• Artigo de Marisol Soneira en resposta ás declaracións da Plataforma de Merexo

    Marisol Soneira, fiel ao seu compromiso firme con camarinas.eu, responde nesta mesma páxina ás acusacións da Plataforma Veciñal de Merexo. Coma sempre, para os aludidos que queiran responder rogamos envíen un correo electrónico á seguinte dirección: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Finalmente quixéramos recalcar que o traballo que estamos a facer en camarinas.eu non ten recompensa económica coma a teñen os redactores de outros xornais como "La Voz de Galicia", pero iso non quere dicir que o noso traballo sexa menos respetable. Esixindo dito respeto esperamos a resposta a este artigo da deputada autonómica Marisol Soneira Tajes.
  • Carta aberta da Plataforma Vecinal de Merexo a Marisol Soneira


     
    Desde a Plataforma Veciñal de Merexo remítennos a esta redacción unha carta en contestación ao artigo de Marisol Soneira Tajes, deputada no Parlamento de Galicia, que publicamos nesta web a finais da semana pasada. A plataforma veciñal de Merexo formouse a causa do polémico proxecto que Stolt Sea Farm ten para este pequeno pobo do Concello de Muxía: A construcción dunha mega-pranta de cría de rodaballo nas súas terras. No artigo que Marisol Soneira nos remiteu á redacción de camarinas.eu, a deputada facía fincapé na defensa da acuicultura presentando un documento da FAO, que é unha organización das nacións unidas para a alimentación e a agricultura no que se alerta sobre a situación de sobreesplotación dos oceanos polo ser humano. Para responder a calquer artígo de opinión non tes máis que mandalo xunto ao teu nome e apelidos ao seguinte correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , ademáis tamén tendes dispoñible un foro especial de debates para discutir sobre todo o relacionado coa acuicultura .
  • Preocupa la situación de los recursos pesqueros de alta mar

    Un informe de la FAO ( ORGANIZACIÓN DE LAS NACIONES UNIDAS PARA LA AGRICULTURA Y LA ALIMENTACIÓN)    pide reforzar la ordenación de la pesca en aguas internacionales. A pesar de que la proporción de poblaciones de peces que la FAO considera sobreexplotadas o agotadas ha permanecido estable durante los últimos 15 años, el estado de determinadas especies migratorias y de alta mar es motivo de seria preocupación, según advirtió hoy un nuevo informe del organismo de la ONU.
  • Pesca caza... ou pesca cultivada? por Marisol Soneira

    Queridos amigos de Camariñas.eu, invítame Diego a que faga un artigo sobre a controversia suscitada fai uns días por manifestantes contra os polígonos acuícolas. Acepto a invitación e quero mostrar, publicamente, a miña posición con respecto a este asunto que me parece moi importante para o noso futuro, como especie, e para o futuro do planeta.
  • Primer Encontro de Man en Camelle

    Este sábado celebrouse en Camelle o 1º Encontro de Man ao que asistiron persoeiros do mundo da cultura coma o escritor Suso de Toro, que ven de publicar un novo libro sobre o presidente do Goberno (Madera de Zapatero), que estivo profundamente interesado na iniciativa de camarinas.eu; Antón Sobral un dos impulsores e artífices da iniciativa, que lucía un pintoresco sombreiriño (ao estilo de Beiras); Xoán Abeleira, o cal pese a xa ter a súa idade lucía unha chiviña moi xuvenil; o director do filme documental sobre Man Bernardo Cerquera, gran coñecedor de todo o que teña que ver con Man; o suposto actor Miguel de Lira, bastante sobreactuado en todo momento e que ninguén sabía moi ben que pintaba alí; procedente de Baio, Jorge Mira, Director do Departamento de Física Aplicada da USC, máis coñecido como colaborador do famoso programa de sobremesa da TVG no que tamén está presente Yolanda Castaño, e un longo etcétera de intelectuales que participaron nas diferentes charlas que tiñan como eixo fundamental o análise da vida e obra de Man.
  • Firmas contra a piscifactoria de Arou

    A asociación para a defensa ecolóxica de Galicia (ADEGA) e veciños afectados polo plan sectorial de acuicultura de Galicia presentrán mañá centos de "alegacións" e miles de firmas para paralizar estas factorías. A noticia chegounos desde o rotativo lucense El Progreso. Nós desde camarinas.eu gustaríanos abrir o debate sobre o positivo ou o negativo destas factorías no noso litoral. As xentes deste Concello de Camariñas saben que o traballo aquí está escaso, moi escaso. Máis tamén sabemos que temos unhas paraxes naturais escepcionais con un atractivo turístico increible. Ábrese o debate: ¿Estas a Favor ou en Contra das piscifactorías na costa? Podedes empezar a constestar a esta cuestión pulsando en "Comentar o artigo"