• Fotos Historicas: O CF Porteño campión da Copa da Costa 1970

    Camarinas.eu, volcada por igual con todas as parroquias que compoñen ese imaxinario colectivo chamado Concello de Camariñas, volve sobre un tema histórico: a consecución por un equipo modesto dunha pequena vila da Gran Copa da Costa da temporada 69/70. Moitos aínda recordan na Ponte do Porto aquel lexendario equipo, o mellor que se veu nunca na vila porteña, unha xeración de ouro formada por xogadores da talla dos camariñáns Juan do Penedo, Moncho do Peruco, Camuel, os porteños Italia, Ricardo do Barbeiro "El Bravo de la Costa", Manolo O Xaviñán, Pepe Canillas, Pichurri, "O Chocolate" de Muxía, Pepe do Caión, etc.. que baixo o firme timón do adestrador Juan José Rego e a presidencia de Don Manuel "do Gransolo" lograron vencer ao Carnota nunha final a dobre partido, impoñéndose na ida por 3-4 no feudo carnotán e por un folgado 5-2 no mítico pero agora bastante destartalado Campo da Grixa.
  • Fotos Historicas: Ponte do Porto 1970

    Camarinas.eu está interesada por igual en todas as parroquias que conforman ese mundo informativo que se chama Concello de Camariñas. Por iso, nun esforzo sen precedentes lanzou este fin de semana todas as súas divisións mediáticas para lograr a conquista informativa da nosa querida e fermosa vila porteña. Nos arquivos olvidados e invaluables de camarinas.eu atopamos esta semana esta fermosa foto que conmemora un acontecimento histórico de gran relevancia: a conquista por un humilde pero bravo equipo dunha pequena vila que paso a paso, golpe a golpe foi eliminando do camiño a equipos moito máis importantes e poderosos para ao final gañar o título de Campeón da Copa da Costa nunha final heroica. Na foto podemos ver mesturados a xogadores e membros da directiva nunha festa totalmente xustificada: Moncho de Dios, Ricardo do Barbeiro, Italia, Pepe da Ferrala (Canillas), Pichurri,  Suso do Banco Pastor (Membro da directiva), Luis do Asturiano, e un largo etcétera que fixeron posible a milagre. Un milagre que en Camariñas tardaríamos máis de 20 anos en ver.

    "Con los chicos del Porteño F.C., Campeones de La Copa de la Costa 1969/70"

  • O Porteno eliminado da Copa Neria 2007

    Ao final do Partido o Porteño quedouse nun 0-2 a favor do Soneira. A pesares de entregarse por completo, o Porteño, o mítico equipo da Ponte do Porto non puido co potente Soneira que se medirá en semi-finais a outro peso pesado da costa en estes momentos: Dumbría. A outra semifinal a xogarán o Muros contra o Zas. O representante do Concello de Camariñas xa quedou relegado, outra vez será. Desde aquí desexámoslle sorte ao Porteño na 2ª Rexional da Liga 2007-08.
  • Deportes