• José Trillo Fernández-Abelenda D.E.P.

    Aos duros momentos que están a atravesar actualmente os socios da que é a institución náutica decana da Costa da Morte, hai que sumar o falecemento este luns 19 de novembro de 2012 aos seus 89 anos do que foi o seu primeiro Presidente e actual Presidente de Honor, Don José Trillo Fernández-Abelenda. Nacido na vila de Corcubión (onde o seu proxenitor desempeñaba as labouras de secretario de xulgado) en 1922, un día antes que o que sería o seu gran amigo D. Manuel Fraga Iribarne,  tras cursar a carreira de Dereito nas unversidades de Oviedo e Santiago, dedicaríase Don José durante máis de 50 anos ás labouras de procurador de tribunais, desempeño onde acadaría o máximo recoñecemento dos seus compañeiros, sendo elexido como decano do Colexio de Procuradores da Coruña durante máis de 20 anos (1977-1998), Presidente de Honor do Consello Galego de Procuradores e actual vocal honorario da Mutualidade de Procuradores de Tribunais. Se o anterior non fora suficiente foi honrado en vida ca Cruz distinguida de primeira clase da Orde de San Raimundo de Peñafort ou ca Medalla de Galicia no 2004, entre outras distincións.

  • Visita as Torres de Cereixo

    En ocasións as credenciais de xornalista (aínda que sexa aficcionado) tan duramente gañadas a través da publicación ininterrumpida de 1.345 noticias en pouco máis de dous anos abren as portas de lugares normalmente pechados ao común dos mortais. Chámase a esto a forza e influencia do "Cuarto Poder", se ben esta non deixa de ser unha web humilde e enxebre que abusou da súa amistade con Santiago Fernández Puentes, arquitecto de profesión, actual vicepresidente do Club Náutico de Camariñas e propietario das Torres de Cereixo, para visitar unha das principais xoias arquitectónicas da Costa da Morte nun veraniego e soleado atardecer de finais de agosto.