A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” acordou nomear ao IES Pedra da Aguia Camariñán de Honra 2019. Este recoñecemento pretende, con carácter anual e coincidindo coa festividade do Carme de Camariñas, recoñecer á persoa, entidade ou institución que represente mellor os valores camariñáns. Neste caso a Asociación tivo en conta o traballo dun pequeno centro educativo, radicado no rural e público onde, profesores, pais e alumnos, asumen retos e metas ambiciosas que redunden na formación integral dos xoves camariñáns, na súa promoción persoal e social, e, moi especialmente, na labor de coñecer e difundir no resto da sociedade a Unión Europea e as súas institucións. Este traballo acadou recoñecemento público co seu nomeamento como centro embaixador da Unión Europea.