• Blas Espín, o maior Orfebre da Costa da Morte

    Unha das firmas máis reputadas e talentosas do universo intelectual da Costa da Morte, o noso querido amigo Rafael Lema, inicia con este artigo adicado ao que foi o gran orfebre da Costa da Morte, a que esperemos sexa unha prolongada e fecunda colaboración con Camarinas.eu. Un auténtico luxo e un honor sumar o nome de Rafael á ilustre nómina de colaboradores que caracterizou dende sempre a unha web cunha das seccións culturais máis potentes de Galicia. E faino ca historia dun artesán, un napolitano, que por mor das voltas da vida acabou residindo durante case 50 anos na vila que moito despois vería nacer a un dos grandes historiadores xa non da mesma senón de toda esta Franxa Atlántica. Un artigo que supoñe en si mesmo un auténtico traballo de orfebrería histórica, fruto dunha labor intensa e seria de documentación en diferentes arquivos e bibliotecas e que agora se sirve ao gran público camariñán, por un dos seus fillos máis recoñecidos, Rafael Lema, o gran historiador da Costa da Morte.