• A Xornada de Juanillo, 6 de outubro de 2013

    O Camelle SD segue invicto nesta temporada 2013-2014 - Foto: sdcamelle.blogspot.com.es
    Xornada mala para os nosos equipos de fútbol onde tan só o Camelle foi quen de conseguir un empate en Cabana, empate que mantén invicto ao conxunto camellán. O FC Camariñas caeu derrotado por goleada ante o Agolada dando unha mala imaxe e o Porteño sufriu a primeira derrota da tempada no campo dun dos favoritos, o Fisterra. No balonmán, o CB Camariñas conseguíu a súa primeira victoria da tempada ante o Conxo, demostrando que van a máis a medida que avanzan as xornadas. O equipo femenino caeu derrotado por un marcador abultado en O Grove, en plena Festa do Marisco, pero pese a todo, as nosas rapazas están pagando a falta de experiencia na maioría das súas xogadoras pero van a dar moito que falar en canto perdan ese respeto á competición.
  • A Xornada de Juanillo, 29 de setembro de 2013

    O Porteño é o novo co-lider da Liga da Costa
    Pleno de victorias futbolísticas municipais na que foi a derradeira xornada do mes de setembro: triunfos inapelables de Camariñas, Porteño e Camelle que gañaron os seus partidos demostrando que esta fin de semana pasada foi propicia para os nosos conxuntos de balompé. Pero si mentras no fútbol houbo pleno, no Balonmán foi o contrario e así os equipos senior masculino e feminino do Balonmán Camariñas perderon ámbolos encontros. Unha xornada máis o repaso máis exhaustivo ao mundo do deporte federado no Concello de Camariñas en Camarinas.eu.
  • A Xornada de Juanillo, 22 de setembro de 2013

    O redactor de deportes de Camarinas.eu desgrana todo o acontecido no deporte municipal
    Fin de semana onde houbo 1, X e 2 dos nosos equipos. O FC Camariñas que no minuto 80 de partido gañaba por un gol a tres, perdeu finalmente o partido, en 10 minutos recibío 3 goles, un kaos final que deixou aos nosos sen premio. O Porteño segue ao seu e voltou cunha nova victoria de Corcubión, xa van tres de tres. O Camelle voltou a empatar, pero tras ser atracado polo árbitro e cun home menos, aínda así logrou empatar un partido que no descanso perdía por catro goles, ahí queda eso. Comezou a súa andaina o equipo senior masculino do Balonmán Camariñas, os de Moncho perderon por un gol na súa estrea no torneo copeiro.
  • A Xornada de Juanillo - 16 de setembro de 2013

    O redactor de deportes de Camarinas.eu Juanillo desgrana todo o acontecido na xornada

    Segunda xornada ligueira de fútbol moi positiva para os nosos conxuntos onde case hai pleno de victorias. O Camariñas consegue os tres primeiros puntas da tempada ante un floxo Piloño, o Porteño acadaba unha nova victoria diante dun dos galiños da categoría como é o Corme, mentras que o Camelle empatou ante o Muros nun partido onde mereceron mellor sorte. O fútbol está en marcha mentres o Balonmán Camariñas engrasa tódalas máquinas ante un comezo de campeonato que está a volta da esquina.
  • A Xornada de Juanillo - Comeza a temporada 2013-2014

     Juanillo, O Mago de Corea, continúa as crónicas do que aconteza na xornada futbolística do Concello de Camariñas

    Comezou unha nova tempada de fútbol para os equipos do noso Concello, onde o Camariñas pelexará unha tempada máis na Primeira Rexional mentres que tanto o Porteño coma o Camelle estarán na Liga da Costa, a lexendaria Segunda Rexional. O Camariñas conta con moitos xogadores novos, voltan homes que xa estiveron en outras tempadas anteriores como Mario Toja, o seu irmán David Toja, Yuyo, Pablo etc, mentras no banco continuará Berto. O Porteño é o conxunto máis remodelado, conta cunha nova directiva, un novo adestrador como é Ángel Insua Rial, o Roski, e con moitos xogadores novos: Carlos Meu Lar, Bonano, etc. O terceiro en liza dos nosos, o renacido e exitoso Camelle, aposta pola continuidade da maioría do seu plantel e do adestrador Pupus, unha continuidade gañada no campo a tempada pasada. Comeza un exercicio no que Camarinas.eu contaravos tondo canto aconteza cos nosos conxuntos como ven sendo costume nestes derradeiros anos. Moita sorte para todos e que se cumpran os obxetivos!!!.
  • A Xornada de Juanillo 28-04-2013

