Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Bautizos en Xaviña
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Bautizo de Daniel Castro Castiñeira en Xaviña
Nun día tan señalado para o calendario cristiano como o Domingo de Ramos, víspera de Semana Santa, tivo lugar na milenaria Igrexa de Xaviña o bautizo de Daniel, benxamín da parexa formada por Sergio Castro, percebeiro santamariñán, e Celestina Castiñeira Blanco, máis coñecida como Tina, unha xaviñana comprometida activamente co concello no que vive, o que a levou incluso a desempeñar o papel de concelleira por Xaviña nas filas do Partido Popular. O caso é que este fermoso rapaciño chamado Daniel tivo o privilexio de ser cristianado nun dos máis antigos e lexendarios templos que existen por estes pagos, o da Igrexa de Santa María de Xaviña, cumbre da arte románica no noso concello e unha das obras cimeiras da Costa da Morte, ademáis de que a súa entrada na gran familia cristiana prodúxose das sabias mans de Don Mario, o admirado e respetado páter da parroquia máis extensa do Concello de Camariñas. Pois alí, acompañado dos seus pais, do seu irmán maior Serxio, de toda a súa familia e das ducias de devotos que ramo en man cumprían cun rito sagrado tivo lugar o bautizo de Daniel o Domingo de Ramos do ano do Noso Señor de 2010. ¡¡FELICIDADES DANIEL!!
Comunions e Bautizos este Domingo en Xavina
Brais fixo a súa Primeira Comunión e Sheila bautizouse en Xaviña.
Hoxe foi un día moi axetreado para o cura párroco de Xaviña xa que se lle acumulou o traballo. Ás 11 da mañá, Don Mario, doulle a Primeira Comunión a Brais Nión Dios (Neto de Sara, Restaurante Sara) e as 12 e media da mañá bautizou a Sheila (Neta do carteiro de Xaviña). Todos os tradicionais ritos sucedéronse con normalidade e a continuación celebráronse as debanditas comidas e banquetes. Desde esta web dámoslle a Norabóa a Brais, Genma e a toda a súa familia.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Obras no Campo de Fútbol da Grixa (III)
Conservas Boya 28 - 26 Guardes
Pánico en Camariñas: Oleada de roubos na vila
Final da Liga Lumarea da Vila
Submarinista desaparecido en Reira