• Os Reis Magos entrarán en Galicia polo porto de Camariñas

    Os Reis Magos de Oriente entrarán a Galicia en barco por Camariñas o 5 de xaneiro para repartir regalos e ilusións por todos os fogares. A cabalgata, que arrincará ás 11 horas coa recepción no porto ás Súas Maxestades, percorrerá todas as parroquias ao longo da xornada. A tradicional cabalgata este ano, por mor das restricións sanitarias, non terá paradas nin se lanzarán caramelos pero percorrerá ás rúas do municipio. Para solucionar isto, últimos días os Reis están enviando ás casas de todos os nenos e nenas de Camariñas unha carta e unha bolsa de gominolas.

  • O concello remata as obras de mellora dos accesos do paseo marítimo de Camelle

    O Concello de Camariñas rematou as obras de mellora dos accesos do paseo marítimo de Camelle, que contaron cun orzamento total de 68.232,43 euros. A alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Obras, Sergio Caamaño e a concelleira Begoña Tajes acudiron esta mañá ao acto de recepción das mesmas.

  • O Nadal 2020 traerá a Camariñas obradoiros, concertos, contacontos e a visita de Papá Noel e os Reis Magos

    O Concello de Camariñas fixo pública hoxe a programación de actividades para este Nadal, que conta con obradoiros, concertos, contacontos e contempla as visitas de Papá Noel e os Reis Magos. En todas as actividades que sexan presenciais o goberno local optou por crear grupos reducidos como medida de prevención ante a COVID-19 e ademais aplicaranse todas as restricións e precaucións recomendadas polas autoridades sanitarias.

  • O Concello de Camariñas acende o Nadal en todas as parroquias

    A alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, levou a cabo hoxe o acendido da iluminación de Nadal, que chegará outro ano máis a todas as parroquias do municipio. No acto a rexedora destacou que “nós non nos imaxinábamos un Nadal coas rúas escuras. Xa houbo e hai suficiente pesimismo. É momento de ter ilusión” e “as luces tamén axudan a dinamizar o comercio e á hostalaría, que tanto están a sufrir coa pandemia. Non podíamos fallarlles” e lembrou que “as luces tamén axudan a dinamizar o comercio e á hostalaría, que tanto están a sufrir coa pandemia. Non podíamos fallarlles”. Instaláronse elementos decorativos tanto nas rúas como nas prazas e nos diferentes espazos públicos de todo o municipio.

    Sandra Insua destacou que “nós non nos imaxinábamos un Nadal coas rúas escuras. Xa houbo e hai suficiente pesimismo. É momento de ter ilusión”.

  • O Concello comeza a tramitar a titularidade da carretera do Faro

    O Concello de Camariñas comezou coa tramitación para que a estrada ao faro Vilán sexa de titularidade municipal. Hoxe tivo lugar a reunión cos técnicos da Autoridade Portuaria, a quen pertence esta vía, e ao acto acudiron a alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Urbanismo, Sergio Caamaño e a concelleira de Turismo, Encarna Liñeiro.

  • Máis de 100 nenos e nenas participaron nos campamentos de verán do Concello de Camariñas

    A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, clausuraron este venres pasado os campamentos de verán nos que participaron 109 nenos e nenas, divididos entre os Obradoiros de Conciliación e as Actividades Náuticas, que comezaron o 25 de xuño e se levaron a cabo aplicando un completo protocolo de seguridade para evitar contaxios por Coronavirus.

  • Camariñas, Muxía e Vimianzo solicitarán 1 millón de euros para mellorar o emprego e a formación

    Este venres 28 de febreiro, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; e o alcalde de Muxía, Iago Toba; firmaron en Muxía un acordo para traballar conxuntamente en tres proxectos que permitirán mellorar o emprego e a formación nestes municipios.

  • Venres 21 de xuño: Noite de Solpor na Virxe do Monte de Camariñas

    Este venres 21 de xuño, terá lugar o solsticio de verán, o día máis largo do ano e que serve para comezar unha nova estación no hemisferio norte. En Camariñas, os veciños e veciñas daranlle un ano máis a benvida ao verán na ‘Noite do Solpor’.

  • Sandra Insua consegue traer compromisos específicos de Costas do Estado para o Concello de Camariñas

    Este pasado 13 de xuño de 2019 a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, e varios membros da actual corporación e do futuro goberno do municipio, mantiveron unha reunión co xefe da Demarcación de Costas da Coruña, Rafael Eimil, para coñecer o estado dos proxectos que ten o Estado para Camariñas.

  • O Concello de Camariñas iniciará en breve a reurbanización da Rúa Río do Prado

    Este martes 11 de xuño a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, mantivo un encontro co director de obra e o contratista que deron o visto bo definitivo para autorizar o comezo inminente das obras de reurbanización da rúa Río do Prado, en Camariñas. O Concello de Camariñas continúa a súa aposta pola seguridade viaria e a mellora dos equipamentos no municipio. Así, na rúa Río do Prado levarase a cabo unha actuación valorada en 206.236,08 euros, financiados a través do Plan Único da Deputación, co obxectivo de reurbanizar un tramo desta vía a través da construción de beirarrúas, a pavimentación e a dotación de saneamento e recollida de pluviais.