    O Estadio Municipal da Grixa vibrou cun intenso Porteño vs. Camelle - Foto: sdcamelle.blogspot.com.es

    Xornada na que o Camariñas como era de prever perdeu co líder e novo conxunto da Preferente como é o Estudiantil, pero houbo resultados como o do Fisterra que caeu có colista e o Flavia que perdeu co Noia que fixeron que os camariñáns dependan de si mesmos para salvarse. Terán unha auténtica final diante do Laro, onde só vale a victoria ante un rival que virá a por todas porque para salvarse necesita gañar ao Camariñas. O partido da xornada estivo na Ponte do Porto, concretamente no campo da Grixa onde o Porteño deu un paso e medio para ascender vencendo por un solitario gol ao Camelle. O Xaviña está rematando a ligue dun xeito fenomenal e goleou ao Corcoesto.
  • A Xornada de Juanillo 21-04-2013

    O Camelle sufríu unha inesperada derrota no campo do Rodeiro - Foto: sdcamelle.blogspot.com.es

    Nova xornada dos nosos conxuntos onde o máis destacable foi a derrota do Camariñas que o coloca novamente nunha situación perigosa dados os resultados positivos acadados polos conxuntos que estaban nos postos de descenso. O Camelle pinchou na casa e o Porteño aproveitou o pinchazo para pasarlle na clasificación e ámbolos conxuntos afrontarán a vindeira xornada un derbi apaixoante co ascenso en xogo. O Balonmán Camariñas Conservas Boya rematou a tempada cun empate no Pavillón do Areal e xa planifica a próxima tempada, un exercicio no que xa non estará Kin, o gran xogador da Vila das Palilleiras decidiu abandoar a práctica do balonmán e o partido ante o Carballal foi o seu último encontro vestindo a elástica camariñana.
  • A Xornada de Juanillo 14-04-2013

    Victoria importantísima do FC Camariñas na súa loita pola permanencia

    Salvou un match ball o Camariñas e dou un paso máis para acadar a salvación vencendo ao Malpica a domicilio. O Porteño foi mellor que o líder en todo menos no marcador final, e tan só puido sumar un punto que o segue mantendo na loita polo título, unha pelexa na que o Camelle está nunha posición de privilexio, a tan só 2 puntos do líder e dous por encima do Porteño tras a súa victoria en Cee ante o Ameixenda. O final de liga promete ser apaixoante. En canto ao Balonmán, o Balonmán Camariñas Conservas Boya, dou a cara diante do líder pese a caer derrotado por dous goles, e xa prepara a festa de despedida da tempada no derradeiro partido de liga que xogará no Pavillón do Areal.
  • A Xornada de Juanillo 07-04-2013

    O Xaviña de Pirucho logrou unha nova victoria no Hermanas Patiño

    Nova xornada competitiva no deporte da Costa da Morte despois do parón da competición por mor da Semana Santa no que a derrota do Camariñas volta a metelo na liorta do descenso onde a cousa está máis apretada que nunca, con moitos equipos metidos na pelexa por evitar o descenso. Pleno na terceira rexional onde todos os nosos gañaron os seus partidos apretadamente, mentras que no balonmán, o Balonmán Camariñas dixo adeus a calquera opción de poder ascender a primeira nacional.
  • A Xornada de Juanillo 24-03-2013

    O FC Camariñas goleou ao Cacheiras a domicilio

    Xornada na que cabe destacar a gran victoria do Camariñas en Cacheiras que lle sirven aos camariñáns para dar un paso de xigante para acadar a permanencia. O Porteño e o Camelle non queren perder comba na súa loita titánica por acadar o ascenso á Segunda Rexional e así conqueriron importantes victorias nos seus encontros,, mentras que o Balonmán Camariñas gañou a domicilio ao Rasoeiro nun gran partido e sigue apurando ata o final as suas opcións.
  • A Xornada de Juanillo 17-03-2013

