Vamos con outro recoñecemento á canteira do FC Camariñas. Despois do chamamento por parte do RC Deportivo da Coruña ao camariñán Mateo Sar na temporada pasada é agora a selección da Costa da Morte a que se fixa na exitosa sección base do FC Camariñas. Na tarde deste domingo 27 de xaneiro de 2019, catro xogadores do equipo benxamín da Escola de Fútbol do FC Camariñas tiñan unha cita futbolística na vila de Corcubión despois dun intenso fin de semana de fútbol en Camariñas. O motivo deste desprazamento era nin máis nin menos que o chamamento por parte da dirección técnica da selección da Costa da Morte a estes catro pequenos futbolístas para realizar uns adestramentos de proba. Os nenos da canteira do FC Camariñas seleccionados para este adestramento da selección benxamín da costa foron Borja Pérez, Mateo Sar, Xabier López e Dani Castro que marchaban cara Corcubión moi motivados a esta cita histórica que recoñece o gran traballo desenrolado pola escola de fútbol do FC Camariñas. Dende estas páxinas dámoslle a noraboa a estes pequenos-grandes futbolístas que están a levar con orgullo o nome de Camariñas por toda a Costa da Morte. Noraboa rapaces!