  • Programación cultural e deportiva para o verán 2019 do Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas vén de publicar a súa programación cultural e deportiva para o verán. Así, durante os meses de xullo e agosto de 10 a 13:30 horas, os nenos e nenas do municipio terán unha alternativa de ocio que permitirá facilitar a conciliación das familias. Desde as áreas de Cultura e Deportes do Concello deseñaron unha serie de obradoiros destinados a satisfacer as demandas dos máis pequenos e abarcando todas as idades.

  • O Concello de Camariñas programa charlas para a prevención de timos, roubos e abusos ás persoas maiores

    O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social organizará no mes de xuño no Concello de Camariñas charlas sobre 'Prevención de timos, robos y abusos a las personas mayores', que estarán impartidas polas forzas e corpos de seguridade do Estado.

  • O Concello de Camariñas aproba unha modificación puntual do PXOM

    O pleno do Concello de Camariñas aprobou este 21 de maio, en sesión extraordinaria, a modificación puntual nº1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente no noso municipio. O obxectivo desta modificación era resolver algúns erros detectados, actualizar puntos para adaptalos á normativa vixente e aclarar determinadas situacións. Agora remitirase ao órgano autonómico competente para a súa aprobación definitiva.

  • O Concello de Camariñas fomenta a inclusión e normaliza a diversidade entre os escolares do municipio

    O departamento de Asuntos Sociais do Concello de Camariñas deseñou un programa de charlas e saídas dirixido aos escolares de todo o municipio para fomentar a inclusión e normalizar a diversidade que existe na nosa sociedade. Este programa dá comezo hoxe, venres 31 de maio, coa primeira das charlas de introdución a diversidade funcional que recibirán os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP de Camariñas. O luns, 3 de xuño, serán os seus compañeiros do CEIP Ponte do Porto os que asistan a esta actividade.

  • Oferta de emprego: O Concello de Camariñas convoca probas para a contratación de sete peóns

    O Concello de Camariñas vén de facer público o proceso de contratación de sete peóns ao abeiro da liña de axudas para a contratación ‘PEL Concellos’, promovida pola Deputación da Coruña dentro do seu Plan de Emprego Local para e dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día seguinte da publicación das axudas polo que a recepción de solicitudes rematará o vindeiro 11 de xuño. As tarefas das que se encargarán estes operarios municipais serán: traballos de mantemento e limpeza de cunetas e taxeas das vías e pistas do Concello; desbroces e limpezas, melloras no firme, arranxos en beirarrúas, prazas, sumidoiros e muros...

  • O Concello de Camariñas convoca tres prazas de técnico para a Oficina de Turismo do municipio

    O Concello de Camariñas oferta a contratación laboral temporal de dous técnicos para a Oficina de Turismo de Camariñas a tempo parcial, e unha praza a tempo completo. Os postos están dirixidos a persoas formadas en Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística; Técnico en Empresas e Actividades Turísticas; grao ou diplomatura en Turismo, en Ciencias Empresariais e Turismo, en Historia do Arte, en Humanidades, en Xeografía e Ordenación do Territorio, ou en Historia.

  • O Concello de Camariñas comeza o arranxo da pista de Reira

    O Concello de Camariñas comezou esta semana as obras para arranxar a pista de Reira. Os traballos, levados a cabos con fondos municipais, permitirán que o tramo da pista desde Camariñas ata o Cemiterio dos Ingleses quede listo antes da festividade da Semana Santa.

  • O Concello de Camariñas extende o Servizo de Axuda no Fogar

    O Concello de Camariñas continúa coa súa firme aposta por reforzar os Servizos Sociais municipais. Así, desde o 1 de abril, estendeu a cobertura do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) aos usuarios de grado un para cubrir a totalidade dos demandantes por primeira vez. Antes do mes de abril o SAF contaba con 90 usuarios que se atendían de luns a venres a través de 14 horarios de mañá e dous de tarde e a fin de semana con cinco de mañá e dous de tarde. Agora, con este aumento, pásase a atender a 103 usuarios cun horario máis de luns a venres, 15 en total.

  • Portos de Galicia abandona á súa sorte ao paseo marítimo de Camariñas

    A alcaldesa Sandra Ínsua, lamenta a deixadez de Portos de Galicia repecto ao porto de Camariñas e concretamente na pasarela de madeira para os vehículos e os paneis laterais de cristal da pasarela peonil da Dársena que están en mal estado. O Concello cumpriu o acordo chegado con Portos para arranxar a pasarela de madeira, pero PORTOS o incumpriu ao non amañar os paneis de cristal. A entidade portuaria comprometeuse a facer un informe propio no que contemple posibles alternativas xa que actualmente só existe un informe municipal no que se conclúe que o problema é derivado dunha deficiencia estrutural. A alcaldesa manifesta a súa indignacion ante a situación da ponte da dársena que segue pechada pese o compromiso de Portos de arreglala.

  • O Concello de Camariñas aproba un orzamento de preto de 5 millóns de euros e aumenta a súa aposta polos servizos sociais

    O goberno local de Camariñas continúa a apostar por mellorar os servizos sociais, a promoción e a mellora do municipio. Así se desprende do orzamento municipal para o 2019, aprobado onte no pleno do Concello de Camariñas cos votos a favor do PSOE, a abstención do BNG e en contra do PP. O documento, equilibrado en gastos e ingresos, ascende este ano a 4.911.330’34 euros, só 89.669’66 euros menos co do ano pasado. O goberno fai así un importante esforzo para manter esta cifra xa que en 2018 os ingresos foron maiores como consecuencia da revisión catastral, polo que se cobrou o padrón dos catro exercicios anteriores.