    Borja no momento de rematar o que sería o gol que deu a victoria ao Xaviña

    Despedíose o inverno cun  mal fin de semana de resultados para os nosos conxuntos onde tan só o Balonmán Camariñas na fase de ascenso a Primeira Nacional e o Xaviña en fútbol, obtiveron victorias. Especialmente impactante foi o triunfo dos pupilos comandados por Isaac Caamaño, o home ao que lle cabía un club de fútbol enteiro nos miolos, que acadaba un resultado desacostumado de 6-5 a enmarcar para os anales do balompé da Costa. E así mentras na volcánica Illa de Arousa o Ordes de Juanillo empataba ante o Céltiga, o FC Camariñas daba un perigoso traspés nas súas opcións de manterse na categoría e o Porteño recibía un duro e inesperado correctivo en Corcoesto. Polo que respecta ao noso deporte femenino, destacar o empate do equipo senior femenino de balonmán que rompe deste xeito unha racha negativa.
  • A Xornada de Juanillo 10-03-2013

    O Xaviña apura a súa terceira temporada na implacable competición federadaNova xornada deportiva e xa van quedando poucas para o remate das competicións, onde cabe destacar a gran victoria do Camariñas a domicilio ante un rival directo para evitar o descenso, o Amio. Na terceira rexional o Porteño acadou unha importantísima e traballada victoria mentres que o Camelle voltou a perder ao igual que o Xaviña. No balonmán destacou a victoria dos camariñáns a domicilio na fase de ascenso mentras que o plantel femenino caia con contundencia.
  • A Xornada de Juanillo 03-03-2013

    O Camariñas tan só conseguíu un empate a dous contra o Fisterra

    Xornada mala en liñas xerais para os conxuntos do noso Concello, onde salvo o Porteño en categoría senior, non houbo ningunha victoria dos nosos. Así o Camariñas acadaba un empate no Hermanas Patiño ante o Fisterra e fía gran parte da súa sorte no campeonato ao vindeiro encontro contra un rival directo na loita pola permanencia como o Amio. Peor lle foron as cousas ao Camelle en Carballo onde con polémica arbitral incluida caía ante o Independente. E para completar este cuadro tenebroso o Club Balonmán Camariñas caía en casa pola mínima ante o S.A.R. Redondela. Non comenzou demasiado ben o mes de marzo deportivo no Concello de Camariñas.
  • A Xornada de Juanillo 24-02-2013

    Os afeccioados do SD Camelle levan en volandas ao seu equipo en cada xornada Foto: sdcamelle.blogspot.com

    Nova xornada deportiva dos nósos equipos que obtiveron resultados diversos. Destacar a derrota do Balonmán Camariñas pola mínima, o empate do Camariñas, a victoria do Porteño que rompe a mala racha que levaba, derrota do Xaviña e a suma de tres novos puntos do Camelle que non xogou polo abandono do Fisterra B. Tamén é noticia o comezo da Copa para o balonmán femenino en categorías inferiores o vindeiro fin de semana.
  • A Xornada de Juanillo 17-02-2013

    O Ordes de Juanillo camiña a consolidarse na fase de ascenso a 2ªB

    Xornada na que cabe destacar a gran victoria do Balonmán Camariñas que loitou contra o rival que era o líder e contra unha arbitraxe calamitosa, feita adrede, pero que non puido ante o orgullo e tesón dos nosos. Falando xa de fúbol, o FC Camariñas non é capaz de gañar para sair dos postos perigosos, o Camelle é líder en solitario mentras que o Porteño e o Xaviña perderon os seus encontros. Pero con todo, novamente a machada da xornada provén dun conxunto humilde, o Ordes, que pensado para loitar pola permanencia na Terceira División, a base de boas fichaxes e unha gran planificación, asombra a todo o universo futbolístico galego e xa marcha cuarto da competición. Directo a toda unha señora fase de ascenso a Segunda División B. Que siga a racha.
  • A Xornada de Juanillo 10-02-2013

