- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Caso contra a Familia Lin Caso contra a Familia Lin
- Created: 19 Novembro 2007 19 Novembro 2007
"Se non estiveramos os tres xuntos no cárcere non sabemos o que sería de nós..."
Chega a entrevista dos irmáns Campaña Carril da man de camarinas.eu
Chega a entrevista definitiva. A entrevista que esperaba todo o pobo de Camariñas. A entrevista de verdade, na que os tres irmáns Campaña Carril relatan ao reporteiro de camarinas.eu Diego Alonso Freire como sobreviviron ao pesadelo de Teixeiro e que sentiron cando viron o recibimento que tódolos camariñáns lles tiñan preparado o Xoves 15 de novembro. Un día que nunca esquecerá a familia Lin, un día que nunca esquecerá Camariñas. Esta foi a entrevista que tivo lugar na casa dunha familia de novo unida.
Caía unha fina choiva de outono este último domingo 18 de novembro cando o reporteiro de camarinas.eu chegou a unha casa situada nun recunchiño dunha das típicas rúas mariñeiras de Camariñas: a Rúa Pío Pío donde vive dende hai varias xeracións a familia Lin. Alí estaba esperando de novo unha familia unida, feliz na que os rapaces pequenos, incansables, correteaban por toda a casa. Don Edelmiro, o cabeza de familia, estaba a preparar para os seus unha paella mentres Dona Pilar, ca hospitalidade característica do mariñeiro camariñán, non paraba de ofrecerlle calquer cousa que houbera na súa casa, un café, un biscoito, unha cervexa, o que fora.
En primer lugar, ¿como vos encontrades, que tal estades?
Perfectamente, estamos no ceo comparado como estábamos alá. Sobre todo as comidas do noso pai, no calor da nosa casa de sempre, entre os nosos, non se poden comparar ca comida da prisión
¿E duro volver a reengancharse a vida normal despois de dous meses en prision?
Un pouco sí, unha cousa que nos quedou de alá e mirar sempre o reloxio para ver cando era a hora de salida ó patio ou a hora de comer, ou sexa, as horas que rompían ca monotonía infinita do cárcere.
Cando un chega ao pueblo e ve semellante recibimento, ¿que pensa?
Algo apoteósico, indescriptible, démonos conta de que durante todo este tempo a xente de Camariñas estivo tan preocupada como nós polo noso futuro. Pero sobre todo foi unha sorpresa, porque non sabíamos como nos ía a recibir a xente.

Felipe, Carlos e Manuel pasan revista a todo o acontecido na prisión de Teixeiro
O mércores 19 de setembro, ¿caíovos o mundo enriba?
Nun primeiro momento non pensábamos que íamos a chegar ó carcere, pero despois cando chegamos a Corcubión diante do xuiz, que dictou o auto de ingreso en prisión e nos puxeron as esposas, vimos a gravidade que alguen lle quería dar. Que nos caío o mundo enriba, eso é pouco. Eu díxenlle a un policía (fala Manuel) que non era necesario que nos esposara, que non éramos asesinos, decíallo con toda a miña ansia, case desesperado, pero o policía, impasible, contestoume que era o protocolo que se aplicaba cando unha persoa entra no cárcere. Ao que eu máis lle temía era que o meu fillo vira a imaxe do seu pai inocente entrando no cárcere esposado como un delincuente.
¿Qué recordades daquel día?
O peor día da nosa vida. Non entendíamos como podíamos estar ahí, qué tipo de xustiza era esa. Nós só éramos mariñeiros, traballadores: xente do pueblo. O que nos salvou deste pesadelo no cárcere foi estar xuntos na celda, se non chegamos a estar xuntos non sabemos o que sería de nos. Posiblemente...bueno...xa non queremos nin pensalo.
Cando unha persoa normal, que non roubou nin matou a ninguén, vese nunha celda, ¿qué se lle pasa pola cabeza?
Inxustiza, pensábamos que este trauma ía ser moi difícil ou imposible de superar, sobre todo para a xente que estivo toda vida a traballar a golpes de mar.
¿Como era a vida diaria na prisión?¿En que gastabades o tempo?
