FÚTBOLPRIMEIRA REXIONALFLAVIA 1-0 CAMARIÑASNova derrota do equipo de Berto que caeu en Padrón ante o Flavia por un solitario gol que fai que o Camariñas quede na última posición empatado a puntos có Ponteceso e a catro puntos da salvación sempre e cando non haxa arrastres, pois de ser así e como parece ser que os vai haber, estaría a sis puntos da salvación.Foi un partido igualado, sen moito fútbol e no que non había moitas ocasións, partido no que se vía que o que marcara íbase a levar o gato a auga, e así foi, o equipo local ao inicio da segunda metade, marcou o gol que significaría a victoria. Segue en caída libre o Camariñas e moito nos tememos que o descenso cada xornada que pasa é mais real.Todo segue igual no clube camariñán que non parece que vaia tomar decisións ante esta situación complicada que está a vivir e na que toca agarrarse as matemáticas, pois mentres hai puntos en xogo todo pode pasar. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao líder, o Noia.SEGUNDA REXIONAL. LIGA DA COSTAFISTERRA 3-0 CAMELLEDerrota do Camelle de Pupus nun partido moi disputado. en momentos bronco, no que o Camelle chegaba a xogar con 11 homes xustos e no que rematou con oito debido a unha expulsión e duas lesións que impediron que o Camelle puidese remontar. Foi un partido tenso, no que a pesar das baixas o Camelle dou a cara en todo momento, sobre todo na primeira metade cando estaban once contra once.Antes do remate da primeira metade, marcaría o Fisterra un gol dos denominados psicolóxicos, a eso uníose a agresión recibida por Miguel Riveiro que ainda por encima de ser agredido , foi expulsado por insultar segundo o colexiado ao rival que o agredira. Na segunda metade e tralo segundo gol dos Fisterráns, o partido acabouse e o Camelle remataría con oito homes debido as lesións de Adrián e Jesús.O Camelle sitúase no posto decimocuarto con 22 puntos, empatado có Volantes e co Muros. A próxima xornada o Camelle recibe ao líder, o Sofán no Rodeiro.SOFÁN 4-2 PORTEÑOCaeu o porteño do Roski por catro goles a dous nun partido disputado en Carballo ante o líder e no que o Porteño deu a cara en todo momento, tratando de tú a tú a un dos galiños da categoría e na que un gol no último minuto do primeiro tempo cando o resultado era de empate a un tanto, gol do Porteño acadado por Varela, sería clave para o futuro do partido.Trala reanudación, o Sofán sentenciaría o partido có terceiro aos poucos minutos de comezar o segundo tempo. Chegaría o cuarto e xa no desconto o segundo do Porteño de panalti transformado por Ismael. O Porteño ocupa o posto decimosegundo con 27 puntos. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Carnota.COPA DA COSTA XUVENILComeza a Copa da Costa xuvenil onde o CAMARIÑAS recibe ao Coristanco e o PORTEÑO visita ao Castriz.LIGA CADETEESTEIRANA 6-3 AS BALEAS (A próxima xornada As Baleas recibe ao Muxía)LIGA DE VETERÁNSPRIMEIRA DIVISIÓNCAMARIÑAS 1-4 ZAS (A vindeira xornada o Camariñas xoga en Cabana)SEGUNDA DIVISIÓNPORTEÑO 5-6 ERBECEDO (A próxima xornada o Porteño recibe ao Leiloio)BUÑO 0-5 CAMELLE (A vindeira xornada o Camelle recibe ao At. Milagrosa)BALONMÁNPRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINAPOIO-ARTAI 25-36 BALONMÁN CAMARIÑASFantástica a victoria dos de Moncho na cancha do segundo clasificado onde os Camariñáns xogaron un gran partido e foron mellores de principio a fin que un rival que nada puido facer parar parar as acometidas Camariñanas.Gran partido en defensa e en ataque onde os pupilos de Moncho chegaron ao descanso cunha ventaxa de tres goles, pero o espectáculo Camariñán chegaría na segunda metade, cunha gran defensa que permitía veloces contras para matar a un rival que se veu superado en todo momento polos da terra do encaixe. Toca confirmar esta gran victoria a vindeira xornada ante o Conxo, un equipo có que perdeu o Camariñas cunha polémica actuación arbitral e toca resarcirse.PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINACASELAS 22-19 BALONMÁN CAMARIÑASDerrota das Espartanas Camariñanas en Salceda de Caselas onde caeron por tres tantos nun partido onde a clave estivo nos erros no lanzamento das nosas, pois marraron numerosos intentos de cara portería rival que impedío que as Camariñanas etiveran opcións de levarse a victoria.Pesa a non estar afortunadas en ataque, as nosas demostraron a garra que atesouran e intentaron por tódolos medios traer algo positivo de Caselas pero foi imposible. Toca olvidar esta derrota e para elo, a próxima xornada, as Camariñanas terán como rival ao S.A.R, as terceiras clasificadas, o Pavillón do Areal ten que ser unha caldeira a presión para axudar as nosas.Isto foi todo canto aconteceu nunha xornada mala para os intereses dos nosos conxuntos. Coma sempre CAMARINAS.EU, contouvos todo canto aconteceu no plano deportivo cós nosos equipos.
Páxina 2 de 8