Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Autovía da Costa da Morte
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
AUTOVÍA DA COSTA DA MORTE XA! por Marisol Soneira
Este sábado un grupo de persoas imos a facer unha andaina dende Berdoias a Baio para reivindicar que a Xunta de Galicia remate dunha vez as obras da autovía da Costa da Morte. Parece un contrasentido que reivindiquemos andando unha vía de comunicación para vehículos, pero a realidade é a que é.
Diego Alonso e Moncho de Dios na Cadena Ser
Para defender os intereses da Ponte do Porto, de Camariñas, do seu concello en definitiva, este pasado venres 7 de marzo de 2014 tres camariñáns entraban en xogo no programa da Cadena Ser "A Cancela". In situ, o Director de Camarinas.eu, Diego Alonso, e unha das firmas habituais da web, o afiliado e fundador do PP no noso concello Moncho de Dios, estrelas invitadas do programa do pasado venres. O motivo de fondo que orixinaba tal invitación era a
iniciativa posta en marcha por Camarinas.eu en change.org para reiniciar as obras da autovía da Costa da Morte
que a día de hoxe conta xa con 500 firmas e que necesita 500 máis para que lle chegue a Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras. Como infraestrucura vital de necesidade para o desenrolo da Costa da Morte, do seu futuro, do dos nosos fillos ahí se foron estes dous camariñáns a defender o noso.
Carta Aberta de Moncho de Dios a Núñez Feijoó pola Autovía da Costa da Morte
No mesmo día que a Asociación Neria, expoliada por unha Diputación Provincial que prefire adxudicar contratos a empresas okupas amigas, solicita públicamente ao Presidente da Xunta unha entrevista para aclarar o estado real da situación da autovía da Costa da Morte, Camarinas.eu precede a publicar unha carta aberta a Núñez Feijoó escrita por un dos afiliados que máis decisivamente contribuiron a edificar o Partido Popular nesta franxa atlántica. Ramón Dios Carril, militante histórico do PP de Camariñas, colaborador habitual de Camarinas.eu, persoalidade independente e insobornable, diríxese en persoa, ca súa firma por diante, ao presidente autonómico para esixirlle unha solución á obra que paraliza o desenrolo futuro de toda a Costa da Morte. Unha inversión moribunda e finiquitada, sen datas previstas para a súa continuación, que esta redacción visitaba no mes de maio do exercicio en curso e atestiguaba a imaxe dantesca, fantasmal e ruinosa que ofrecía o seu trazado dende unha aldea en Vimianzo ata o cruce de Suxo. Ante este estado de cousas Moncho de Dios eríxese no único dos afiliados populares camariñáns que esixe respostas ao seu presidente. O último home libre.
Autovia para a Costa da Morte
A carretera de alta capacidade que terá a función de vertebrar a Costa da Morte co resto de Galicia funcionará coas carácterísticas dunha autovía desde o primeiro momento entre Carballo e Baio. A Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte terá características de autovía dende o primeiro momento no treito entre Carballo e Baio. Un total de nove ofertas presentáronse ao concurso para a construción e explotación desta infraestrutura
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Camariñas, zona tampón para a erradicación da couza guatemalteca da pataca
Historias de Camariñas: 2ª Coleccion de Narrativa breve
A estatua homenaxe a Don Jesús pronto será unha realidade en Camariñas
Victoria do Boya fronte o Novás
Construcción de beirarrúas no Outeiro