Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Cine
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Death Coast Cinema Club: David Lean, domador de superproduccións
David Lean, o director de catro obras maestras absolutas, foi o artesano que soubo facer das películas con grandes orzamentos, con miles de extras e con grandes estrelas de Hollywood nos principais papeis, xoias do séptimo arte. El puente sobre el Río Kwai, Lawrence de Arabia, Doctor Zhivago e La Hija de Ryan son os catro filmes que dende hai tempo están por dereito propio no olimpo dos deuses da cinematografía. Por eso ninguén mellor que Luis Esteiro Ramos, o redactor de cine de camarinas.eu, para dar un repaso a súa gran obra.
Death Coast Cinema Club: Charlton Heston
camarinas.eu réndelle tributo a Charlton Heston, un dos mellores actores da historia
Adeus a un home de ferro
camarinas.eu con motivo da súa morte réndelle homenaxe a un dos actores máis grandes da historia do cine: Charlton Heston. Actor de gran presencia física, home sacrificado, loitador polos seus ideais, non dubidou en manifestarse nos anos 60 polos dereitos civís da poboación negra dos USA ao lado de Martin Luther King. Sen embargo, nos últimos anos da súa vida foi inxusta e fanáticamente lapidado por orondos demagogos sin talento pola súa defensa do dereito plasmado na Constitución norteamericana a portar armas de fogo. Vaia dende aquí esta pequena homenaxe firmada polo noso redactor de cine, Luis Esteiro Ramos.
Rodaxe da serie documental da TVG "Historias de Galicia" con actores de Camariñas
É coñecido o talento dos camariñáns nos máis diversos eidos da arte: escritores, cantantes, músicos, periodistas, pintores, etc.. e si había un oco era o do mundo da interpretación, cuberto agora por estos catro Camariñáns (un deles adoptivo) que dende fai uns días acuden diariamente ao Concello de Cabana para participar na serie documental da TVG "Historias de Galicia". Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha galería de fotos das rodaxes.
Subseccion DCCC: Tipos duros no cine
Alá onde o sistema falla, xa está Charles Bronson para limpiar as calles de xente de malvivir
¡EU SON A XUSTIZA, ME CAGO EN ÑOSSS!
Coñecida a predilección de gran parte do público camariñán polas películas de justicieros que limpian as calles de chusma, camarinas.eu, a web máis peliculera da Costa da Morte, non podía deixar de adicarlle unha subsección do Death Coast Cinema Club a aqueles tipos duros que impartiron unha xustiza rápida e expeditiva ao marxe dos tribunais penais. O primeiro elexido: un mito, Charles Bronson. Pulsa na foto para ler un disparatado artículo de Luis Esteiro Ramos que é unha risa de principio a fin.
Death Coast Cinema Club: Roman Polanski
Roman Polanski-Sharon Tate: un matrimonio marcado polo drama
O tormento mailo éxtasis
O DCCC nesta ocasión fíxase nun director polaco, de vida polémica e tenebrosa, que sobrevivío ao Holocausto no Ghetto de Varsovia, que triunfou na súa Polonia natal, dou o salto a Hollywood, casouse cunha das actrices máis fermosas que se recordan, que vío desaparecer o seu matrimonio nunha orxía de sangue perpetrada pola secta desquiciada e psicópata de Charles Manson, que dende 1977 non pode pisar os USA sen ser arrestado, pero que sobre todo é un xenio do Séptimo Arte. Pasen e disfruten cun repaso a súa carreira da man do maior experto en cine da Costa Atlántica: Luis Esteiro Ramos: Made in Camariñas.
Death Coast Cinema Club: Os irmans Coen
Os irmáns Coen e Javier Bardem, un binomio gañador de catro Óscar en 2008
Este DCCC estaba previsto que fora publicado o pasado venres 22 de febreiro, como antesala á ceremonia dos Óscar 2008, pero como xa sabedes ese día estalou a nosa páxina polos aires nunha espectacular e fermosa explosión piroplástica. Hoxe publicamos este artículo onde o noso redactor de cine, Luis Esteiro Ramos, coróase como o maior experto en cine de toda a Costa da Morte cun DCCC onde predice palabra por palabra todo o que aconteceu na gala dos Óscar celebrada en Los Ángeles este domingo 24 de febreiro. Luis = Matrícula de Honor.
Death Coast Cinema Club: Orson Welles
As personaxes, sempre marionetas nas mans de Welles
¿Todopoderoso Welles?
O DCCC desta semana está adicado a Welles, pero non ao noso querido e conservador Pepewells, o usuario paradigmático de dereitas de camarinas.eu, senón a unha persoa incluso con máis talento ca el (se eso é posible), ao xenio do séptimo arte Orson Welles, director entre outras da posiblemente mellor película da historia do cine "Ciudadano Kane", cuia obra é analizada polo maior experto en cine da Costa da Morte, o noso redactor Luis Esteiro Ramos.
Death Coast Cinema Club: Akira Kurosawa
Death Coast Cinema Club nesta segunda edición adicado a Akira Kurosawa
Camarinas.eu volve á carga coa segunda edición do Club de Cine da Costa da Morte (Death Coast Cinema Club), a sección comandada pola man experta de Luis Esteiro Ramos, o Redactor de cine de camarinas.eu. Nesta edición o DCCC analiza a obra do xaponés Akira Kurosawa, un director xenial con obras que deron lugar a famosos e lexendarios remakes, ben en Hollywood (Los siete magníficos - John Sturges), ben en Almería (Por un puñado de dólares - Sergio Leone). Invitámosvos, da man de Luis, a darvos un paseo polo noso cine.
Nova sección de Cine de Camarinas.eu
Camarinas.eu segue a explorar novas vías de colaboracións con toda aquela persoa que teña algo positivo que aportar para o conxunto do Concello e para a comunidade crecente de usuarios de camarinas.eu, e así nesta ocasión acude a un vello amigo desta redacción, Luis Esteiro Ramos, un dos maiores expertos en cine e medios audiovisuais de todo Camariñas, para que como redactor de cine se faga cargo dunha sección da web máis vista da Costa da Morte adicada ao séptimo arte.Desta forma, nunha serie de artigos quincenais pasarase revista a algunha das mellores películas e directores da historia do cine sen olvidar os últimos estrenos. Como primer prato o propio Luis Esteiro Ramos analiza, con motivo dos ben levados 50 anos do film, unha mítica película que todos temos grabada na memoria dende pequenos: a maxistral "Vértigo", do mago do suspense Alfred Hitchcock.
Cultura
Páxina 2 de 2
Comezo
Prev
1
2
Seguinte
Fin
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Festas do Carme 2010: 17-18 de xullo
San Pedro 2013 na Ponte do Porto
Presentación da XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas en FITUR
Os chavales do IES Pedra da Águia da Ponte do Porto participaron no Parlamento Xove
Iniciativas Camarinas.eu : Festa do Carmen 2008