• Xosé Troiano, o auténtico historiador da vila de Camariñas

    O soño de toda unha vida feito realidade. O amor a unha vila plasmado nun traballo de alto voltaxe doctrinal. O respeto á historia e ás tradicións como fío vector. Despois de 15 anos, a gran obra pola que Xosé Troiano pasará á historia da Vila das Palilleiras en letras maiúsculas, xa é unha realidade. Complemento e profundización de obras anteriores e lexendarias como o libro dos naufraxios de Baña Heim ou o imprescindible "Camariñas, Terra de Palilleiras" de Xosé Luis Blanco Campaña, este "Camariñas, Corazón da Costa da Morte" está chamado a marcar un punto de non retorno en todo o referente á historiografía da Vila dos Encaixes: pola súa pulcritude, a súa exhaustividade, o seu rigor e por un amor profundo que non afecta en absoluto á obxectividade e imparcialidade do libro. Na hora do cumprimento do soño, Xosé Troiano ten un recordo respetuoso por Estanislao Fernández de la Cigoña, director da Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE), editora da obra, e emocionado por Isabel e Carmen Carril, irmá e nai, que encheron dun amor indeleble por Camariñas xa dende o berce a aquel pequeno rapaz cuia familia rexentaba un humilde café bar na Carretera do Faro e que estaba chamado a ser un día o gran historiador da Vila das Palilleiras.