• Camariñas inicia o plan para destacarse como o ‘paraíso’ dunha ruta alternativa do Camiño da Resurrección

    Hoxe o Concello de Camariñas deu o primeiro paso do seu plan para destacar Camariñas como a etapa final, ou o ‘paraíso’ dunha ruta alternativa do chamado Camiño da Resurrección. Fíxoo coa presentación do libro ‘El Camino de Santiago y el Juego de la Oca’, de Sebastián Vázquez, onde se detalla este itinerario. O acto tivo lugar no Museo do Encaixe de Camariñas e, ademais do autor, asistiron a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e a alcaldesa do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez, xa que esta ruta alternativa tamén implica o paso do peregrino por Cereixo.