Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Barcos da Rede
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Día de topes de xurelo no porto de Camariñas
Rematada xa caseque a tempada pesqueira estival do cerco camariñán chega a hora de facer balance e ver contas. E aínda que houbo semanas espléndidas para moitos barcos a tónica xeral do estío foi digamos que intermedia para os intereses da nosa flota. Así e todo e a pesar de que nos atopamos xa en épocas propicias para o mal tempo, os temporais parece que se van a facer esperar co cal as embarcacións de Camariñas aproveitan para seguir co seu traballo. A proba delo atopábamola na mañá deste mércores 13 de setembro de 2017 cando todo aquel que se paeara polas inmediacións do peirao novo da vila podería contemplar unha actividade frenética de descarga de xurelo. A meirande parte das embarcacións que se adican ao arte do cerco chegaban a porto con topes de xurelo mediano que pronto eran vendidos aos intermediarios que se achegaron a porto. E así, coa ledicia que supoñe para todo o pobo de Camariñas o desembarco de miles e miles de kilos de xurelo, voltamos a retomar con todo o entusiasmo do mundo a nosa querida sección de
"Noticias do Mar"
.
Barcos de Camariñas na campaña do verdel en Ondarroa
Contan que conformada maiormente por area, a illa de Nantucket (Estado Soberano de Massachussets, USA) contempla impotente como cada pouco tempo suntuosas vivendas de todo tipo, segundas residencias unhas, casas familiares mariñeiras de toda a vida outras, desaparacen ante os embates furiosos dun mar que nunca cesa, constatando os seus habitantes como a non moito tardar un día esvaecerase o que foi o gran porto baleeiro das obras de Herman Melville. Un imperio do efímero chamado irremisiblemente a desaparecer. Pola contra, sólidamente asentada sobre un leito rochoso de case imposible destrucción outra vila mariñeira, a así chamada das Palilleiras ou dos Encaixes, parece encamiñada a pervivir ata o fin dos tempos e xunto a ela a súa flota invencible. De volta no fogar, un dos integrantes da exitosa e decidida armada camariñana na Campaña do País Vasco relata en exclusiva para Camarinas.eu as súas impresións sobre unha viaxe no tempo (a das grandes campañas marítimas de antaño) e no espacio (a traslación xeográfica das máis exitosas técnicas de pesca a cargo do máis experimentado continxente profesional que viron os mares).
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
BM Porriño 25 - 34 CB Camariñas Conservas Boya
Fotos Históricas - Grupo de Gaitas de Camariñas
Festa da Palilleira en Camarinas
Programa LecerConsumo nas actividades de Verán do Concello de Camariñas
Peguform Sar 15 - 15 Encaixe Camariñas