- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Caso contra a Familia Lin Caso contra a Familia Lin
- Created: 14 Mai 2008 14 Mai 2008
O TSXG devolve as licencias de pesca á Familia Lin

Esta imaxe, tan anhelada, volverá a verse no día da Nosa Festa do Carmen
Tal e como recolle hoxe o diario La Voz de Galicia, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), órgano que culmina a organización do poder xudicial na Comunidade Autónoma Galega, resolvío deixar sen efecto a suspensión das licencias de pesca dos barcos da Familia Campaña Carril "Lago Dos" e "Manuel de Lin", o cal sen dúbidas supoñe un forte varapalo á decisión adoptada no seu día por Carmen Gallego, Conselleira de Pesca. O Tribunal entende no seu auto que a suspensión das licencias vulneraba o dereito á presunción de inocencia dos irmáns Campaña Carril, dado que no caso de que estes foran absoltos causaríaselles un perxuizo irreparable.
Ante esta decisión xudicial que causa unha enorme alegría no seno da
redacción de camarinas.eu, a Consellería de Pesca dispón de 5 días para
apelar mediante recurso de súplica. En calquer caso, esperemos que
todo siga saíndo ben, conforme o que é xusto e legal, e en pouco tempo poidamos
ver a estela do Lago Dos e e do Manuel de Lin, pilotados ambos polos seus dous expertos patróns,
saíndo pola boca do porto de Camariñas cara o lugar de onde nunca
deberon saír: o mar.

Manuel de Lin, no centro da foto arroupado por todo o pobo de Camariñas
Comentarios
POr a familia
Aora que blba todo a normalidad
e que pesquen moito
saludos
¡¡¡JAS A FONDO E PEIXE PA TERRA!!!
SORTE
Solo nos cabe esperar que a Sra Conselleira a cepte a decision do TSXG e que non vaia mareando mais a perdis.
Hoxe hay que selebralo!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.