• Preto de medio millar de persoas participan nas actividades organizadas polo Concello de Camariñas

    Como cada ano son moitas as persoas, adultas e máis cativas, que se apuntan á oferta cultural e lúdica do concello. E hai actividades que teñen un atractivo especial, como por exemplo o baile nos seus diversos estilos. Un total de 148 persoas demandaron esta actividade para o curso actual, según nos informa o concelleiro Sergio Caamaño, das que 59 optaron polo baile latino, 45 pola danza moderna, 30 pola danza coreográfica e 14 polo inicio á danza.