• A Escola de Fútbol do FC Camariñas estrease contra o todopoderoso CF Dumbría

    "Pero vamos a ver: Dumbría... ¿quen coñece Dumbría?" Esta desafortunada frase que se fixo popular na vila dos encaixes hai uns cantos anos debería estar desterrada xa de por vida do vocabulario camariñán de agora en adiante. Especialmente despois de ver como se organiza un club multidisciplinar levado en volandas por un concello volcado en todos e cada un dos deportes de base nos cales participan os seus pequenos cidadáns. Contando para elo cunhas instalacións máis propias dunha organización deportiva de renome internacional que dunha olvidada parroquia entre a Costa da Morte e a comarca do Xallas. Así e todo, e pese a todos os inconvenientes de estar no medio da nada, este concello xunto aos seus cidadáns souberon prepararse exemplarmente e formar unha división deportiva dunha serie de deportes que é a envexa de toda a provincia da Coruña. Entre eses deportes cabe destacar a xestión que levan a cabo do fútbol nese mesmo concello, un verdadeiro exemplo de exitosa xestión da canteira que é a envexa, xa non da comarca, se non que o é de media Galicia. Así o pudo comprobar a delegación de pais e nais camariñáns que acompañaron aos seus nenos no primeiro partido oficial da Escola de Fútbol do FC Camariñas que desputaron este sábado 14 de outubro fronte ao todopoderoso CF Dumbría.