• 125 Aniversario Industrias Cerdeimar

    Non só ían ser grandes clubs de fútbol como o FC Barcelona ou o Real Madrid os que organizaran celebracións de centenarios que duraran todo un ano e así Industrias Cerceimar poñía este sábado 18 de setembro de 2010 fin ás celebracións que comenzaban un ano antes, concretamente un lonxano 5 de setembro, ca homenaxe que o Club Náutico de Camariñas rendía á empresa conserveira fundada un día alá polo 1884. E os actos programados incluiron unha recepción oficial na Casa do Concello ao Presidente da Federación Española de Balonmán, unha misa na Igrexa de San Xurxo e un paseo polas instalacións da Industrias Cerdeimar que incluiron a unha gran diversidade de persoalidades políticas e veciños e traballadores da Vila dos Encaixes.
  • Victor Vigo, redactor de balonman de camarinas.eu

    Con motivo da presentación en sociedade do histórico encontro que, dentro dos eventos previstos no Trofeo "125 anos Conservas Boya", este domingo 23 de maio enfrentará a partir das 19:00 no Pabellón de O Areal ás seleccións de balonmán de Galicia e Inglaterra, procedemos a dar a coñecer unha noticia que sen dúbidas aledará sinceiramente a tódolos aficcionados camariñáns e que redobra a aposta de camarinas.eu por este deporte: a fichaxe da maior perla surxida da prolífica canteira camariñana, Víctor Vigo, como redactor balonmanístico da web líder da Costa Atlántica. Dita colaboración desenrolarase a partir da próxima tempada 2010-2011 cunha crónica semanal que pasará revista ao realizado polo seu equipo, o Naturhouse Logroño, na Liga Asobal e ás xestas do Conservas Boya na competición rexional. E como aperitivo do que está por vir publicamos, xunto á nota de prensa remitida dende o C.B. Camariñas, as primeiras impresións de Victor Vigo como redactor de camarinas.eu referidas ao previo que enfrontaba ao seu equipo co Octavio Pilotes Posada na derradeira xornada da mellor liga do mundo, partido no que á postre venceu o Naturhouse Logroño e no que acadou unha meritoria quinta plaza final na Liga Asobal. Desta forma a sección de deportes de camarinas.eu queda configurada como unha das mellores do xornalismo galego, tendo como redactores aos dous mellores xogadores de toda a historia da Costa da Morte no ámbito do fútbol e do balonmán. Porque todo o mellor surxido de Camariñas acaba en camarinas.eu, a web obxectiva, imparcial e apolítica: a web feita día a día polas xentes dun Concello único. 
  • 125 anos nos contemplan - Homenaxe a Industrias Cerdeimar no Club Náutico de Camariñas

    Despois de dezaoito anos de existencia, o Club Náutico de Camariñas experimentaba  este sábado 5 de setembro de 2009 o maior cheo da súa historia cando máis de 300 persoas agolpábanse no seu Salón de Actos para asistir á Homenaxe ao 125 aniversario de Industrias Cerdeimar, sen dúbidas a gran empresa histórica do Concello de Camariñas. Unha avalancha de personalidades do mundo político municipal e autonómico, unha morea de veciños de Camariñas que coa súa presencia quixeron testimoniar o seu cariño, unha familia Cerdeiras prácticamente ao completo, pero sobre todo máis dun centenar de traballadoras e traballadores da empresa que tanta vida dou a un concello deprimido e illado, convertiron unha homenaxe xusta e necesaria nun evento histórico. Camarinas.eu deixa constancia do acto para a posteridade cunha galería fotográfica de 100 imaxes.
  • A merecida homenaxe á gran empresa de Camariñas: Industrias Cerdeimar

    Pois aquí en camarinas.eu tamén quixemos sumarnos á gran homenaxe aos 125 anos de existencia de Industrias Cerdeimar que terá lugar nas instalacións do Club Náutico de Camariñas  a partir das 19:30 horas deste sábado 5 de setembro de 2009, confeccionando un cartel á altura da importancia histórica do evento e cunha impresionante reportaxe fotográfica que rememora a visita que a ex-Conselleira de Pesca Carmen Gallego e o ex-Delegado do Goberno en Galicia Manuel Ameijeiras realizaron un frío e chuvioso 26 de novembro de 2005 á que sempre foi a gran empresa histórica do Concello de Camariñas. Corrían os tempos do tamén ex-alcalde Bautista Santos Ramos e o motivo de tan importante visita viña constituido pola inauguración das novas instalacións de "A Fábrica", o nome coloquial co que siempre coñecemos na Vila dos Encaixes a unha empresa presente no corazón de tódolos camariñáns. Aquí está a galería fotográfica que constitúe o sinxelo agasallo de camarinas.eu que se suma a unha homenaxe xusta e necesaria.