Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Concello de Camariñas
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Acto de despedida no IES Pedra da Águia
Mañana viernes 5 de abril, a las doce del mediodía, el eurodiputado gallego Antolín Sánchez Presedo, el alcalde de Camariñas, el concejal de Desenvolvemento y miembros del grupo local del proyecto europeo YPAD, Young People and Devolpmented, visitarán el IES Pedra da Aguia de A Ponte do Porto. El acto tiene por objeto felicitar y mantener una breve charla con los 20 alumnos de 4º de la ESO que la próxima semana irán a Estrasburgo para asistir, en el Parlamento Europeo, a una jornada de convivencia y reflexión con más de 450 estudiantes procedentes de 21 países comunitarios.
Proxección das fotos de Camarinas Mar
Esta SEMANA SANTA, do 25 ao 31 de marzo, moitas das fotografías que participaron ao través de Facebook ou Instagram no concurso "Camariñas, Toda la Mar" proxectaranse continuadamente no edificio do Faro Vilán nunha pantalla de 50”. Con esta proxección queremos dar as grazas ás persoas que compartiron as súas fotos durante o concurso e ás que nos siguen nas redes sociais.
Cursos de emprego no Concello de Camariñas
O Concello de Camariñas solicitou á Consellería de Traballo e Benestar cursos para persoas desempregadas. Un deles é o de Ebanisteria, especialidade formativa prioritaria da Comarca Terra de Soneira onde Camariñas é o único centro homologado pola Consellería. No entanto, fai máis de 3 anos que a Xunta non concede este curso prioritario a Camariñas. Outro é atención sociosanitaria a persoas dependentes nos domicilios. Ademais o Concello colabora con diferentes entidades para que se impartan os seguintes cursos para desempregados en Camariñas. Estas entidades ten solicitadas á Consellería distintas especialidades. A Asociación Galega de Emprendedores solicitará o Curso Atencion sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais en Camariñas. A Federación Galega de redeiras artesans “O Peirao” solicitará o Curso de redeiras: Confección e mantemento de artes e aparellos de pesca. Por último, no programa de formación para persoas desempregadas da RedeXiana2 da Deputación da Coruña, aínda non iniciado, Camariñas está seleccionada como centro para realizar as seguintes accións formativas: Obradoiros de emprego, Habilidades sociais e comunicativas, Alfabetización informática: internet, Responsabilidade Social, Busca de emprego e novas tecnoloxías, apoio preparación para as probas de competencias clave, Condución económica y eficiente, e Comercialización e venda electrónica.
Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas
CURSO DE GALEGO PREPARATORIO CELGA 4 EN CAMARIÑAS
Informámosvos de que o concello vén de solicitar á Xunta de Galicia a realización dun curso preparatorio de galego nivel Celga 4. O curso terá carácter gratuíto e 70 horas de duración. A realización do curso estará condicionada á concesión por parte da Xunta de Galicia do permiso necesario para a súa impartición e a que se manteña o número mínimo de 20 persoas inscritas. Aínda que se acadaron as inscricións mínimas necesarias para a solicitude dispoñemos dalgunha praza vacante polo que as persoas interesadas podedes aínda anotarvos para o dito curso.
XORNADAS SOBRE AS REDEIRAS E AS ACREDITACIONS PROFESIONAIS
A federación galega de redeiras O Peirao en colaboración coa Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas, impartiran o 14 de febreiro ás 11:00horas no Centro de Iniciativas de Camariñas, una sesion informativa sobre o oficio das redeiras, as acreditacións profesionais e a diversificación do seu traballo con actividades complementarias.
