• O Museo Man de Camelle no VI Congreso de Turismo Cultural de Córdoba

    A proposta do Museo MAN chegará a vindeira semana ao VI Congreso Internacional Científico-Profesional de Turismo Cultural de Córdoba, baixo a proposta ‘Museo MAN: Dinamizador turístico da Costa da Morte’, que será exposta por Andrea Serodio, responsable do Museo, e Carmen Hermo, da Universidade de Vigo, o xoves 20 de febreiro na mesa moderada por Rogelio Martínez.

  • 5 de xuño de 2015, data histórica para Camelle: Inaugúrase o Museo Man de Camelle

    O vindeiro 5 de xuño as 19:00 horas terá lugar a inauguración da exposición permanente “Museo Man de Camelle”, na Casa do Alemán (rúa do Muelle no 9, Camelle, Camariñas). Esta exposición é a culminación do proxecto financiado polo GAC 3 Costa da Morte e o Concello de Camariñas , “MAN: mar, Arte e Natureza”, centrado na posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, co fin derradeiro de fomentar o turismo na comunidade costeira local.
  • 12º Aniversario da morte do Alemán de Camelle

    Con motivo do decimosegundo aniversario do pasamento do Alemán de Camelle o Concello de Camariñas a través do seu concelleiro Juan Carlos Canosa Marcote veñen de confeccionar unha conferencia que se desenrolará este 28 de nadal de 2014 na Casa do Alemán en Camelle. A charla, que estará tamén integrada no ambicioso programa de actuacións "Man: Mar, Arte e Natureza" contará como protagonista, ademáis de Man, coa Doutora en Belas Artes Carmen Hermo que conducirá o evento. Este está previsto que dea comezo a eso da 12:30 da mañá e no cal teremos ocasión de vislumbrar un pouco millor todo ese gran proxecto que está chamado a revolucionar o concepto turístico que temos da vila de Camelle e, sobretodo, da obra do xenial anacoreta traxicamente desaparecido hai 12 anos. Alí estará Camarinas.eu para contarvos todo o que suceda pero antes aquí vos deixamos unha pequena perla atopada no archivo radiofónico da CRTVG que rescataron dende o proxecto "Man: Mar, Arte e Natureza", unha entrevista realizada polo locutor de radio o camariñán Marcial Mouzo no ano 1986 ao mesmísimo Man.