Unha cousa que un ve ó chegar á prisión, aínda que pareza increíble, é que hai xente á que lle gusta estar no cárcere: teñen un teito, teñen comida, os toxicómanos teñen metadona, en fin, están na súa casa. O tempo pasábamolo sobre todo xogando a baraxa, e claro, recordábamos con nostalxia as partidas no bar Gaviota ca tripulación dos dous barcos, Lago Dos e Manuel de Lin, cando partíamos as ganancias da semana de pesca. Tanto xogamos que o final aquí Felipe, que non era moi dado ós xogos de mesa, aprendeu tódolos xogos, e ata nos gañou o chinchón, cousa que nos sorprendeu moito. ¡A ver se agora se anima e nos mete unha man contra os chavales no Gaviota!

Carlos e Manuel este verán nun acto do Club Náutico
Sen embargo, comentáchedes que esperábades que o cárcere fose moito máis duro, ¿qué pasa, nada pode cun mariñeiro camariñán?
Bueno, o cárcere é duro, pero como decíasmos antes, o estar os tres xuntos foi o que nos dou as forzas e valíonos para apretar máis ese lazos que nos unían. Hoxe, a familia Lin é moito máis forte. Agora, pase o que pase, eses lazos son irrompibles.
¿Tiñades acceso a internet en Teixeiro?
¿Internet? Nada de nada. Tampouco móvil. E cada semana, oito chamadas de só cinco minutos e só a cinco números que tiñas que dar previamente.
¿Cada canto eran as visitas da familia?
Eran os sábados nunha cabina e duraban corenta cinco minutos. Era algo moi frío, separados por un cristal, falando por un micrófono, era como ver a tele. Unha cousa que tíñamos clara era que antes de saír pola porta tíñamos que xuntarnos os tres e reunir as forzas necesarias para non derrumbarse diante dos nosos, que non nos viran chorar, sobre todo polos nosos fillos e os nosos pais. As despedidas da familia e a volta ó módulo carcelario eran terribles, podían acabar co máis forte dos homes. Non llo desexo a ninguén.
¿Sabíades na cadea que o pueblo estaba volcado con vos?
Sempre nos decía a familia que todo o pueblo estaba con nós, pero ó mesmo tempo pensábamos que nolo decían só para animarnos. Despois as mensaxes impresas que nos traían as nosas mulleres dos usuarios de camarinas.eu fixeron que víramos a realidade do que estaba a pasar nas casas de Camariñas. Esas notas de apoio de xente humilde, con faltas de ortografía, de xente que choraba ó mesmo tempo que escribía, foi vital para nós. Vimos que había un pobo detrás que nos apoiaba e que xa nos quedaba pouco tempo en prisión.

Chaveli e Felipe agora voltarán a estar xuntos outra vez
Entón a solidaridade do pobo de Camariñas, que cristalizou sobre todo nos comentarios que escribían os usuarios de camarinas.eu, e que a familia vos transmitía, ¿foi vital para que aguantárades o pesadelo de Teixeiro?
¡Uufff, mi madriña! ¿Qué vos vamos a contar? Aínda hoxe estamos a repasar tódalas noticias e os comentarios que saían en camarinas.eu. No cárcere dábannos gañas de chorar as palabras de alento de Merlín, de Pión, de Uxi, en fin, ¡¡todos, todos, todos!! Gustaríanos agradecerllo e saudar a todos e cada un deles pero, e que non se enfaden os demáis a quen nos gustaría coñecer persoalmente e darlle unha aperta seía ao auténtico Bufardo.
¿Fixéstedes algún amigo en prisión?
Algún sí. O que me sorprendeu (fala Manuel) foi un día que estaba tarareando unha canción que nos ensinaron cando era un rapaz no Colexio Mosteirón de Sada para nenos procedentes de familias mariñeiras, esa canción era "La colonia Mosteirón", e na celda contigua de repente un preso preventivo que era de Malpica levantouse rapidamente e preguntoume de que coñecía a canción. E resultou que os dous estivéramos estudiando o mesmo ano e no mesmo pabellón : o pabellón Júpiter do colexio Mosteirón(cada pabellón levaba o nome dun planeta). Unha gran emoción embargounos aos dous e entón dinme conta das voltas que da a vida.
¿Qué tipo de xente había no voso módulo?
Había toda clase de xente e con todo tipo de delitos. Según os guardias e os demáis presos, os máis perigosos eran os marroquíes, "con esa xente tede coidado, poden acoitelarvos pola espalda por menos de nada", sen embargo os subsaharianos eran boa xente, víaselles un bo corazón africano.
