Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Álvarez Campana
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
A Costa da Morte é un territorio que agocha as principais sinais identitarias de Galicia. Nela están xacementos que amosan a pegada humana dende milenios, como o dolmen de Dombate. Fisterra é un fito xeográfico que identifica ao territorio dende fai milenios. No monte Pindo teñen a súa morada os deuses primitivos dos homes e mulleres que poboaron estas terras dende a orixe da propia humanidade. Eduardo Pondal, autor do noso himno, nace e imprégnase dun xeito de entender Galicia e o mundo porque é orixinario de Ponteceso, en pleno corazón da Costa da Morte. As simbioses entre os deuses antigos e a nova fe cristiá atopa a súa máxima expresión na romaría da Barca. Ningunha artesanía identifica mellor a Galicia cos encaixes de Camariñas... E, sen embargo, existe unha especie de fobia por parte da Xunta de Galicia cara a Costa da Morte que se amosa en canto ten ocasión.
Porto de Camariñas: A Gran Mentira do 2011
Non queríamos aquí en camarinas.eu rematar o ano que recén acaba sen deixar constancia ante a posteridade do que foi posiblemente o maior engano de toda a historia do Concello de Camariñas, a mentira máis ignominiosa, vergoñante e desvergonzada en todo o acontecer histórico destas benditas terras. Os seus protagonistas: o agora defenestrado ex-Presidente de Portos de Galicia José Manuel Álvarez-Campana e toda a súa cuadrilla local, sen dúbidas sabedores do engano masivo que se perpetraba o día 10 de abril de 2010 contra as xentes de Camariñas, día que todos lembramos como o da presentación por todo o alto, TVG incluida, na Cofradía de Pescadores do así chamado rimbombantemente "
Programa de Actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI
", o conxunto de sete actuacións destinadas a cambiar o borde portuario da Vila das Palilleiras para sempre e que estaban orzamentadas inicialmente en 11,2 millóns de euros.
Programa de Actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI
O día 10 de abril de 2010 pasará á historia da Vila de Camariñas con letras de ouro. Posiblemente, un dos días máis importantes da súa historia, senón o máis importante. Asesmesmo o día que acabou ca lenda negra de que os gobernos populares na Xunta de Galicia non invertían no Concello de Camariñas. Porque a impresionante batería de investimentos que na soleada e radiante mañán deste primaveral sábado de abril foi presentada na Lonxa Nova da Vila dos Encaixes deixará obras por un valor nunca antes visto, 11,2 millóns de euros, a inversión máis grande acometida por goberno algún na historia do Concello, e dotará a Camariñas dunhas impresionantes instalacións pesqueiras e náutico-recreativas culminando asemesmo o acondicionamento do borde marítimo ca construcción da fase do Paseo Marítimo que vai dende o Canzorro ata a Punta da Carnicería. O principal responsable deste milagro inversor que en tres anos revolucionará a nosa vila: Jose Manuel Álvarez-Campana, Presidente de Puertos de Galicia.
Visita do Presidente de Portos de Galicia a Camariñas
O flamante novo director do ente público Portos de Galicia,
José Manuel Alvarez-Campana Gallo,
levou a cabo este venres 18 de maio unha visita bastante completa a Camariñas. Así, pasadas as 20:30 tomou parte no mitin que enmarcado dentro das eleccións ao Parlamento Europeo do 7 de xuño celebrou o Partido Popular na Casa de Pedra (e no que sorprendío a presencia dalgún que outro veciño da nosa vila), para unha vez rematado este e tras un breve intervalo no céntrico Restaurante Villa de Oro, desprazarse a cenar ata o Club Náutico de Camariñas inivitado pola directiva do mesmo. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica da visita do Presidente de Portos.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Trotamundos.eu: Jose Manuel Souto Bello, un broker porteño en Wall Street
2ª Xuntanza de Badminton da Costa da Morte
Obras varias no distrito de Buría
Localizan el sillón dos Mouros, la más legendaria piedra del interior de la Ría de Camariñas
A Comisión do Carmen 2014 precisa dun colaborador que pida en Suiza