• Comeza a reparación do campanario da igrexa da Ponte do Porto

    Despois dun largo periódo de letargo, exactamente dende finais dos anos 80 cando se puxeron en coñecemento este grave problema ás autoridades eclesiásticas, os feligreses da parroquia de San Pedro da Ponte do Porto comprobaron por fin a iniciación das obras de reparación estructurales do campanario da súa igrexa. Este xoves 27 de outubro comenzaban a traballar os operarios da empresa concesionaria ataviados cos seus arneses de seguridade pola maraña de andamios que recobren o campanario da igrexa da Ponte. Alí, nas alturas porteñas, os técnicos puderon comprobar o estado da situación despois dese interminable intervalo de tempo no cal non se sabía moi ben cal ía a ser a solución a este problema estructural que poñía en perigo o santuario porteño.