• Remata a instalación dos novos asadores da área recreativa do Ariño

    A área recreativa do Ariño, na vila de Xaviña, sempre foi un lugar moi concorrido. O lugar conta con mesas e bancadas onde se pode desfrutar de unha comida a beira da praia. Porén, nos últimos anos o seu uso viuse restrinxido durante a época estival debido a imposibilidade de utilizar os asadores que se atopan dentro da zona. Isto debíase a que as súas estruturas non cumprían as normas actuais requiridas en emprazamentos con vexetación.

  • O Ariño conta con novos asadores.

    Hoxe, martes 23 de Marzo, os operarios do Concello de Camariñas comezaron a instalación dos novos asadores na área recreativa do Ariño. Estes contarán cun tellado e estarán cubertos a tres ventos, terán cheminea, unha billa para permitir o apagado das brasas e unha zona inferior para o depósito das cinzas. Ademais, incorporan un sistema de peche para poder clausuralas cando o Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI) sexa extremo.

    O novo deseño dos asadores xunto coas súas melloras está avalado pola Consellería de Medio Rural, permitindo o seu uso durante a época de risco alto de incendios. Isto débese a que o proxecto presentado polo goberno local, e que se está a por en marcha nestes días, conta coa garantía de seguridade e procedemento técnico necesarios.

    O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño, destaca que ‘había unha demanda por parte da veciñanza para poder empregar esta área recreativa durante a tempada estival, e desenvolvemos un plan para facelo efectivo de xeito seguro” pero á súa vez lembra que “poderanse utilizar sempre e cando o índice de risco de incendio forestal non sexa extremo”.

    AsadoresAriño_2.jpeg