camariñán, para chegar máis ou menos á hora en que se escribe esta noticia, 12:30 h, a Santa Mariña. Logo virán Arou (13:00 h), Camelle (15:30 h), Ponte do Porto (17:00 h), Xaviña (18:30 h) e finalmente Camariñas a partir das 20:00 horas, ben na Praza do Concello ben no Pavillón, dependendo da metereoloxía. Uns cantos empresarios patriotas camariñáns que non deron a espalda ás ilusións de tantos e tantos cativos ao longo do noso concello e fixeron un importante esforzo nestes tempos de crise galopante xunto ca labor imprescindible, necesaria, calada pero vital do persoal municipal de vías e obras (a nosa queirda PMO) e Protección Civil fan posible a realización do evento. Todos eles, mailo Coro de Mulleres, recollen o xusto recoñecemento de Juanillo na nota informativa que adxuntamos.

  • A Xunta de Galicia pecha o criadeiro de ameixa de Camariñas

    Estase a instalar a máis pura desolación no Muelle Novo de Camariñas. Primeiro, foron as inversións muchimillonarias prometidas no seu día a bombo y platillo por Álvarez-Campana (¡¡ay, xa decíamos nos: si de Presidente de Portos de Galicia estuvera un Campaña!!) xunto aos seus mariachis locais para ver si estes por unha vez lograban gañar as eleccións municipais e que nin para eso serviron, inversións que ninguén nunca verá,  volatilizadas na máis pura farsa, despois o intento de golpe de estado no que anda enfrascada unha minoría radical e violenta nesa mesma explanada do Muelle Novo (mesmos cans pero con distintos collares, con perdón para os cánidos), aferrados desesperados como un cravo ardendo a un bar-restaurante, e agora o despido de seis traballadores e o peche dun servizo básico para o sector do marisqueo en Camariñas e en Galicia. Non, polo que se ve non corren moi bos tempos para a explanada do Muelle Novo. En todo caso, aquí en camarinas.eu procedemos a publicar a nota de prensa remitida polo Concelleiro de Urbanismo, Desenvolvemento Empresarial, Mar e Traballo, Sergio Caamaño:

  • A Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo financiaron distintas actuacións levadas a cabo pola Área de Igualdade do Concello de Camariñas

    Secretaría Xeral da Igualdade do Concello de Camariñas

    A Área de Igualdade levou a cabo varias actividades durante este ano 2011 financiadas coas axudas concedidas pola Secretaría Xeral da Igualdade e do Fondo Social Europeo, como foron: O concurso de curtas polo móbil A IGUALDADE. MISSION::POSSIBLE que tivo como principal obxectivo provocar e promover un cambio de mentalidades e reflexións a posicións mais igualitarias na nosa mocidade sempre en colaboración cos centros educativos do municipio. Tamén levouse a cabo unha o establecemento dun PROTOCOLO DE COORDINACIÓN E COOPERACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO “ HAI OUTRO LADO” no que se pretendía  a consolidación e establecemento de estruturas de coordinación e cooperación entre os distintos ámbitos políticos e profesionais de cara a eficaz prevención, detección e intervención na loita contra a violencia de xénero e protección das mulleres vítimas, das súas fillas/os, e das persoas delas dependentes.  Ámbalas dúas actividades tiveron moi boa acollida e aceptación, esperamos seguir nesta liña de colaboración para poder seguir desenvolvendo accións en prol da Igualdade e da eliminación da violencia de xénero.
  • Constitución da Xunta Local de Seguridade no Concello de Camariñas e firma do protocolo contra a violencia de xénero

    Onte tivo lugar no concello de Camariñas a Constitución da Xunta Local de Seguridade que ten como obxectivo principal facilitar unha eficaz coordinación  e cooperación entre forzas e corpos de seguridade que exercen as súas funcións dentro do municipio. É importante pois non só constitúe un órganos de coordinación operativa senón tamén informativa, facilitando cauces de canalización que permitan a colaboración dos sectores sociais e institucionais afectados na correcta planificación  da seguridade pública.
  • Neste Nadal 2011 regala vida

     

    Cartel Doa SangueO Centro de Transfusión de Galicia e o Concello de Camariñas queremos pedirvos que este nadal fagades o mellor regalo: doa sangue.

     

  • Día do Fútbol Sala no Concello

    Juan Cabrejo, o organizador de todos e cantos actos deportivos e culturais se desenrolan dende o Concello de Camariñas

    Cando aquí decimos que corren días de gloria para o deporte no noso concello non se fala por falar. Desta volta o maxín de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o mellor concelleiro de deportes da historia de Camariñas e camiño de ser o mellor concelleiro da historia, así a secas, ideou unha xornada de exaltación e homenaxe ao deporte que dende alá nos anos 80 se presenta como maioritario en participación masiva nas nosas terras: o futbito. E así este venres 23 de decembro, na mañán procederase  na Praza do Mercado á inscripción dun competitivo torneo de 3x3 e á noitiña, a partires das 21:00 horas, celebrarase un partido de altura entre a Asociación Galega de Xogadores de Fútbol Sala e unha Selección de Xogadores da Segunda División B e da Terceira, xente atraída cara o Pavillón Municipal de Camariñas polos cantos de sirea de Juanillo.
  • Seminario de Motivación Emprendedora

    Seminario de Motivación Emprendedora organizado polo Concello de Camariñas

    O sábado realizamos o Seminario de Motivación Emprendedora no Concello de Camariñas. Doce veciños e veciñas asistiron a este primeiro seminario que forma parte dun itinerario formativo de BIC Galicia. Os participantes pertencían a distintos perfís: estudiantes, amas de casa, desempregados, traballadores por conta allea e autónomos. “Emprender é a mellor forma de saír desta crise”. Esa foi a frase que usei para presentar o seminario. E é por iso que dende o Concello de Camariñas estamos traballando para formar e axudar ós emprendedores.