• Cena contra o Cancer 2008: 450 persoas abarrotan o pavillón municipal de Camariñas

    Despois dun día de inverno chuvioso e frío parecía que non moita xente se animaría a asistir á cena do cáncer. Nada máis lexos do que aconteceu onte no Pavillón Municipal de Camariñas onde se deron cita preto de 450 persoas provintes de tódalas parroquias do noso concello (en especial de Camelle) e incluso de outros concellos veciños. Xente de tódalas clases e edades, empresarios,  mariñeiros,  albañiles, xubilados, políticos, máis políticos, algún que outro político... en fin, de todo! Pulsa na foto para ver a reportaxe completa e ver unha galería de máis de 170 fotos nas que poderás ver a case tódolos asistentes a esta cita caseque ineludible.