CURSOS DE BUSCA DE EMPREGO NO CONCELLO DE CAMARIÑAS
O Concello de Camariñas, entidade colaboradora do SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia), servizo da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo, desenvolverá nos meses de febreiro e marzo diferentes cursos sobre busca de emprego. O fin é facilitarlle ás persoas interesadas neste tema información e ferramentas que posibiliten o seu acceso ao mercado laboral. Os distintos obradoiros son de carácter gratuíto e serán impartidos pola orientadora laboral. En total ofértanse 4 cursos:
O Grupo YPAD de Camariñas crece
Hai dous anos o Concello de Camariñas logrou entrar nun programa europeo chamado Europe for Citizens Programme. En Borgotaro (Italia) un representante de Camariñas reuníase con outros representantes doutros países onde comezou un proxecto dentro dese programa co nome YPAD, Young People and Development. O obxectivo do programa consistiría en intercambiar boas prácticas entre os municipios socios en temas tan importantes para a xuventude como o desemprego, a formación e o autoemprego.
CHARLA EN CAMARIÑAS SOBRE O AFORRRO DE ENERXÍA E AUGA NO FOGAR
Delia Outes Rey, técnica de Medio ambiente do Concello de Camariñas, vai impartir a última da serie de charlas dirixidas tanto ao alumnado do IES Pedra da Aguia como ao persoal municipal. Ás 11 horas do vindeiro martes 29 de xaneiro, no salón de plenos do concello, vaise celebrar a segunda charla dirixida á veciñanza de Camariñas na que se informará dos medios para reducir o consumo de auga e enerxía no fogar. Detrás está o feito de que os comportamentos aforradores no fogar teñen tamén un impacto medioambiental e social.A charla, apoiada con presentacións, terá unha duración dunha hora e se desenvolveran os seguintes temas:
Contratación dun Técnico de Igualdade para o Concello de Camariñas
ANUNCIO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS DE PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO, DUN/DUNHA TÉCNICO/A DE IGUALDADE QUE SE ENCARGARÁ DO DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS SUBVENCIONADAS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA NO MARCO “DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA PARA O DESENVOLVEMENTO DE POLÍTICAS DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES E DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO ANO 2012”
Encontros de Encaixeiras e Cursos na XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas
Dende o Concello de Camariñas comuinícasenos que xa está aberto o prazo de inscripción para participar nas xuntanzas e nos cursos que se realizarán na XXIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. Son éstas actividades que esta semana nos amosaron á redacción de Camarinas.eu dúas das novidades que se presentarán progresivamente mentras se vaia acercando unha das datas máis importantes no calendario económico e festivo do Concello de Camariñas.
IV ANDAINA "COÑECE CAMIÑOS" RUTA DA INSUA (XAVIÑA)
Con motivo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xenero, o Concello de Camariñas organiza a IV Andaina "Coñece Camiños" esta vez pola Ruta da Insua, na parroquia de Xaviña.
Concurso Cartel Mostra do Encaixe 2013
O Concello de Camariñas convoca a I edición do Concurso de Carteis que ten como obxectivo premiar ao mellor traballo para a difusión e coñecemento da XXIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, certame comercial e cultural de ámbito internacional, que se celebra sempre en Semana Santa, esta edición coincide desde o 27 ao 31 de marzo de 2013.O cartel gañador non só cumprirá a función como tal, senón que servirá de base da imaxe de toda a campaña da Mostra do Encaixe, polo que se valorará a súa facilidade de aplicación para soporte en papelería, diplomas, prensa, banners, etc. A convocatoria e as súas bases publicaranse na páxina web do Concello de Camariñas www.camarinas.net. e tamén se anunciará a través dos medios de comunicación.
Actos conmemorativos do 122 Aniversario do afundimento do Serpent
Un clásico dos actos oficiais verá a súa edición do 2012 este sábado 10 de novembro. Ca presencia do Alcalde camariñán Pichurri, do Delegado en Galicia da Real Liga Naval Española (¿?) José Manuel Pato González, do escritor Juan Campos e do Deseñador Antonio Pernas a partires das 22:30 e baixo o fondo musical do Coro Municipal darase cumprida homenaxe aos náufragos da maior traxedia marítima da Costa da Morte no entorno salvaxe do Cemiterio dos Ingleses. Sin un só representante das autoridades británicas, que se saiba. Tal vez e pasando por enriba de comparacións odiosas haia que preguntarse se na Gran Bretaña honran as pequenas vilas costeiras a aqueles mariños españoles, maiormente galegos, que se esnaquizaron contra as rochas británicas por mor dos elementos alá na expedición da Armada Invencible.