¿E eles non vos comentaban que o voso encarcelamiento non tiña xeito?
Sí, moita xente. Sorprendíanse de que nos puxeran á cadea, e sorprendíanse moito máis con cada día que pasaba con nós dentro. Preguntábannos: ¿pero vós aínda estades aquí?
¿Qué podedes decir dende aquí para reinvindicar a vosa inocencia?
Nós somos xente mariñeira, traballadora, humilde, non sabemos nada de delitos. Nós só sabemos de traballar duro para dar de comer ós nosos fillos e aguantar da tradición da familia Lin: xa o meu tatarabuelo saía a pescar nunha tarrafa pola Ría de Camariñas hai douscentos anos.
E despois de dous meses de prisión, poñer unha fianza de tan só 7.000 euros para cada un, ¿non é unha proba que todo esto foi un tremendo error?
Sí, eso está demostrado, ti mesmo xa o dixestes na pregunta.

Xa o Venres pasaron pola redacción de camarinas.eu a agradecer o esforzo de camarinas.eu
¿Qué lle tedes que decir aos periodistas que dende o primer día xa dixeron que érades culpables e que chamaron ó mariñeiro camariñán "terrorista do mar"?
Non todo debería valer con tal de vender periódicos. O que quedou patente diante dos ollos de todo o mundo e, sobre todo, diante dos ollos dos mariñeiros camariñáns, e que o que sí hai son terroristas da información. ¿Como se pode xogar así ca vida de xente humilde?
Mentras non se repare a inxustiza totalmente e non vos devolvan as licencias, ¿cómo poderedes aguantar sin pisar o mar?
De momento estamos intentando superar o golpe que supuxo o cárcere. Temos fe en que a Consellería rectifique un pouco a medida tomada de retirarnos as licencias, porque as multas administrativas quedaron suspendidas e non entendemos como a retirada das licencias non queda suspendida tamén. O caso é que vinte familias de Camariñas, case cen persoas, están pendentes dun fío, están pendentes da emigración.
¿Cómo encarades o futuro?
Queremos ser optimistas e que nos deixen traballar que é o que sabemos facer, e manter as nosas familias, a nosa xente. A familia Lin vivío sempre do mar, sempre co mar e queremos recordar que os barcos do cerco de Camariñas, tan postos no punto de mira últimamente, dende hai catro anos poñen en veda a sardiña para a súa recuperación durante dous meses ó ano, nos que non saímos a pescar. Esto facémolo voluntariamente, non cobramos nada por elo. ¿Esto fano os terroristas do mar?
¿Queredes decirlle algo a través do medio de comunicación máis visto da Costa da Morte a toda a xente que vos apoiou?
Os malos recordos serán imposibles de esquencer, pero os bos, como o pobo unido apoiándonos en todo momento e a páxina de camarinas.eu con xente como vós ao frente, farán que co tempo desapareza o que vos ben chamástedes pesadelo. O que fixo toda a xente que nos apoiou non se poderá pagar en toda unha vida. A todos vós, dende donde queira que nos apoiarades, a familia Lin davos as grazas.

Unha vez rematada a entrevista e tomada unha cervexiña polo sedento redactor, Don Edelmiro, sempre afable, invita a Diego Alonso a cear con eles a suculenta paella recén preparada e confésalle, entre risas, que o secreto da paella está en botar as gambas na pota sen pelar "porque se se meten peladas, estes lobos non deixan unha triste". Así, o redactor marcha alegre, contento, coa conciencia do deber cumprido ao deixar unha familia de Camariñas de toda a vida, a Familia Lin de novo xunta e unida no seu fogar, e haber podido contribuir a elo se quera minimamente.

A imaxe que toda Camariñas desexava voltar a ver
Comentarios
Moitas Gracias Diego,,,,,,,,,, ,,,,,,
Desde luego, tanto la recogida de firmas con el recibimiento de estos impresentables, dice muy poco de un pueblo marinero. Ya veo que clase de marinero y que clase de artes son las que gustan usar en ese pueblo.
Solo espero que el próximo cartucho explote en cubierta y no en el agua.
