- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Caso contra a Familia Lin Caso contra a Familia Lin
- Created: 15 Novembro 2007 15 Novembro 2007
A FELICIDADE DE TODO UN POBO. ACABOU O PESADELO
Unha muchedumbre como non se veu nunca en Camariñas botouse á calle esta tarde noite para recibir aos nosos tres veciños encarceados fai xa dous meses Felipe, Carlos e Manuel. O chamamento feito por camarinas.eu desbordou tódalas previsións e o caos producido por tal avalancha de camariñáns, que ledos e alegres, tomaron as rúas da nosa vila, veuse agravado pola ausencia de Protección Civil, os cales xa estaban avisados do que ía acontecer. Pero nun día como hoxe perdóase todo e a alegría que inunda os corazóns de tódolos camariñáns fai que pasemos por alto este asunto menor. Pulsa na foto para ver a reportaxe especial sobre a ledicia de todo un pobo.
Os tres irmáns Campaña Carril facían a entrada na súa querida vila natal sobre as 8:30 da tarde quedando detidos na curva do Casino debido a que a muchedumbre camariñana, que xa non podía esperar máis, saíolle ao paso quedando os coches que traian os irmans Lin parados no Casino. A partir de aquí tan só poideron seguir a pe entre as aclamacións, os vítores, os abrazos e as bágoas de ledicia da súa familia e de tódolos camariñáns. Unha hora e media levoulles facer o treito a pe entre o Casino e o San Remo, e unha vez alí, ante a insitencia dos alí congregados tiveron que subirse a un banco para saudar a multitude eufórica.

A ledicia chegou a tal punto que dona Pilar debido á emoción sufrío un leve desvanecemento do que , grazas a Deus, axiña se recuperou. Sen dúbida a tensión destes días recentes fíxose notar no corazón desta nai camariñana, que tan só ansiaba con toda a súa alma ver aos seus queridos tres fillos, inxustamente encarcelados, ao seu carón. Esta redacción non pode evitar mencionar o instante no que Manuel Campaña Carril se fundío nun abrazo no medio da rúa co noso redactor Diego Alonso Freire, abrazo que foi vitoreado de forma entusiasta pola multitude alí congregada.
Un mar de bandeiras, pancartas e os carteles feitos por camarinas.eu inundaron hoxe de ledicia as rúas de Camariñas.

Unha vez aclamados os nosos tres héroes diante do San Remo, marcharon co corazón henchido de agradecemento ao pobo de Camariñas cara a súa casa, non lonxe de alí para, na intimidade do fogar, voltar a estar unida esta gran familia a que ninguén nunca debeu separar. Unha vez dentro, a entrada da persoa que posiblemente (ca excepción lóxica dos seus irmáns e pais) máis fixo pola súa liberación, Diego Alonso Freire, foi aclamada pola familia e todos fundíronse en longos abrazos, agradecendo os tres irmáns os esforzos realizados por esta humilde web.
Video da Chegada dos irmáns Lin
{google}-6209814147253915418{/google}
En fin, xa rematou o pesadelo, xa están entre nos, coa súa familia que tanto os botou de menos. Pero o que se desprende de todo o acontecido ao longo de estes dous meses foi a impresionante imaxe de unidade que dou o pobo de Camariñas que apoiou en todo momento e estivo ao lado dunha familia que sufría. Hoxe foi o día no que o pobo de Camariñas demostrou a súa dignidade. Hoxe é o día no que todos nos sentimos orgullosos de ser camariñáns.
¡¡VIVA CAMARIÑAS!!
Para ver a galería fotográfica completa de todo o acontecido no día de hoxe en Camariñas PULSA AQUÍ
Comentarios
Espero que no xuicio non vaian pa carcel polo delito e aprendesen a non pescar asi con dinamita nin con mais metodos ilegais....
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.