• Cartel da homenaxe oficial do FC Camariñas a Pombo

    O que fora o cancerbeiro titular do FC Camariñas e tristemente falecido por mor dun tráxico paro cardíaco, Álex Pombo, terá a súa merecida homenaxe no Campo Hermanas Patiño organizado polo FC Camariñas. Será este venres primeiro de maio de 2015 nun partido que enfrontará ao FC Camariñas fronte ao Malpica SD, equipo que víu nacer futbolísticamente a Álex. Así o equipo camariñán quere render tributo ao que foi un dos seus xogadores máis carismáticos e queridos pola afección e polos seus compañeiros. Directivos do FC Camariñas como Vicente Carril ou o noso querido amigo Mikel, o Alcalde Pichurri xunto á Tenente de Alcalde do Concello de Camariñas Sandra Ínsua Rial entregaranlle unha placa conmemorativa ao filliño de Álex antes de comezar o partido e honrarase a este gran xogador cun hemotivo minuto de silencio. Dende Camarinas.eu queremos tamén estar presente nesta sentida homenaxe ao que foi un dos xogadores máis recordados do FC Camariñas. Descanse en Paz Pombo.
  • O FC Camariñas rinde unha conmovedora homenaxe a Pombo

    Tocou despedir a un grande, a unha persoa das que é difícil encontrar hoxe en dia, a un amigo dos de verdade, dos que daba gusto presumir e dun tipo de persoas aos q a puñetera vida lle xogou unha mala pasada, unha traición. Non serei eu o que descubra a Alex como lle chamaba a súa muller, ou Pombo como era coñecido no mundo futbolístico, ou langrán, como lle chamaba o seu inseparable amigo Juan "O Vello", tan só con ver como estaba o tanatorio e a cantidade de ramos , coroas... que había, xa chegaba para ver que era un grande, un tipo especial e querido polos seus e polos adversarios. Ese sorriso de orella a orella que tiña cada dia q contaxiaba alegria, esas partidas de cartas no Bar London en Vimianzo onde nos xuntábamos con Juan "O Vello" , Pepucho a pasar moitas noites, esa camiseta negra ou amarilla que usaba cada domingo, xa non o voltaremos a ver, por desgracia, a vida xogoulle unha mala pasada, pero o seu recordo sempre permanecerá entre nos, nunca nos abandonarás!!!. O ceo acaba de fichar ao mellor porteiro podible para defender a súa porta!!!. Ata sempre amigo!!!!.

    Nota de redacción: O FC Camariñas homenaxeará ao que foi durante anos seu porteiro este domingo 29 de marzo de 2015 no encontro que enfrontará ao equipo da vila das palillieras contra o Mazaricos. Dende esta redacción tamén queremos sumarnos a todo o deporte da Costa da Morte e dar o noso máis  sinceiro pésame nestes durísimos momentos que están a vivir a toda a familia e amigos de pombo especialmente a súa muller, seu filliño e aos seus pais. Descanse en paz.