Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Aleman de Camelle
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Panaderia Perla: Pedras e Delicias de Man de Camelle
Agora que os nosos políticos (ben xaleados por algún que hai por ahí) andan a pau libre a conta do tema de Man, de forma calada e sin espectáculos estes días por fin vimos unha iniciativa que se pode calificar de útil e proveitosa: trátase das "Pedras e Delicias de Man" ideadas por unha das mellores panaderías deste concello, a que ten a nosa amiga e seguidora Perla en Camelle, como forma de orixinal homenaxe culinaria ao xenio inconoclasta alemán. Elaboradas a base de améndoa e chocolate cen por cen natural sairán á venda con motivo da XIX Mostra do Encaixe esta Semana Santa nas tendas da Panadería Perla en Camelle e na Ponte e posiblemente nun stand dentro do recinto da Mostra
Primer Encontro de Man en Camelle
Este sábado celebrouse en Camelle o 1º Encontro de Man ao que asistiron persoeiros do mundo da cultura coma o escritor Suso de Toro, que ven de publicar un novo libro sobre o presidente do Goberno (Madera de Zapatero), que estivo profundamente interesado na iniciativa de camarinas.eu; Antón Sobral un dos impulsores e artífices da iniciativa, que lucía un pintoresco sombreiriño (ao estilo de Beiras); Xoán Abeleira, o cal pese a xa ter a súa idade lucía unha chiviña moi xuvenil; o director do filme documental sobre Man Bernardo Cerquera, gran coñecedor de todo o que teña que ver con Man; o suposto actor Miguel de Lira, bastante sobreactuado en todo momento e que ninguén sabía moi ben que pintaba alí; procedente de Baio, Jorge Mira, Director do Departamento de Física Aplicada da USC, máis coñecido como colaborador do famoso programa de sobremesa da TVG no que tamén está presente Yolanda Castaño, e un longo etcétera de intelectuales que participaron nas diferentes charlas que tiñan como eixo fundamental o análise da vida e obra de Man.
CONCEPCION REGUEIRA "CHITA", A MELLOR AMIGA DE MAN
“...él sempre me dixo que prefería morrer antes de que lle destruíran o seu museo.”
Camarinas.eu segue a preparar de forma intensiva o 1º Encontro de Man que terá lugar na Casa do Alemán de Camelle o próximo sábado 17 de novembro, e no que está prevista a asistencia de renombrados membros do mundo da cultura. Entre os asistentes ocupará un lugar destacado Concepción Regueira Pardiñas, "Chita" a gran amiga de Manfred e a persoa que mellor o coñecía, a cal foi obxecto da entrevista debut da reporteira que ven do Norte (do norte do Concello de Camariñas, Camelle), Silvia Baña Rodríguez. Ao longo da charla que mantiveron as dúas camellanas, Chita fai un repaso exhaustivo da vida de Man en Camelle e conta numerosas anécdotas do xenio iconoclasta alemán.
O Concello de Camariñas ultima a iniciativa do baleirado da pegada do Alemán de Camelle
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia invitada polo Concello de Camariñas realizará o mércores día 7 pola mañá un BALDEIRADO DA PEGADA que Man deixou no peirao de Camelle. O profesor de técnicas escultóricas, Xosé Antonio Quinteiro e o profesor de arte, Antón Sobral, acompañados por alumnos da Escola de Restauración ubicada en Pontevedra desprazaranse a Camelle para realizar un positivo da pegada de MAN que se atopa no peirao de Camelle para logo positivalo e obter unha escultura que sirva de símbolo para o Museo MAN de Camelle. Esta proxecto enmárcase dentro das actividades que co gallo do Encontro Man de Camelle realizarase o vindeiro 17 de novembro.
Reportaxe Especial: Museo do Aleman de Camelle
Manfred Gnadinger, o xenial Alemán de Camelle, seguirá entre nós para sempre
Exclusiva camarinas.eu :
O Concello de Camariñas da os primeiros pasos para a conservación do Museo de Man
Nunha reportaxe publicada o xoves 30 de agosto
("Resultado final enquisa museo de Man")
,
camarinas.eu
apuntaba xa a que na nosa opinión era a solución idónea para salvar o Museo de Man: "Que se faga un inventario de todo o seu patrimonio para que desta forma as distintas administracións poidan, coa axuda dos citados artistas, proceder ao mantemento e reposición de todas as obras que compoñen un patrimonio artístico único". Non sabemos se influidos por
camarinas.eu
, finalmente tras varios anos de abandono polas distintas administracións, tivo que ser o Concello de Camariñas o que se puxese mans á obra para evitar que o legado do xenio desaparecese entre a xeral apatía cunhas medidas en parte coincidentes cas propostas no seu día polo diario on-line máis leído de toda a Costa da Morte. Da man de Silvia Baña Rodríguez, encargada da formación do inventario dos bens do xenial e iconoclasta artista, camarinas.eu poido asistir a través dun recorrido exhaustivo a tódalas actuacións emprendidas dende o Concello para salvar o legado dun artista único: Manfred Gnadinger, o noso alemán de Camelle.
Resultado final enquisa Museo de Man
Participa no teu Concello
Camarinas.eu
naceu ca vontade de convertirse nun cauce democrático para fomentar a participación dos camariñáns na toma das decisións que lles abranguen directamente. Hoxe mostrámoslles os resultados da nosa primeira enquisa: "Que facer co museo de Man". Unha mostra decididamente representativa cuios resultados
amosan que de unha forma amplamente maioritaria, prácticamente un 40% do electorado de Camarinas.eu, decántase por impoñer algún tipo de vixilancia, solución que a xuizo desta redacción non solucionaría o problema do mantemento do legado de Man no tempo.
Invasion de turistas na Casa do Alemán de Camelle
Fai uns días, os redactores de camarinas.eu, fomos testemuñas do que está a acontecer en Camelle semana tras semana. Os turistas procedentes de moitos puntos de España (incluso algúns autobuses) sortean facilmente as ruinosas vallas que protexen o museo da entrada de curiosos, ou algo peor. ¿Quen nos asegura que non se está a expoliar o legado de Man? Ademáis, estes turistas corren serio perigo de accidente xa que entran no museo trepando e sorteando os penedos e pedras da costa e tamen se suben ás que alí puxo Man, como se pode ver na reportaxe fotográfica que podedes ver no interior da noticia.
O museo de Man, o Alemán de Camelle, esmorece no abandono
Catro anos despois do falecemento de Man pode verse como o seu legado desaparece sen que nadie tome cartas no asunto.
Despois de achegarnos onte ata a fermosa Vila de Camelle poidemos comprobar como os turistas entran no recinto de Man libremente sen que nadie o impida, xa que non está acordonado o recinto e está exento de vixilancia. ¿Que impidie que calqueira poida levar consigo pezas do patrimonio artístico que Man legou a tódolos Camelláns e polo tanto a tódolos Camariñáns? ¿Que fan as distintas Administracións para impedir esta lenta agonía do noso patrimonio cultural? Tendo en conta a importancia económica que sempre tivo o Museo de Man para o noso Concello e aínda máis, para toda Costa da Morte como punto de achega de turístas, desde esta web gustaríanos ver algún tipo de solución o máis axiña posible. Antes de que sexa tarde.
Páxina 2 de 2
Comezo
Prev
1
2
Seguinte
Fin
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Consecuencias do temporal 26-10
Agustín Ibarrola en Camariñas
Presentación da candidatura do PSOE
Restaurante Ponte do Porto
El encaje de Camariñas de la mano de la diseñadora Sara Lage en la prestigiosa revista de moda Vogue