• Alquílase o Café Bar San Remo de Camariñas

    Vamos agora cunha oportunidade para emprendedores. O famoso local hostaleiro sito en pleno paseo marítimo de Camariñas, o mítico Café Bar San Remo, rexentado pola familia da nosa querida amiga Ángeles Carril púxose esta semana en alquiler. Todos aqueles interesados en optar a rexentar este local hostaleiro situado nun dos lugares máis atractivos para calqueira negocio turístico como é a magnífica fachada marítima de Camariñas poden facelo poñéndose en contacto co teléfono 678 216387 onde lles explicarán os pormenores do contrato de arrendamento. Unha oportunidade excelente tanto de inversión empresarial como de autoemprego en Camariñas que non se pode deixar escapar.
  • Novo roubo no Café Bar San Remo de Camariñas

    Despois da longa recuperación de nosa querida amiga Ángeles, xerente do Café Bar San Remo, tivo que padecer ao sofrir unha enfermidade que a postraba no hospital por caseque medio ano, agora cébanse co seu negocio os malnacidos amigos do axeno. Na madrugada deste martes 20 de febreiro uns descoñecidos asaltaban (e xa van dúas veces en menos de seis meses) o local hostaleiro situado en pleno paseo marítimo camariñán arrancando de cuaxo a verxa metálica de seguridade que pecha o local hostaleiro. O sistema para facelo saltar polos aires foi ben sinxelo, amarrando unha cadea ao portal para tirar del mediante o potente motor do coche dos cacos. E a pesares do gran estruendo que produxo non temos constancia de que ninguén se enterara do asalto, e pensamos que foi mellor así xa que tal e como andan crecidos os delincuentes esto estase a parecer máis a un pobo olvidado do medio oeste norteamericano do século XIX que unha vila española do século XXI.
  • Unha sardiña de medio kilo capturada por un barco de Camariñas

    E por fin chegou a esperada sardiña ao porto de Camariñas e fíxoo ao grande en canto a calidade e, sobre todo, tamaño. Como este exemplar capturado por un coñecido armador camariñán que nos presentan os nosos queridos amigos Ángeles e Tono, propietarios do coqueto Café Bar San Remo. Unha sardiña grandiosa con un peso que chegou casi aos 500 gramos e que todos aqueles que así o queiran poderán observar persoalmente no San Remo. Esperemos que este sexa o prolegómeno perfecto para unha tempada existosa na captura da sardiña, tan escasa este ano 2014 no porto da Vila da Palilleiras.