    Novo líder de 3ª Rexional: O Camelle

    Nova xornada na que o Balonmán Camariñas gaña como visitante o seu primeiro partido da fase de ascenso e mostra as súas credenciais. No fútbol da costa, dous empates, o do Camariñas e o do Porteño, unha derrota, a do Xaviña e a victoria do Camelle que vai moi en serio e sitúase como colíder da categoría igualado en puntos co todopoderoso Independente de Carballo. Con todo os resultados deste domingo veñen marcados polo impresionante triunfo acadado polo Ordes de Juanillo ante todo un histórico da Terceira Galega como o Rápido de Bouzas. Pouco a pouco consolídase o proxecto posto en marcha polo ex compostelanista Nacho e de ter como o obxectivo a permanencia agora xa non constitúe unha quimera sonar con maiores metas. Todo elo gracias, entre outras cousas, a un Mago de Corea que parece vivir en perpetuo estado de gracia.
  • A Xornada de Juanillo 03-02-2013

    O Camelle logrou unha importantísima victoria fronte ao Cerqueda. Foto - sdcamelle.blogspot.com.es/

    Fin de semana deportivo no que que a maior parte dos resultados foron positivos para os nosos equipos e no que destaca a primeira derrota da tempada do Porteño, que deixa un record impresionante. Fui tras 21 xornadas de liga cando lle tocou hincar a rodilla ao conxunto maxistralmente dirixido por Gerpe. Por outra banda, toda a base de traballo ben feito, profesionalidade e rigor deixadas atrás polo ex míster camariñán Pepucho servío para que o conxunto da Vila das Palilleiras volvera á senda da victoria e acadara un importante e solvente triunfo ante o Flavia. Pero sobre todo non pode deixar de sorprender a impresionante campaña que está a desenrolar o club que ten por amo da súa banda esquerda ao mellor futbolista que dou nunca a Costa da Morte: nova victoria do Ordes de Juanillo que o sitúa no extrarradio dos postos de promoción e con opcións de soñar con maiores xestas que as de conservar a categoría. ¿Sumará a carreira de Juan Manuel Cabrejo Pasantes unha fase de ascenso máis que engadir a unha carreira profesional envidiable e intachable?
  • A Xornada de Juanillo 27-01-2013

    Tres grandes do FÚTBOL CAMARIÑÁN: Nando, Pepucho e Juanillo que sae en defensa do traballo realizado por Pepucho no FC Camariñas

    Nova xornada marcada pola decisión tomada pola directiva do Camariñas C.F. con Luis Rodríguez a súa cabeza, de destituir a Pepucho como adestrador do equipo. Decisión para miña opinión equivocada e da que falaremos na crónica do partido e que fai que teña que abandoar a dirección técnica do club camariñán o que que despois de anos e anos de reiterados fracasos foi quen de devolver o equipo da súa alma á Primeira Rexional. Polo demáis, os resultados dos nosos equipos non foron moi favorables xa que houbo máis derrotas que victorias. Destacou un partido, o correspondente a liga de Terceira Rexional onde o derbi que enfrontaba ao Camelle e ao Xaviña decantouse de lado camellán.
  • A Xornada de Juanillo 20-01-2013

    Felipe Santos marca tres goles nun gran partido contra o Lira

    Nunha xornada marcada por unha oleada de suspensións e aprazamentos por toda a costa atlántica galega, no que un temporal, agora chamado cicloxénesis explosiva, co nome asiático de "Gong", deixounos ventos e chuvias que provocaron algún que outro problema pero no que finalmente agás o partido do Camelle que se suspendeu, os demais encontros dos nosos conxuntos puideron xogarse, fui cando voltou a normalidade aos deportes do xigante cibernético da Costa da Morte. E fíxoo a través da crónica semanal redactada polo mellor futbolista en toda a historia do Concello de Camariñas, un Mago de Corea que sempre fui quen de verter o talento inagotable que atesoraba como futbolista ás labouras xornalísticas na web da súa terra da alma.
  • A Xornada de Juanillo 13-01-2013

    En breve o mellor futbolista da historia da Costa da Morte voltará ca súa crónica semanal

    Semanas estas últimas de trafegos constantes para o redactor xefe dos deportes de Camarinas.eu que truxeron como consecuencia inevitable unha pequena paralización na crónica deportiva máis completa, documentada e leída da Costa da Morte. Con todo Juan Manuel Cabrejo Pasantes, non quería deixar aos seus numerosos lectores sin estar ao tanto da actualidade deportiva do concello e así, impoñéndose á adversidade, remite a esta redacción unha mini crónica ca que non perder comba da evolución competitiva dos nosos clubs.