Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Comunións na Ponte
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Comunións de Corpus 2018 na Ponte do Porto
Este domingo 3 de xuño celebrábanse na Igrexa Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto as típicas comunións de Corpus Christi ante un templo porteño abarrotado de familiares e amigos que non se quixeron perder este importante evento nas vidas destes cinco nenos porteños. Jason, Iria, Pablo, María e Íker tomaron por primeira vez o corpo de cristo, alimento vital da nosa alma cristiana, da man do noso querido Páter Don Eduardo Puga ante as felices e orgullosas catequistas que vían aos seus pequenos alumnos como se transformaban nuns auténticos cristianos. Os pequenos portáronse xenial neste importantísimo momento da súa vida que foi inmortalizado polos
fotógrafos de Viéndote Crecer Fotografía Infantil de Camariñas
. Despois da ceremonia e das fotos chegou o momento da festa e dos xogos que os afortunados pais destes excelentes nenos e nenas lles tiñan preparado nos seus respectivos restaurantes. E dende aquí tan só felicitar a estes preciosos nenos, as súas familias e tamén a todas as catequistas polo gran traballo realizado no día da primeira comunión destes pequenos porteños. Noraboa a todos!
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Gastronomia Camarinas.eu: Caldo - Bolos de Pote
Mister X: Reira, o nome dunha cadeliña maltratada
Camariñas presenta a Mostra do Encaixe na Casa de Galicia de Madrid
Oferta de emprego: O Concello de Camariñas convoca probas para a contratación de sete peóns
UNHA PANTALLA LUMINOSA PARA APOIAR AO COMERCIO LOCAL DE CAMARIÑAS