Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Café Bar Pinar
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Festa de reinauguración do Café Bar Pinar da nosa usuaria Karina
Pois foi Gelinita xubilarse e pechar o emblemático Café Bar Pinar e outra usuaria de Camarinas.eu é agora a que se lanza a emprender unha nova carreira empresarial neste local hostaleiro. A nosa querida lectora e usuaria Karina ben de rematar todos os preparativos de acicalamento do Bar Pinar e na tarde deste venres 18 de xaneiro de 2019 abrirá as súas portas cunha gran festa para todos os que asistan a esta especial reapertura. Haberá pinchos para todos os asistentes, segunda consumición gratis e, se todo esto fora pouco, unha gran festa folk amenizada polos gaiteiros de "Con Toda en Banda". Pois xa sabedes, todos aqueles que vos guste a festa non vos podedes perder na tarde deste venres a inauguración do Café Bar Pinar de Karina. Nos alí estaremos para apoiar a nosa amiga nesta nova etapa da súa vida como empresaria. Moita sorte Karina!
Gelinita e Juan pechan o Café Bar Pinar e xubílanse
A bomba informativa confirmábase momentos antes da medianoite do 31 de decembro: aquel sería o último día en activo de Juan e Gelinita como hosteleiros profesionais, lexendarios xerentes do Café Bar Arnela antes e do Café Bar El Pinar, despois. Unha noticia que os membros desta redacción recoñecemos que encaramos co corazón dividido: por unha parte, con profunda alegría, xa que dúas persoas tan queridas para nós por fin acceden ao tan merecido descanso despois de toda unha vida de duro traballo e constante esforzo, pola outra non podemos deixar de recoñecer que con pena xa que ¿aonde imos a ir agora? ¿ónde atopar un lugar no que nos trataran con tanto cariño e atención? Porque se somos realistas estes dous redactores saben no fondo da súa alma que acaba de pechar o que será sen lugar a dúbidas o bar máis importante das súas vidas.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
O Restaurante camariñán Puerto Arnela na TVG
Salano e Santabaia: Dous usuarios de camarinas.eu en Negreira
Continúan a bo ritmo as importantes obras de mellora da Rúa Pinzón en Camariñas
Falece Antonio Tedín "Toniño"
Dona Dolores Lista López, veciña de Camariñas, Descanse en Paz