• Camariñas honra aos naufragos do Serpent e lembra a longa historia dos naufraxios da Costa da Morte

    Ao longo de todo o fin de semana Camariñas honrou a memoria dos náufragos do Serpent no aniversario do seu afundimento nos Baixos do Boi, e lembrou cun amplo programa de actos a historia dos naufraxios que , dende os inicios da navegación, contribuíron a tecer a lenda da Costa da Morte.
  • Actos conmemorativos do 127 aniversario do afundimento do Serpent en Camariñas

    Nunha noite de forte temporal un buque británico, con 175 tripulantes, foise contra os baixos do Boi. Os tombos do mar non tardaron en esnaquizar a barco e a tripulación dos que solo tres conseguiron gañar a costa con vida e dar noticia de tan tremendo naufraxio. Foi un 10 de novembro de 1.890 e pasou a engrosar a longa lista de barcos e mariñeiros que atoparon a morte nas bravas augas da Costa da Morte. Os corpos, arroxados aos areais polo mar, foron enterrados nun camposanto construído no mesmo lugar do afundimento, o Cemiterio dos Ingleses, polos veciños da parroquia de Xaviña que tiraron por terra lendas negras sobre piratería de terra e outras fábulas. Todo Santa Mariña e todo Brañas verdes, xunto con outros veciños de Xaviña, recolleron os cadáveres “coma quen recolle alghaso”, segundo contan aínda hoxe os herdeiros daqueles heroes, e non solo lle deron sepultura se non que aportaron traballo e medios para facerlles un camposanto digno.
  • ¿Pantasmas no Cemiterio dos Ingleses de Camariñas?

    Imos cunha historia de pantasmas e non estamos a falar dos mortos vivientes do PP camariñán que vemos deambular de a cotío polas nosas rúas precisamente. Así en El Blog de Karkallón, un dos colaboradores do programa do canal propiedade do Grupo Prisa (e agora de Berlusconi tamén) "Cuarto Milenio", puidemos comprobar un tanto atónitos como se certificaba sen a menor dúbida a existencia dunha serie de psicofonías no entorno do Cemiterio dos Ingleses. Trataríase dunha noticia publicada en novembro do 2010, a cal tras un pequeno destartalamiento introductorio a conta do Serpent ("Algunas versiones indican que llevaba oro para las posesiones que la corona británica tenía en ultramar y que fue desviado por raqueros gallegos alertados por los raqueros británicos que conocían la carga del buque"), advirte que "los resultados(serían as probas) parafónicos que hice en este lugar fueron muy escasos", para posteriormente pasar a afirmar que "hubo un registro que me dejó realmente sorprendido". Consistío esta sorpresiva constatación paranormal en que "en un momento dado se registra en mi grabadora una frase en la que también va incluido una especie de disparo",a cal inevitable e  irremisiblemente da lugar a unha interpretación un tanto collida polos pelos: "Una salva de reconocimiento a estos valientes marineros hecha desde el otro lado???"
  • Aparece o corpo de Ovidio Lema Pérez, rematan as labouras de búsqueda

    Cumpríronse os peores augurios e cando faltaban escasos minutos para as 13:30 horas o grupo de voluntarios de Protección Civil de Camariñas atopaba, no medio do argazo, o corpo sen vida de Ovidio Lema López. Fíxoo non moi lonxe do lugar que predixeran os mariñeiros da zona: prácticamente ao carón das rochas nas que pescaba acompañado do seu cuñado, un sitio onde as mareas soen acumular grandes cantidades de algas mariñas. Unha vez recuperado o corpo, foi trasladado ata a Lonxa de Camariñas onde o médico forense certificou a causa da morte para despois ser trasladado ata Coruña onde terá lugar a autopsia. Ponse fin desta maneira, en menos de 24 horas dende que tivera lugar o fatal acontecemento, nunha das paraxes máis inhóspitas e inclementes da costa galega, ao dispositivo de salvamento que movilizou dende as 16:00 horas deste mércores 25 de abril a ducias de persoas, dous helicópteros, a lancha Salvamar Altair e ata os buzos da Guardia Civil e que permite, dentro do terrible do suceso, evitar unha agonía de días ou meses de búsqueda infructuosa do corpo á súa familia. Así pois, nada queda máis que trasladar o noso máis sinceiro pésame e apoio á muller e fillas de Ovidio Lema López nestes tráxicos momentos. Descanse En Paz.
  • Desaparece un pescador no Areal de Trece en Camariñas

    O entorno da Praia do Trece podería haberse voltado a cobrar o seu tráxico tributo de morte na tarde deste desapacible mércores 25 de abril de 2012. Aínda baixo os efectos da cicloxénese explosiva Petra, nun dos días cunha das peores bajas de mar que se recorde, Ovidio Lema López, de 50 anos, natural de Dor e propietario do Cafe Bar O Descanso estaba a pescar co seu cuñado Manuel Martínez Romero nunha pequena punta que se adentra no mar ao carón do Cemiterio dos Ingleses cando sobre as 15:30 horas un forte tombo tirou cos dous veciños do noso concello á auga. Ao parecer segundo testemuñas ás que tivo acceso Camarinas.eu sería un chaquetón militar o que ao enchouparse arrastraría rápidamente a Ovidio cara ao fondo mentras que o seu cuñado Manuel a pesares de fracturarse un pe debido ao forte traumatismo provocado polo golpe de mar conseguío saír da auga e tras percorrer unha determinada distancia neste estado lamentable dou aviso a unha muller que neses momentos se atopaba na pista que une Reira con Santa Mariña a cal rápidamente puxo en alerta ao 112.
  • Novo aspecto do Cementerio dos Ingleses: Un lugar emblemático de Camarinas

    Estaba a mañá deste martes de carnaval camarinas.eu facendo unha desas viaxes de vagabundeo que tan famosa fixeron a esta redacción e que case sempre solen acabar nunha reportaxe medio cativa, cando a nova unidade móbil, aínda máis destartalada que a anterior recalou nun lugar lexendario do Concello de Camariñas: o Cementerio dos Ingleses. Pulsa na foto para ver o novo estado dos exteriores do cementerio e un vídeo.