XORNADA DE PRESENTACIÓN DE AXUDAS ÁS EMPRESAS E EMPRENDEDORES
A Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas e o
Plan Revive da Costa da Morte do IGAPE
organizan unha xornada para presentar as axudas ás empresas e emprendedores de cara aoano 2013. Colabora a Asociación de Empresas do Sector Turístico de Camariñas.
Obradoiros de Memoria no Concello de Camariñas
O Concello de Camariñas organiza un obradoiro de memoria para os nosos maiores este 14 de novembro de 2012.
Nota do Concello de Camariñas sobre ciclos formativos falsos
Dende o concello vimos de detectar a existencia dun portal de Internet denominado ciclosformativosfp.com no que aparece información sobre supostos ciclos formativos de grado medio e superior a distancia en Camariñas. Ó final da información ofrecida por este portal aparece un mapa de Camariñas así como os datos de contacto do concello.
PROGRAMA “A Igualdade: MISSIÓN POSSIBLE”
OBRADOIROS DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NOS CENTROS EDUCATIVOS. PROGRAMA “A Igualdade: MISSIÓN POSSIBLE”
Dende a Área de Igualdade temos o pracer de informarlles que estamos a realizar distintos obradoiros nos centros educativos que se enmarcan dentro do programa de traballo preventivo e de concienciación no ámbito escolar “A Igualdade: MISSIÓN POSSIBLE” que estamos a desenvolver dende fai 5 anos. Os obradoiros comezaron onte día 3 de outubro no CEIP “O Areal” de Camariñas.
XOVES DE CAMARIÑAS VIAXAN A FORLÍ (ITALIA)
Unha delegación do Concello de Camariñas participou, do 24 ao 27 deste mes, no terceiro encontro do proxecto europeo Ypad no que este municipio participa xunto con outros catro municipios de Italia, Suecia e Finlandia dentro do programa Europa de los Ciudadanos. Cinco personas compoñían a delegación que acudiu a este encontro: Sergio Caamaño, concelleiro de desenvolvemento e Emilio González, técnico de desenvolvemento, representaron ao concello, acompañados por tres xoves camariñáns pertencentes ao grupo local do proxecto: Silvia Tedín, Isabel Dios e Jose Manuel Rodriguez.
ITV para ciclomotores no Concello de Camariñas
A unidade móbil de ITV estará no Concello de Camariñas para realizar inspeccións técnicas periódicas de CICLOMOTORES, MOTOS E QUADS o próximo 23 de outubro de 9:00 a 13:30. Supervisión y Control S.A., empresa adicada a realizar todas estas inspeccións, asignará hora de atención ao público directamente no polideportivo. Para calquer consulta pode dirixirse ao Concelleiro de Urbanismo e Desenvolvemento Local do Concello Sergio Caamaño na Casa de Pedra ou ben chamando ao 981 73 70 04.
Cursos de informática en Camariñas este setembro
Durante os meses de setembro a decembro o Concello de Camariñas xunto ca rede CeMIT organizarán varios cursos de informática no Centro de Iniciativas (ao lado do centro de saúde). O primeiro curso será de iniciación a informática e realizarase do 25 de setembro ao 27 de 17:00 a 19:00.
Páxina 8 de 16
Comezo
Prev
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
Seguinte
Fin
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
ASPADEX en Aldea Madeira
Conservas Boya 24-31 Atlética Avilesina
Os reis magos poñen o broche de ouro ao Nadal 2018 en Camariñas
Aprobado o Parque Empresarial da Ponte
Papá Noel visitará todas as parroquias do Concello de Camariñas