Lo dicho UNA VERGUENZA
Vergonza dame o ter que leer o que un impresentable escribe.
Ningun da miña familia somos uns impresentables, a qui o unico que ten que espabilar eres ti.
Este pueblo mariñeiro e muito pueblo para xente coma ti,quen che dera vivir en CAMARIÑAS.
Eles son xente mariñeira,xente traballadora e onrada, cousa que ati non se che pode disir o mismo por que eres un canalla.
Non me relaxo mais con tijo.
Lo dicho,de sentido comun nin pa pipas o unico e que me das noxo e das vergonsa ala chabal a rañala.
Mi opinión, es tan valida como las demás y desde luego, MAS OBJETIVA además de ser pura lógica a los delincuentes, se les debe perseguir y no alabar. Parece, que la falta de educación de algunos, es el motivo de semejante disparate.
Los hechos hablan por si solos, así que de “gente mariñeira, xente tabuladora e Honrada” naa de naa. Más bien pareces de la cuenca minera, por aquello de “borracha y dinamitera”
En cualquier pueblo de marineros, estos hechos serian, cuando menos recriminados. Asi que, menos lobos caperucita. Manos mal, que el juez dictara en su dia y estos volverán al furao.
¿QUE ES LO QUE OS HA JODIDO DE TODO ESTO? YO CREO QUE FUE EL NO TENER GÜEVOS PARA DEFENDER A VUESTROS VECINOS (QUE ESTABAN ENTRE LA ESPADA Y LA PARED) Y AHORA QUEREIS NOMBRAROS JUECES Y VERDUGOS ANTES DE QUE SE HAGA EL JUICIO PARA DEMOSTRAR QUE TODO EL APOYO QUE RECIBIÓ LA FAMILIA LIN DEL PUEBLO DE CAMARIÑAS FUESE UN ERROR. NO REMUEVAS MÁS TODO ESTO "SENTIDO COMÚN", NO LO REMUEVAS MÁS PORQUE LO MÁS PROBABLE ES QUE QUEDES "ENFANGADO"
LO MEJOR QUE PUEDES HACER ES IRTE A TU CASA Y PREOCUPARTE DE TUS ASUNTOS QUE AQUI NO PINTAS NADA. Y TRANQUILO, QUE A LA FAMILIA LIN YA HAI UN PUEBLO QUE LA DEFIENDE A MUERTE. NO NOS HACE FALTA "TU SENTIDO COMÚN".
LA SECTA NO PINTÓ NI PINTA NADA AQUÍ
Busca, vergüenza camariñas, en el google, y veras, que sois la vergüenza de Galicia y toda la cornisa cantábrica, así que ¿Quiénes están en una secta? Ehh majete. Que sois cuatro lo que no tenéis en suficiente sentido común, cultura o educación, elegir el más adecuado o en casos particulares los tres a la vez, para ver la gravedad de los hechos.
Como, por ejemplo, la tenenceia de EXPLOSIVOS. Y que pasa, que los que utilizan artes tradicionales, parece que la dinamita en camariñas lo es, no trabajan para mantener a la familia? Para ser un delincuente, hay que matar o robar? Los violadores, maltratadores etc …¿Qué pasa con ellos?
Anda Ya, palurda pueblerina. Los que roban, como es para mantener a la familia, también son trabajadores honrados.
Manda Huevos, y yo que pensaba que la Galicia profunda era cosa del pasado.
Por cierto, la educación y la cultura, nada tienen que ver con los estudios.
DEJAR DE JUSTIFICAR LO INJUSTIFICABLE
Pues bien, no pierdo un minuto más de mi preciada vida escuchando a este personaje.
Por cierto, y antes de finalizar este minuto que le dedico al individuo en cuestión, quiero dejarle claro que este pais hay libertad de expresión recogido en nuestra constitución, en la declaración universal de derechos humanos y hasta si me apuras en convención Europea para la protección de los Derechos Humanos y las Libertades Fundamentales, pero en ninguno de los textos citados cabe el INSULTO, que es lo que tu haces.
pois iso e o que debemos facer co pobre animal de bellota este.
Mais ben creo que debemos compadecernos de el, xa que seguramente esta solo e triste, amargado, sin amigos nin familia que o queira.
Diego, propoño una recolecta pra comprarlle un agasallo pra estes Nadal a este pobre infeliz .
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.