A pasada semana presentáronse as actividades de verán que se ofertan dende o concello de Camariñas, mais entre elas faltaba unha que se suma nos últimos días. Trátase de unha aula de palillo que terá lugar nas mañás de martes a venres con horario de 11 a 13 horas con grupos divididos entre adultos e nenos. O espazo seleccionado para levar a cabo esta actividade é a aula Raquel Moreira do Museo do Encaixe de Camariñas.
A inscrición é totalmente gratuíta e os interesados so terán que anotarse previamente na biblioteca pública do municipio ou ben no propio museo do Encaixe.
Hoxe, día 10 de Xuño, ábrese o prazo para inscribirse nas actividades de verán que se ofertan dende o Concello de Camariñas que, por mor da situación sanitaria, este ano terán prazas limitadas e realizaranse por quendas.
O Concello de Camariñas vén de publicar a súa programación cultural e deportiva para o verán. Así, durante os meses de xullo e agosto de 10 a 13:30 horas, os nenos e nenas do municipio terán unha alternativa de ocio que permitirá facilitar a conciliación das familias. Desde as áreas de Cultura e Deportes do Concello deseñaron unha serie de obradoiros destinados a satisfacer as demandas dos máis pequenos e abarcando todas as idades.
Fonte: Escola Galega de Consumo