Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Caramiñas
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
A Caramiña: Pranta Nacional do Concello de Camariñas
Camarinas.eu procede a poñer punto e final á máis impresionante xeira de reportaxes nunca adicada ao conxunto de praias máis paradisíaco do mundo, o Areal de Reira, cun especial en honor á Pranta Nacional do Concello de Camariñas: a caramiña ou corema album, o arbusto que lle da ata o seu propio nome. Porque a través das constantes expedicións dun agosto que resultou altamente satisfactorio dende un punto de vista playero puidemos constatar como un exército de arbustos de caramiña acabou por extenderse por lugares remotos onde nunca asomara antes, adueñándose de todo Reira e esparcindo por doquier o amargo aroma da planta máis camariñana: a Praia Grande, a Praia do Medio, as alturas da Pedrosa... Pulsa na imaxe para ver a sinxela homenaxe de camarinas.eu á Planta Nacional do Concello de Camariñas.
Turismo ilegal en Reira
As caravanas de turistas inundan toda a paisaxe de Reira un verán máis. Como ven sendo unha constante ao longo de todo este verán (e de tódolos veráns anteriores) as caravanas e as acampadas ilegais de turistas, tanto nacionais como extranxeiros, son o pan noso de cada día en Reira. Temos que ter en conta que estas caravanas e tendas de campaña encóntranse en Reira, espazo natural protexido dentro da Rede Natura, e que despois dos tráxicos incendios que asolaron o noso Concello de Camariñas o verán pasado, a zona verde onde se encontran estacionados os devanditos vehículos está en fase de rexeneración, como mostran os carteis do Ministerio de Medio Ambiente que inundan toda Reira.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Edelmira e José: Vodas de Ouro en Camariñas
camarinas.eu bate o seu propio record de visitas
Sardiñada do Pub Pincho na Ponte do Porto
Festa de San Xurxo 2012
Accidente de Trafico no Paseo Maritimo